8.1.1 DEFINICIÓN
Solo inmediato ás vías de comunicación destinado á súa pro- tección ou ao asentamento de certos usos vinculados ás mes-
mas ou en previsión de futuras ampliacións ou modificacións da planta ou do perfil.
8.1.2 DETERMINACIÓNS XERAIS
Nas estradas pertencentes á rede autonómica (rede primaria complementaria e secundaria) e provincial (rede secundaria) estarase ao disposto da da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia.
As modificacións que se puideren producir na traza de infraes- truturas viarias integradas dentro dalgún ámbito de protección patrimonial de bens catalogados polo plan, contarán con expré- saa autorización da Consellería de Cultura.
8.1.3 CLASIFICACIÓN DE ESTRADAS E CAMIÑOS: 8.1.3.1 ESTRADAS DE TITULARIDADE ESTATAL
• GRUPO I.- Autoestradas, autovías e vías para automóbiles. • GRUPO II.- Resto de estradas de titularidade estatal. 8.1.3.2 RESTO DE ESTRADAS: [DE TITULARIDADE AUTONÓMICA, PROVINCIAL OU LOCAL]
• GRUPO III.- Autoestradas, autovías, corredores e vías para automóbiles.
• GRUPO IV Rede Primaria Básica.
Neste grupo adscríbese a estrada da rede viaria autonómica OU-533 [A Gudiña (N-525)-A Rúa (N-120)]
• GRUPO V.- Rede Primaria Complementaria. • GRUPO VI.- Rede Secundaria.
Neste grupo adscríbese a estrada da rede viaria autonómica OU-134 [OU-533-A Portela-OU-533], como demais estradas supramunicipais.
8.1.4 ÁMBITO TERRITORIAL
Comprende, ademais das vías en si, a faixa de terreos conti- guos ás mesmas que seguidamente se sinalan, na dimensión establecida para cada caso. As liñas grafiadas nos planos que coinciden coas liñas de edificación das estradas son simplemen- te orientativas, xa que para fixar a aliñación exacta haberá de ser informada o técnico competente.
8.1.4.1 ÁREA DE DOMINIO PÚBLICO E DE INFLUENCIA DAS ESTRADAS DE LA RED AUTONÓMICA E PROVINCIAL
Estarase as determinación sao repecto recollidas na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia.
ZONA DE DOMINIO PÚBLICO
A zona de dominio público está integrada polos terreos ocupa- dos por todos os elementos do dominio público viario adquiri- dos por título lexítimo pola administración titular.
A zona de dominio público adxacente é á parte da zona de dominio público formada polos terreos adxacentes ás estradas e aos seus elementos funcionais, adquiridos por título lexítimo pola administración titular pero non ocupados directamente pola explanación das estradas ou pola dos seus elementos fun- cionais. Para estes efectos a distancia entre a aresta exterior da explanación correspondente ás calzadas e elementos funcio- nais previstos e o límite exterior da zona de dominio público adxacente, medida horizontal e ortogonalmente desde a pri- meira, non poderá ser superior a:
a) 15 (m) no caso de autovías, autoestradas e vías para auto- móbiles.
b) 10 (m) no caso de estradas convencionais e elementos fun- cionais.
Na zona de dominio público só serán autorizables aqueles usos, obras, instalacións ou actividades indicados como tales no artigo 43 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia. A execución de obras, instalacións ou a realización de calque- ra outra actividade na zona de dominio público da estrada está suxeita ao deber de obter a correspondente autorización, pre- viamente ao otorgamiento da licenza municipal, no seu caso,
salvo que expresamente sexa permitida pola Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia ou polo seu regulamento.
A competencia para autorizar a execución de obras, instala- cións ou a realización de calquera outra actividade na zona de dominio público da estrada correspóndelle á administración titular da estrada.
