• No results found

Tendo en conta os estudos de autores coma Carrillo e Melara (2010) é unha modalidade positiva de inserción social e laboral. Pérez (1996) sitúa a orixe do

emprego protexido en Gran Bretaña e indica que, en Suecia, con esta filosofía son creados en 1970 os adjustaments groups, integrados por empresarios, traballadores/as ou sindicatos e servizos de emprego. Tal como indica Pérez (1996) o emprego protexido pode ser interpretado como unha posibilidade de emprego colectivo ou coma unha forma de emprego, na cal a colocación individual no posto ordinario de produción é acompañada de medidas de apoio. Este sistema é subsidiario cando non é posible a integración dunha persoa que presenta minusvalía no medio ordinario de traballo, como se reflexa no artigo 37 da LISMI/1982.

Os Centros Especiais de Emprego son definidos no artigo 42 da LISMI/1982:

Art. 42.1. Os Centros Especiais de Emprego son aqueles cuxo obxectivo

sexa o de realizar un traballo produtivo, participando regularmente nas operacións do mercado e tendo como finalidade asegurar un emprego remunerado e a prestación de servizos de axuste persoal e social que requiran os seus traballadores minusválidos, á vez que é un medio de integración do maior número de minusválidos ao réxime de traballo normal.

Na súa definición combínanse, obxectivos do mercado, con propósitos de axuste persoal, debido a que os Centros Especiais de Emprego establécense como lugares de contratación e fomento do emprego, coa finalidade de integrar ás persoas usuarias dos mesmos, no medio laboral ordinario. Tendo en conta a autores coma Jurado (2006) os Centros Especiais de Emprego están constituídos como empresas. O Real Decreto 2273/1985 (BOE do 9 de decembro de 1985), regula os Centros Especiais de Emprego. No artigo número 2 de dito Real Decreto, combínase tanto o carácter empresarial coma a vocación de axuste persoal e social dos Centros Especiais de Emprego:

Art. 2. Sen prexuízo da función social que os Centros Especiais de Emprego

deben de cumprir e das súas peculiares características, a súa estrutura e organización axustarase á dunha empresa ordinaria.

A súa vez, o Real Decreto 1368/1985 (BOE do 8 de agosto de 1985), que regula a relación laboral de carácter especial das persoas que traballan en Centros Especiais de Emprego, especifica no punto 1 do seu artigo número 6 o seguinte:

Art. 6.1. O traballo que realice o traballador minusválido nos Centros

Especiais de Emprego deberá ser produtivo e remunerado, adecuado ás características individuais do traballador, en orden a favorecer a súa adaptación persoal e social e facilitar, no seu caso, a súa posterior integración laboral no mercado ordinario de traballo.

No artigo número 9 do Real Decreto 1368/1985 (BOE do 8 de agosto de 1985), menciónanse os dereitos e os deberes laborais das persoas que presentan incapacidade, como aqueles previstos no Estatuto dos Traballadores. Con posterioridade, a Lei 66/1997 (BOE do 31 de decembro de 1997), de Medidas Fiscais, Administrativas e do Orden Social, desenvolve o artigo número 42.2 da LISMI/1982. En dito artigo expón que a totalidade do número de traballadores dos Centros Especiais de Emprego debe estar constituída por, en todo caso, o 70% de traballadores con incapacidade.

Respecto aos obxectivos fundamentais dos Centros Especiais de Emprego, Gómez (2000) sinala que estes obxectivos están conformados polo desenvolvemento persoal, a intencionalidade educativa e a busca da inserción profesional, así como polo deseño de alternativas ocupacionais que combinen os intereses persoais coas posibilidades ofrecidas polo mercado de traballo. Gómez (2000) delimita como liñas de actuación a desenvolver nos centros, os sistemas de formación e emprego, a creación de postos de traballo e o apoio á contratación de empresas, así como a divulgación de información e as accións de sensibilización. Gómez (2000) ten en conta ambas vertentes que, con anterioridade, indícanse na LISMI/1982, o desenvolvemento dun emprego remunerado, xunto coa dimensión de axuste persoal e social. Esta dobre función dos centros é sobre a que autores coma Garrido (2000) reflexionan, cando precisa que, xunto aos obxectivos e finalidades utilitaristas e

económicas, as características dun servizo asistencial pasan a formar parte destes Centros.

En canto á actividade levada a cabo nos Centros Especiais de Emprego, autores coma Paredes, Fernández e Ruíz (2012) sinalan unha serie de traballos que son os seguintes:

• Traballos de xardinería: talleres de poda, rego ou botánica entre outros.

Traballos de catering.

• Traballos de limpeza.

• Traballos de manipulados con máquinas.

• Traballos de artes gráficas.

Carrio (2005) sinala tamén outra serie de actividades levadas a cabo nos Centros Especiais de Emprego:

• Carpintería e ebanistería.

• Alimentación e produtos manufacturados.

• Fabricación e creación de mobles.

• Confección de prendas de produción laboral.

• Cabreados eléctricos, bobinados eléctricos e montaxe de iluminación.

• Reciclaxe de residuos.

Carrio (2005) tamén conclúe que as actividades máis habituais ou con maior implantación nos centros existentes son as relacionadas coa xardinería e a carpintería.

Dende o seu nacemento e ata a actualidade, os Centros Especiais de Emprego, non logran representar unha opción economicamente competitiva, en termos de mercado. Este tipo de Centros presentan dificultades á hora de competir coas iniciativas empresariais ordinarias. González (1993) sinala que unha alta porcentaxe de Centros Especiais de Emprego subsisten grazas ás

actividades ligadas ao propio Centro e ao seu entorno: subvencións extraordinarias de institucións públicas ou privadas, movemento asociativo ou á rede de servizos que serven de apoio económico e financeiro ás empresas, entre outras, e non pola súa actividade económica como empresa.

A evolución do incremento da cifra de Centros Especiais de Emprego en todo o país é notable, dende os anos da década de 1990 ata o comezo da crise económica no noso país no ano 2006. Datos subministrados pola Secretaría do Estado de Relacións nos Centros, expostos na Proposta Comisión de Traballo, Saúde, Consumo, Asuntos Sociais, Educación e Cultura (2003) mostran o seu aumento nas diferentes Comunidades Autónomas, no espazo de tres anos. Dende 1998 e ata o ano 2001, en España pásase de 693 a 1095 centros; o número total de persoas contratadas aumenta de 21.284 a 30.833 persoas, con unha maioría de persoas con incapacidade intelectual, con 15.568 persoas. Galicia é unha das Comunidades Autónomas que experimenta un aumento considerable no número de centros. Duplícase a súa presenza, de 35 centros en 1998, a 75 centros no ano 2001 e, o número de traballadores aumenta de 634 a 1.126 persoas.

Autores coma Malo e outros (2009) relatan que o número de Centros Especiais de Emprego no ano 2006 en España é de 1588. Cueto e outros (2008) sinalan que o número de Centros Especiais de Emprego en España no ano 2008 é de 1582 e con máis de 21.000 persoas traballando en ditos centros.

Related documents