Art. 10.1.1. Delimitación e ámbito
As delimitacións do Solo Urbanizable grafítanse nos planos C-01 a C-19 de "Clasificación Xeral do Solo e Sistemas Xerais" así como no plano CZ de sectores e áreas de solo urbanizable delimitado e non delimitado.
Art. 10.1.2. Aproveitamento medio e patrimonializable O Plan Xeral establece o aproveitamento tipo de cada sector de solo urbanizable en metros cadrados edificables de uso característico por metro cadrado de solo, incluídos no seu caso, os sistemas xerais adscritos ao mesmo.
O Plan Xeral establece os coeficientes de homoxeneización relativa, correspondentes aos distintos sectores de solo urbani- zable, establecidos en función do uso característico, ao que se lle asigna o valor da unidade, e os restantes usos cualificados aos que corresponden valores superiores ou inferiores, así como en función das distintas condicións de contorno de cada un dos sectores, (topografía, emprazamento, urbanización, etc.)
O aproveitamento patrimonializable que corresponde a cada finca nesta clase de solo é o resultado de aplicar á súa superficie a porcentaxe legal do aproveitamento tipo de cada área de reparto.
Art. 10.1.3. Criterios de ordenación para o solo urbani‑ zable
Os Plans Parciais deseñarán a súa ordenación con amaño ás determinacións contidas nas determinacións particulares para o seu desenvolvemento, e seguindo os criterios que a con- tinuación se enumeran:
- En caso de existir masas arborada importantes procura- ranse respectar na medida posible, integrándoas no sistema de zonas verdes e espacios libres.
- Integrar no sistema de espacios libres os elementos na- turais da paisaxe.
- O sistema viario garantirá a continuidade de viarios co viario exterior e a integración visual dos bordes entre o solo urbanizable e rústico
- Buscar a agrupación dos equipamentos de carácter local, de modo que se creen focos de atracción no tecido urbano. O emprazamento das dotacións garantirá unha boa accesibilidade e a súa integración na estructura do Plan.
- En áreas de vivenda unifamiliar tenderase a concentrar os espacios libres buscando conseguir unha mellor utilización e mantemento dos mesmos.
- En áreas residenciais as actividades distintas da vivenda concentraranse preferentemente en torno ao viario principal e aos distribuidores locais que conecten co viario de maior rango e favorecerase a integración se os houbese de usos non residen- ciais compatibles coa vivenda.
- Procurarase manter a sección de rúas cunha distancia entre aliñacións igual ou maior á mais alta das edificacións que as conformen.
CAPÍTULO 2. CONDICIÓNS DE DESENVOLVEMENTO DO SOLO URBANIZABLE DELIMITADO
Art. 10.2.1. Regulación dos sectores de solo urbanizable delimitados
A continuación exprésanse as características, limitacións e condicións para o desenvolvemento de cada un dos sectores delimitados polo Plan Xeral.
· S-01.
Clasificación de solo: urbanizable Área de reparto: AR-01
Uso principal: residencial unifamiliar. Densidade máxima 30 viv/Ha
Usos compatibles:
- Residencial colectivo cunha superficie máxima do 20% do total, destinado exclusivamente a uso de vivendas protexidas, con tipoloxía de vivenda unifamiliar ou bloques de baixo e planta adosados en parcela común.
- Terciario 5% do total da superficie edificable.
Polo menos o 20% da edificabilidade total de uso resi- dencial será destinada a vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública
Usos prohibidos: industrial.
Tipoloxía edificatoria: edificacións illadas ou adosadas en baixo e unha planta.
Superficie total sector: 43.865 m2 Edificabilidade total: 0,40 m2/m2 Edificabilidade total en m2: 17.546 Coeficientes de homoxeneización: - Residencial unifamiliar: 1
- Residencial colectivo protección pública: 0,70 - Terciario: 1,20
Aproveitamento total de uso característico: 16.669 m2 Sistemas xerais incluídos e adscritos:
- ZVX-2a (AR-01): 6.772 m2 Aproveitamento tipo: 0,329 m2/m2 Prazos de execución:
- Primeiro e segundo quinquenio Condiciones para o desenvolvemento:
- Sistema xeral viario: O sector comunícase co sistema xeral viario a través do solo urbano sendo neste caso especial- mente importante a continuidade das rúas xa iniciadas nas parcelas dotacionais situadas entre Souto e Mourelos.
- Infraestruturas de servicios: dadas as características da actuación e a sobrecarga que suporía sobre o sistema de sa- neamento do núcleo de Souto-Ponte Queimadas, vertendo na actualidade a unha fosa, se estima necesaria a execución dunha depuradora con capacidade para 2000 habitantes no lugar ac- tualmente ocupado pola fosa así como a conexión do sector con esta. A traída de auga atópase suficientemente dimensionada así como o fornecemento de enerxía eléctrica motivo polo cal non se prevén reforzos con cargo o desenvolvemento deste solo urbanizable.
- Deberase prever o soterramento da liña eléctrica que atravesa o sector
Cesións para dotacións: as fixadas na lexislación do solo vixente.
Condicións de calidade do planeamento de desenvolve- mento: as fixadas na presente normativa na lexislación do solo vixente.
· S-02.
Clasificación de solo: urbanizable. Área de reparto: AR-02
Uso principal: industrial
Usos compatibles: terciario. 20% do total.
Usos prohibidos: residencial, salvo o vinculado á vixilancia das distintas industrias.
Tipoloxía edificatoria: naves industriais illadas ou encos- tadas.
