A continuación, realízase a discusión do estudo, apoiándose en outros estudos e investigacións de diferentes autores. Para realizar a discusión tomaranse como referencia os obxectivos e as hipóteses expostas no capítulo III da investigación.
Tendo en conta o obxectivo 1: “Coñecer se a formación que recibe o alumnado posibilita a inserción social e laboral do mesmo” e a hipótese 1: “Previse que o alumnado con NEE está a recibir unha formación axeitada que posibilite a inserción social e laboral”, autores coma Verdugo (1989b; 1996; 2000) tratan as Habilidades Sociais, as Habilidades da Vida Diaria e as Habilidades Orientadas ao Traballo, como fundamentais para lograr que o alumnado se capacite para tentar conseguir a inserción social e laboral plena. Tamén autores coma Iriarte e Alfaro (1991) defenden o traballo en talleres para lograr as Habilidades e Competencias para desenvolverse co maior grado de autonomía posible nun posto de traballo. Ademais, autores coma Rogan e Rinne (2011), Egido (2009), Cimer (2010), Wilton (2011), Carrillo e Melara (2010) defenden a meta da inserción social e laboral como forma de realización óptima e, para elo, é necesario ofrecerlle o maior grado de autonomía ao alumnado. Para lograr dita autonomía é preciso traballar as Habilidades e Competencias propostas no estudo.
Tendo en conta o obxectivo 2: “Coñecer se existen diferenzas entre os distintos participantes na investigación (familias, profesorado, alumnado), o obxectivo 7: “Potenciar a coordinación entre os diferentes elementos que participan na comunidade educativa: familias – docentes - sociedade” e a hipótese 3: “Previse que existan diferenzas na percepción dos grupos de participantes en relación aos procesos de inserción social e laboral futura dos estudantes con NEE”, os resultados expostos no estudo expresan esta diferenza. Tendo en conta a autores coma Vals, Vila e Palllisera (2004) é moi importante a cooperación entre as institucións, neste caso a educativa coas familias, no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumnado, para poder
coordinar e liderar unha liña común de aprendizaxes e experiencias. Esta cooperación é precisa para que non existan diferenzas entre os distintos grupos que participan e inciden na formación do alumnado cara a futura inserción social e laboral. Esta liña de cooperación tamén é defendida e expresada por autores coma Pallisera, Fullana e Vila (2005), Serra (2004), Jordán de Urries e Verdugo (2003), Alomar (2004), Rius (2005), Manz, Lehtinen e Bracaliello (2013), Murray, Handyside e Straka (2013), Aunola, Viljaranta e Lehtinen (2013). Estes autores e os seus estudos demostran que é vital a cooperación común entre os diferentes axentes que interveñen no proceso de inserción social e laboral e que dende o eido da escola, baséase a estratexia educativa de ensinanza e aprendizaxe das diferentes Habilidades e Competencias que permiten o desenvolvemento autónomo do alumnado.
En canto ao obxectivo 3: “Coñecer se as diferenzas no grado de necesidades do alumnado están relacionadas coas posibilidades de inserción social e laboral do alumnado”, e á hipótese 4: “Previse que existan diferenzas entre o alumnado con NEE con maior ou menor grado de necesidades, en relación cos procesos de inserción social e laboral”, o estudo demostra nos resultados, que existen diferenzas entre o alumnado con un grado de necesidades leves e o alumnado cun grado de necesidades moderadas. Estas diferenzas tamén se observan nos estudos de autores coma Ruiz (2002), Carrio e Melara (2010), Carrio (2005), Rodríguez (2009), Zwinkels (2001), Davila (2003), Villa (2003), Davila e Malo (2006), Davila (2006), Malo e outros (2009), Rodríguez, Malo e Cueto (2012). Estes autores revelan nos seus estudos que a diferenza entre o grado de necesidades inflúe no proceso de inserción social e laboral, xa que as empresas e empresarios, limitan as posibilidades de inserción laboral e social das persoas canto maior é o seu grado de necesidades. Ademais tamén se constata nestes estudos, que o posto de traballo ao que accede e no cal se desenvolve o alumnado no futuro, está moi supeditado as súas necesidades e capacidades. Canto maior grado de necesidades, a labor ou posto de traballo será máis simplificada e a retribución que percibe a cambio é menor.