No caso de obras, instalacións ou actividades, non executa- das, pola administración titular da estrada, na parte da zona de dominio público dos treitos urbanos distinta das calzadas e das súas beiravías, as devanditas autorizacións serán outorgada polo concello, logo do informe vinculante da administración titular da estrada. Ese informe será tamén preciso no caso de obras que vaia a realizar o propio concello.
As limitacións á propiedade e á titularidade doutros dereitos establecidos para a zona de dominio público atardecer efecti- vas tamén para os terreos afectados por actuacións previstas, logo de aprobados definitivamente os anteproxectos, proxectos de trazado ou proxectos de construción correspondentes.
ZONA DE SERVIDUME
A zona de servidume está formada por dúas franxas de terreo, unha a cada beira da estrada, delimitadas interiormente polas liñas exteriores da zona de dominio público e exteriormente por dúas liñas paralelas aos devanditos límites e medidas hori- zontal e ortogonalmente desde eles, a unha distancia de:
a) 10 (m) no caso de autoestradas, autovías e vías para auto- móbiles.
b) 2 (m) no caso de estradas convencionais e elementos fun- cionais.
Na zona de servidume só serán autorizables aqueles usos, obras, instalacións ou actividades indicados como tales no arti- go 44 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia.
No caso de existir túneles, pontes, viadutos, estruturas ou obras similares, os terreos comprendidos entre a proxección ortogonal das liñas exteriores de delimitación das obras sobre o terreo que non formen parte da zona de dominio público for- marán parte da zona de servidume.
ZONA DE AFECCIÓN
A zona de afección está formada por dúas franxas de terreo, unha a cada beira da estrada, delimitadas interiormente polas liñas exteriores da zona de servidume e exteriormente por dúas liñas paralelas ás arestas exteriores da explanación e medidas horizontal e ortogonalmente desde elas, a unha distancia de:
a) 100 (m) no caso de autoestradas, autovías e vías para auto- móbiles.
b) 30 (m) no caso de estradas convencionais e elementos fun- cionais.
Na zona de afección só serán autorizables aqueles usos, obras, instalacións ou actividades indicados como tales no arti- go 45 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia.
No caso de que existan túneles, pontes, viadutos, estruturas ou obras similares, as liñas exteriores de delimitación das obras asumirán a función das arestas exteriores da explanación a efectos da determinación da zona de afección.
8.1.5 NORMAS XERAIS
Para as zonas clasificadas como solo urbano autorízase, de acordo con estas normas, edificacións ou construcións a distan- cias inferiores ás sinaladas, segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia.
Estas distancias terán a consideración de aliñacións e defini- ranse na ordenanza correspondente. Aos efectos de tramitación dos tramos urbanos das estradas (travesías) nestas zonas, as autorizacións de usos e obras promovidas por ente distinto ao titular da estrada, deberá cumprir co disposto na citada lexis- lación autonómica.
As zonas clasificadas como solo rústico terán a clasificación expresada nos planos de ordenación, polo que se lles aplicará o réxime do solo correspondente. Así, autorizaranse para cada caso os usos explicitados nesta normativa, previa autorización do Organismo competente.
De acordo y en virtude da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia. ben sexa a proposta do Concello ou da Administración titular da estrada, poderán promoverse expe- dientes para a entrega das travesías urbanas ao Concello, cuxa resolución corresponderá ao Concello da Xunta de Galicia. No entanto e de acordo co disposto no parágrafo 2) do mesmo Artigo, a administración titular da estrada e o Concello pode- rán convir o que estimen procedente para a mellor conserva- ción e funcionalidade das mencionadas travesías.
Para as estradas cuxa titularidade non corresponde ao Concello tramitaranse estas Normas como solicitude, á Administración titular da estrada, para o informe preceptivo e iniciación do correspondente expediente.