Altura máxima das edificacións: 9 m Superficie total sector: 61.035 m2 Edificabilidade: 0,60 m2/m2
Edificabilidade total en m2: 36.621 m2 Ocupación total sobre sup. bruta: 50% Coeficientes de homoxeneización: Industrial: 1
Terciario: 1,2
Aproveitamento total de uso característico: 38.085 m2 Sistemas xerais incluídos e adscritos:
- ZVX-2b (AR-02): 12.190 m2 Aproveitamento tipo: 0,520 m2/m2 Prazos de execución:
- Primeiro quinquenio Cesións:
- As fixadas na lexislación vixente. Capacidade dos sistemas xerais:
- A fosa séptica existente nas Carballeiras considérase absolutamente insuficiente para as necesidades do parque em- presarial debendo preverse unha depuradora de nova creación cunha capacidade total para 2.000 habitantes. Polo que respecta ó abastecemento de auga considérase suficiente a capacidade dos depósitos existentes.
- A estrada CP-4604 considérase suficientemente dimen- sionada para un parque empresarial de pequeno tamaño como o que se plantexa.
Condicións para o desenvolvemento:
- Sistema xeral viario: Concentraranse os accesos nun único entronque coa CP-4604.
- Infraestructuras de servicios: como condicións para o desenvolvemento a nivel de infraestructuras imponse a cons- trucción dunha depuradora. Para o abastecemento eléctrico estarase ó indicado pola compañía subministradora.
Condicións de calidade do planeamento de desenvolve- mento: as fixadas na presente normativa e na lexislación do solo vixente.
· S-03.
Clasificación de solo: urbanizable Área de reparto: AR-03
Uso principal: residencial unifamiliar. Densidade máxima 10 viv/Ha
Usos compatibles:
Os definidos na normativa do Plan Xeral.
Tendo en conta que se trata dun solo clasificado como ur- banizable ó amparo da disposición transitoria décimo terceira da Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004, non se contempla a reserva de vivendas protexidas.
Usos prohibidos: industrial.
Tipoloxía edificatoria: edificacións illadas ou paredas en baixo e unha planta.
Superficie total sector: 63.113 m2 Edificabilidade total: 0,10 m2/m2 Edificabilidade total en m2: 6.311 m2 Coeficientes de homoxeneización: - Residencial unifamiliar: 1
Aproveitamento total de uso característico: 6.311 m2 Sistemas xerais incluídos e adscritos:
- Non se fixan
Aproveitamento tipo: 0,10 m2/m2 Prazos de execución:
- Primeiro e segundo quinquenio Condiciones para o desenvolvemento:
- Coa presente delimitación do sector preténdese dar unha ordenación axeitada ó conxunto de edificacións xurdidas na zona de Moede e As Carballeiras, xa que a día de hoxe pre- sentan un grao de consolidación elevado.
- A finalidade da ordenación será a de dotar de condicións adecuadas de urbanización esta zona.
- De acordo con indicado na Disposición Transitoria décimo terceira da Lei 9/2002 modificada pola Lei 15/2004, e atendendo á xustificación expresada no apartado correspondente da me- moria non se considera necesario prever reservas de solo para dotacións públicas e para a construcción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública. Así mesmo o aprovei- tamento urbanístico dos propietarios será o correspondente ó 100% do aproveitamento tipo.
Cautelas arqueolóxicas:
O sector atópase afectado polos xacementos arqueolóxicos GA- 15083064 e GA-15083065, de Carballeira de Requeán e Requeán.
O Plan Parcial que desenvolva este solo deberá ser in- formado, con carácter preceptivo e vinculante pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Dado que a finalidade da delimitación deste solo é a regu- larización das edificacións existentes, a resolución vinculante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural poderá condicionar en todo caso materialización da nova edificabilidade prevista á aparición de restos arqueolóxicos.
O desenvolvemento someterase ademais a unha inter- vención arqueolóxica por arqueólogo autorizado polo orga- nismo autonómico competente, previa a calquera actuación que se realice nese ámbito, condicionando esta a posibilidade de materialización ou non da nova edificabilidade, dado que este é un solo urbanizable para regularizar as edificacións xa existentes.
Condicións de calidade do planeamento de desenvolve- mento: as fixadas na presente normativa na lexislación do solo vixente.
Art. 10.2.2. Desenvolvemento do solo urbanizable deli‑ mitado.
Cada sector de solo urbanizable delimitado desenvolverase mediante un Plan Parcial, salvo os que contan con ordenación pormenorizada no Plan Xeral, que abranguerá a totalidade do ámbito do sector constituíndo cada sector unha área de reparto
O Plan Parcial cumprirá as obrigas de contido e outras que lles sinale a Lei do Solo e Regulamentos que a desenvolvan, e as determinacións establecidas polo Plan Xeral.
A normativa do Plan Parcial aterase ao establecido nestas Normas, podendo detallar completar e desenvolver as defini- cións e condicións xerais recollidas nas mesmas.
Para o desenvolvemento daqueles solos urbanizables des- tinados a vivenda unifamiliar cumpriranse as seguintes condi- cións:
Parcela mínima en edificación apegada: 150 m2 Parcela mínima en edificación apegada en VPA: 120 m2 Número máximo de unidades en edificación apegada: 6 vivendas.
Parcela mínima en edificación pareada: 200 m2 Parcela mínima en edificación illada: 300 m2
TÍTULO XI. REGULACIÓN DO SOLO RÚSTICO