En canto ao obxectivo 4: “Coñecer se o tipo de escolarización pode condicionar o logro da inserción social e laboral”, e á hipótese 5: “Previse que o alumnado escolarizado nun centro ordinario non recibe a mesma formación que o alumnado escolarizado nun centro específico de educación especial”, no estudo queda reflectido que a escolarización e permanencia do alumnado nun tipo ou outro de centro, non condiciona o logro da inserción social e laboral. En canto á formación e actividades que se realizan nos distintos tipos de centros, estas actividades tampouco condicionan a inserción social e laboral do alumnado, tal como se explica no capítulo de resultados. En canto á relación das diferenzas no condicionamento do tipo de centro no que está o alumnado en relación á inserción social e laboral do mesmo, estudos coma os de Iglesias e Fernández (1999) inciden que o tipo de centro no que se atopa a persoa non condiciona a súa inserción social e laboral.
Tendo en conta o obxectivo 5: “Facilitar a mellora da orientación educativa e profesional do alumnado con NEE”, autores coma Egido, Cerrillo e Camina (2009), Becerra, Montero e Lucero (2012), Franco (2008), Arenas e González (2010), Lancioni e outros (2013), Purtell e McLoyd (2013), Ross, Grace e Shao (2013), Bates (2013), Brewer e Yucedag (2013), Fenton e Torpey (2013), Freize, Nokes e Cheong (2013), Estrada, Poulsen e Cannon (2013), Martin (2013), District of Columbia Public Schools (2013a; 2013b; 2013c), Carroll, Ashman e Bower (2013), Unson e Richardson (2013), Ilker e Demirhan (2013), Burnette, O´Boyle e VanEpps (2013) apuntan que a orientación no proceso de ensinanza e aprendizaxe é vital para lograr a inserción social e laboral. Por este motivo, débense mellorar aspectos que, tal como se reflicten nos resultados, deben ser obxecto de revisión e mellora. Estas melloras deben estar encamiñadas á orientación profesional do alumnado, defendida polos autores anteriormente citados.
Tendo en conta o obxectivo 6: “Fomentar a inclusión dos aspectos da formación profesional no currículo” e o obxectivo 8: “Mellorar os procesos que inciden directamente na inserción sociolaboral do alumnado con NEE”, autores coma Verdugo (1996), Iriarte e Alfaro (1991), Wibrow (2011), Costley (2013),
profesional para lograr a inserción social e laboral. Estes autores defenden que os contidos relacionados coas competencias relacionadas coas Habilidades Orientadas ao Traballo son claves á hora de alcanzar unha formación que posibilite a inserción social e laboral. Ademais autores coma Pallisera, Fullana e Vila (2005) defenden o proceso de aprendizaxe para lograr a formación social e laboral dende a escola.
Por último, tendo en conta a hipótese 2: “Existen variables predictoras que inciden de maneira específica na inserción sociolaboral do alumnado con NEE”, o obxectivo 9: “Deducir os aspectos máis destacables que inflúen na orientación profesional dos estudantes” e o obxectivo 10: “Deseñar as liñas xerais de intervención orientadora no marco da inserción sociolaboral do alumnado con NEE, a partir das deduccións anteriores”, queda constatado que as Habilidades da Vida Diaria, as Habilidades Sociais, as Habilidades Orientadas ao Traballo e as Competencias Académicas son fundamentais no proceso de ensinanza e aprendizaxe que se dá na escola para a futura inserción social e laboral. Traballar esta serie de Habilidades e Competencias é defendido por autores coma Verdugo (1989b; 1996; 2000). Este autor opina que son fundamentais para lograr que o alumnado se capacite para tentar conseguir a inserción social e laboral plena. Tamén autores coma Iriarte e Alfaro (1991) defenden o traballo en talleres para lograr as Habilidades e Competencias para desenvolverse co maior grado de autonomía posible nun posto de traballo. Ademais, autores coma Rogan e Rinne (2011), Egido (2009), Cimer (2010), Wilton (2011) e Carrillo e Melara (2010) defenden a meta da inserción social e laboral como forma de realización óptima e para elo é necesario ofrecerlle o maior grado de autonomía ao alumnado. Para lograr dita autonomía é preciso traballar as Habilidades e Competencias propostas no transcurso do estudo.