8.1.6 CERRAMENOS E LIÑA DE LÍMITE EDIFICACIÓN
Para os tramos das vías que percorran solo non cualificado como urbano (que por imperativo legal demanda o establece- mento de aliñacións para a edificación) a ambos os dous lados das estradas e demais vías e paralela a estas, establécese unha liña de edificación desde a cal, ata a vía quedan prohibidas as obras de construción, reconstrución ou ampliación de calquera tipo de edificación agás que resulten imprescindibles para o mantemento e conservación dos existentes, que precisarán autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.
Con todo, cando en solo de núcleo rural ou nunha estrada de titularidade provincial ou municipais as edificacións constitúan unha aliñación consolidada, a Administración titular da estra- da, despois dun informe favorable da Consellería competente en materia de estradas poderá reducilas excepcionalmente, sempre que se garanta unha suficiente ordenación das marxes da estrada e en adecuado control dos seus accesos (dacordo cas disposicións que puideran recollerse na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia, ou demais normativa que fora de aplicación).
A liña límite de edificación está situada a ambas as beiras da estrada cun trazado que discorre paralelo ás liñas exteriores de delimitación das calzadas a unha distancia, medida horizontal e ortogonalmente a aquelas, de:
a) 50 (m) no caso de autoestradas, autovías e vías para auto- móbiles.
b) 15 (m) no caso de estradas convencionais e elementos fun- cionais.
No caso de que as distancias establecidas no punto anterior queden incluídas dentro da zona de dominio público ou da zona de servidume, a liña límite de edificación establecerase na liña límite exterior da zona de servidume.
A administración titular da rede de estradas poderá tramitar excepcionalmente un expediente de redución das distancias sinaladas neste artigo, fóra dos treitos urbanos, sempre que quede garantida a ordenación das marxes da estrada, o adecua- do control dos seus accesos e a seguridade viaria, cando nunha estrada, ou en treitos concretos dela, as características do lugar fagan extraordinariamente dificultoso respectar as dis- tancias sinaladas. Serán trámites preceptivos na tramitación do expediente a emisión dun informe vinculante por parte da con- sellería competente en materia de estradas e a dun informe do concello polo que discorra a estrada ou treito. A resolución do expediente publicarase no Diario Oficial de Galicia. Entre a estrada e a liña límite de edificación só serán autorizables
aqueles usos, obras, instalacións ou actividades compatibles co indicado no artigo 46 e na disposición adicional primeira da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia.
A posición dos peches de parcelas nas marxes das estradas de titularidade autonómica rexerase pola lexislación e normativa sectorial aplicable en materia de estradas.
Será requisito para o otorgamiento da correspondente licenza municipal para a execución de peches nas zonas de servidume e afección das estradas de titularidade autonómica a obtención previa da autorización
Será requisito para o establecemento de accesos ás estradas autonómicas a obtención previa da autorización do órgano competente da administración titular da estrada.
O otorgamento da devandita autorización de acceso será requisito previo para a obtención da correspondente licenza municipal para realizar calquera tipo de edificación na parce- la, excepto no caso de que se dispoña dun acceso alternativo que non se realice a través da estrada autonómica.
En caso de contradición, prevalecerá o réxime sobre os cerra- mentos e líña límite de edificación anteriormente exposto, sobre as determinacións que ao respecto puideren establecer- se polo Plan Xeral.
Na regulación dos sistemas xerais de Infraestruturas viarias deberase incluír a cautela por parte da Consellería de Cultura sobre a modificación de viarias catalogados ou en zonas de pro- tección de elementos catalogados.
Nos elementos catalogados ou zonas de protección deberán conservarse as aliñacións de peches e edificacións tradicionais. As obras de electricidade, telefonía ou calquera outra que pre- cisen canalizacións lineais vistas e que afecten os elementos catalogados e os contornos de protección, deberán contar con informe vinculante e preceptivo e soterrarse sempre que así sexa necesario por motivos de protección cultural.
8.2 REGULACIÓN DO SISTEMA DE DOTACIÓNS URBANÍSTICAS