Artigo 181.- Edificios destinados a vivenda
En aplicación do establecido no apartado I.B.1 NHV-2010, os edificios destinados a vivenda cumprirán as seguintes condicións de estética:
a) Os baixos dos edificios remataranse de forma que se garanta que a posterior terminación dos locais comerciais non deteriore a imaxe arquitectónica da edificación no seu conxunto.
b) Cando aparezan medianeiras vistas, estas disporán dun tratamento acorde co deseño da envolvente do resto do edificio. En calquera caso, ditas medianeiras deberán ter un tratamento que garanta as mesmas condicións de illamento térmico e protección fronte á chuvia e aos axentes atmosféricos que os esixibles ao resto das fachadas do edificio.
Artigo 182.- Fachadas
a) As fachadas dos edificios e as súas paredes medianeiras, as que resulten visibles desde os espazos públicos, as situadas nos bordes urbanos en contacto co solo rústico e no límite de edificación exenta, deberán ter tratamento de fachada e conservarse nas debidas condicións de seguridade, hixiene e estética.
b) Os corpos construídos sobre a cuberta dos edificios (caixas de escaleiras e ascensores, chemineas, etc.), terán tratamento de fachada.
c) Os patios de servizo (lavadoiros, tendedoiros, etc.) que sexan visibles desde calquera punto accesible á circulación de persoas ou desde outros edificios, deberán ser ocultados por muros de celosía ou calquera outro sistema que impida a visibilidade e permita a ventilación.
d) Nos edificios destinados a vivenda, o tratamento das fachadas do patio tendedoiro realizarase con materiais e superficies que potencien a luminosidade e garantan a durabilidade e a limpeza.
e) As fachadas dos edificios comprendidos nas áreas de protección dos bens catalogados, ou no contorno de protección do Camiño de Santiago, regularanse polas condicións establecidas no Artigo 432 da presente Normativa.
Artigo 183.- Edificacións auxiliares
As edificacións auxiliares que puideran permitirse en solo urbano, por aplicación das Normas Particulares contidas nesta Normativa, e que sexan visibles desde as vías públicas, construiranse con materiais de calidade similares aos da edificación principal.
Artigo 184.- Cercas e cerramentos
As cercas e cerramentos axustaranse ás seguintes condicións:
a) Os soares non edificados e calquera outro terreo que indique o Concello mediante resolución motivada deberán cercarse con cerramento permanente, de 2 a 3 m. de altura, situado na aliñación oficial e
fabricado con materiais esteticamente admisibles que garantan a súa estabilidade e conservación. Sendo obrigatoria unha porta de acceso ao interior.
Gráfico Nº 27
b) Nas parcelas con edificación exenta, os cerramentos dos frontes de parcela terán unha altura máxima de 2,00 m podendo ser macizo nos primeiros 1,50 metros e o resto con materiais diáfanos, celosía lixeira, enreixado, balaustrada ou solucións semellantes esteticamente admisibles.
Gráfico Nº 28
c) Na formación de portais de acceso poderase chegar ata unha altura máxima de 3,00 metros, nunha lonxitude que non supere os 5,00 metros de fronte.
PXOM de Fisterra (A Coruña) Gráfico Nº 29
d) Nos cerramentos perimetrais dos lindeiros que non sexan fronte de parcela, permítese acadar unha altura de 2,00 metros coa obra de fábrica
Gráfico Nº 30
e) Nos remates dos peches prohibirase a utilización de arames de espiño, cristais, ou outros elementos que poidan supoñer perigo para a integridade física das persoas.
f) Exceptúanse aqueles edificios illados que, en razón do seu destino, requiran especiais medidas de seguridade, en cuxo caso o cerramento se axustará ás súas necesidades.
g) Se ao remate dunha obra o baixo quedara sen fachada definitiva, o cerramento provisional será de albanelaría, co seu paramento exterior recebado e pintado, totalmente opaco ata unha altura non inferior a 2,20 metros sobre a correspondente rasante, podendo a partir desa cota, ter ocos de ventilación.
Gráfico Nº 31
2. CERCAS E CERRAMENTOS COMPRENDIDOS EN EIDOS PROTEXIDOS
As cercas e cerramentos comprendidos nas áreas de protección dos bens catalogados ou no contorno de protección do Camiño de Santiago, regularanse polas condicións establecidas no Artigo 432 da presente Normativa.
3. VALADO DE OBRAS.
a-1) Todo tipo de obra ou elemento provisional, tales como gabias, estadas ou análogos, que implique perigo, obstáculo ou limitación de percorrido, acceso ou estancia peonil deberá sinalizarse e protexerse de maneira que garanta a seguridade física de tódolos viandantes.
a-2) A protección e sinalización das obras en vías e espazos públicos deberá ser adaptada nos termos previstos na base 1.4.3 do código de accesibilidade do RASB.
a-3) En todo caso, a protección realizarase mediante barreiras estables e continuas, dotadas de sinalización luminosa de cor vermello nos casos de insuficiente sinalización, de maneira que poidan ser advertidos con antelación por persoas con calquera tipo de limitación. En situacións de evidente perigo para a seguridade dos invidentes instalaranse sinais acústicas intermitentes con límites que non molesten ao resto da comunidade.
a-4) Os itinerarios peonís cortados por obras, substituiranse por outros que permitan o paso a persoas con mobilidade reducida.
Artigo 185.- Cubertas
Cumprirán as condicións establecidas no Artigo 159 desta normativa. En solo urbano permítese a tella cerámica como material de cubrición; garantindo, en todo caso, unha certa uniformidade cromática.
PXOM de Fisterra (A Coruña)
Artigo 186.- Arboredo
a) O arboredo existente en espazos públicos, aínda que este no fose cualificado como zona verde ou espazo de recreo ou expansión, debe ser protexido e conservado.
b) Cando sexa necesario eliminar algúns exemplares por causa de forza maior, procurarase afectar aos exemplares de menor idade e porte.
c) Toda perda de arboredo na vía pública deberá ser reposta de forma inmediata, será obrigatoria a súa substitución por outro de especie igual ou similar ao substituído, a cargo do causante da desaparición. d) Nas franxas de recuado obrigatorio lindantes con vías públicas será preceptiva a plantación de especies
vexetais, preferentemente arbóreas, independentemente do uso a que se destine a edificación, exceptuando só o espazo que se destine ao acceso rodado e aparcadoiro de vehículos.
e) Cando unha obra poida afectar a algún exemplar arbóreo público ou privado, indicarase na solicitude de licenza correspondente, sinalando a súa situación nos planos de estado actual que se aporten, debendo prever as medidas necesarias para a súa protección e conservación durante a execución das obras. f) Se por algunha causa fose necesario eliminar algún exemplar existente na vía pública, será obrigatoria
a súa substitución por outro de especie igual ou similar á substituída, a cargo do causante da desaparición daquel.
g) Calquera tala de árbores no entorno de protección do Camiño de Santiago debe de obter a autorización previa da Consellería de Cultura en aplicación do establecido no Art. 52 da lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia.