• No results found

DENOMINACIÓN: rúa de Alférez Riveira Viso

SITUACIÓN: vila de Cortegada

CLASE DE SOLO: urbanizable delimitado

FIGURA DE PLANEAMENTO: Plan parcial

SUPERFICIES (PARA OS EFECTOS DO CÓMPUTO DA EDIFICABILIDADE):

- Superficie bruta do sector 31.176 m2

- Superficie de vías existente e mantida 1.719 m2

- Superficie neta do sector 29.457 m2

- Coeficiente de edificabilidade 0,169 m2/m2

- Aproveitamento lucrativo total 5.000 m2c

SUPERFICIES (PARA OS EFECTOS DO CÁLCULO DO APROVEITAMENTO TIPO):

- Aproveitamento lucrativo de uso residencial-vivenda 3.000 m2c (! = 1,00)

- Aproveitamento lucrativo de uso residencial-asistencial 1.000 m2c (! = 1,40)

- Aproveitamento lucrativo de uso terciario-comercial 1.000 m2c (! = 1,25)

- Aproveitamento lucrativo homoxeneizado 5.650 m2c

-

Superficie da área de

repartimento 29.457 m2

- Aproveitamento tipo 0,1918050039 m2/m2 u.t.c.

USO GLOBAL: residencial

CESIÓNS DE SISTEMA LOCAL:

As regulamentariamente establecidas pola lexislación urbanística, para definir e concretar no Plan parcial.

SISTEMA DE ACTUACIÓN PREFERENTE: compensación

OBXECTIVOS DA ORDENACIÓN:

Mellorar e completar a trama urbana no contorno do colexio público e a estrada OU-133 mediante un desenvolvemento residencial en baixa densidade.

Rematar a vía incompleta que rodea o colexio, habilitando unha zona de estacionamento e manobra para os autobuses que dan servizo a este.

Destinar parte do aproveitamento lucrativo a uso residencial-asistencial, para a construción dun centro para persoas maiores.

DETERMINACIÓNS COMPLEMENTARIAS:

- TIPOLOXÍA E VOLUMETRÍA DAS EDIFICACIÓNS.OUTRAS CONDICIÓNS DE DESEÑO:

1. Ordenarase mediante tipoloxía de vivenda unifamiliar illada, cunha altura máxima de

7,00 m en dúas plantas (B+1). Limítase o número de vivendas 12 unidades.

2. A edificación destinada a residencia ou centro asistencial será de tipoloxía exenta e

cunha altura máxima de 2 plantas (B+1).

3. A ordenación terá en conta as construcións xa edificadas, incorporándoas dentro das

aliñacións.

- DEFINICIÓN DOS ELEMENTOS ESTRUTURANTES:

1. O acceso principal ao sector realizarase dende a estrada OU-133.

2. O entronque coa rede de abastecemento de auga realizarase dende a estrada OU-133

no cruzamento coa rúa Dr. Álvarez, prolongando a rede fóra do sector en concepto de conexión coa infraestrutura existente.

3. A rede de recollida de augas fecais conectarase fóra do sector co colector existente na rúa Otero Novas.

4. A subministración de electricidade realizarase en media tensión dende o tendido que

atravesa o propio sector, procedendo ao soterramento da liña e á previsión de novos transformadores.

- MEDIDAS TENDENTES A ACADAR UN DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

1. O Plan parcial establecerá as determinacións precisas para procurar índices elevados de infiltración das augas de choiva mediante o emprego de pavimentos filtrantes. As augas que necesariamente teñan que evacuarse á rede de pluviais eliminaranse mediante gabias filtrantes ou ben mediante emisario ata as canles próximas.

2. Nas zonas verdes do sector plantaranse especies arbóreas e arbustivas autóctonas de

xeito que se conserven as características ambientais da zona.

3. O Plan parcial deberá establecer as condicións esixibles ás vivendas en materia de uso

de enerxías alternativas, co obxecto de acadar un estándar en consumo de recursos por m2 equiparable ao da edificación de tipoloxía de vivenda colectiva.

4. O Plan parcial deberá ser sometido a informe preceptivo e vinculante do organismo de conca.

5. O Proxecto de urbanización que defina as infraestruturas de abastecemento e saneamento deberá ser sometido a informe do organismo de conca, e obter as correspondentes autorizacións de aproveitamento de augas e de vertido de augas residuais depuradas.

- CUMPRIMENTO DAS NORMAS DE HABITABILIDADE DE VIVENDAS DE GALICIA :

1. Será de aplicación o artigo 7º das normas de habitabilidade de vivendas de Galicia ás

vivendas de nova construción dentro desta área de ordenación.

2. O espazo exterior de calidade será deseñado no correspondente Plan parcial, consonte

ás determinacións seguintes:

O asollamento será o apropiado tanto para as vivendas lindeiras como para o propio espazo exterior.

A configuración volumétrica debe gardar proporción cos volumes que o delimitan. Nos espazos públicos é importante a continuidade espacial coa rúa e evitar a configuración de áreas residuais ou illadas.

Garantir a unicidade dos espazos configurados, aínda que sexan urbanizados por etapas ou partes.

O Plan parcial deberá definir o deseño e a distribución de usos no caso de espazos públicos.

O espazo deberá conservar as súas funcións de xeito continuo na meirande parte da súa superficie, e, polo tanto, non deberá verse invadido por elementos que dificulten ou interrompan esta continuidade. Farase o seu deseño con criterios de sustentabilidade (reciclaxe das augas pluviais, sistemas de rega sostibles, niveis de iluminación, materiais, etc.).

3. O Plan parcial deberá xustificar, co nivel de detalle que corresponda, o cumprimento

das normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

- ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN. PRAZOS DE EXECUCIÓN:

O sector será desenvolvido durante o primeiro cuadrienio de vixencia do Plan xeral conforme ao seguinte programa:

- A propiedade presentará o Plan parcial no concello para proceder á súa tramitación durante o primeiro ano de vixencia do Plan xeral.

- Unha vez aprobado o Plan parcial, a propiedade tramitará os proxectos de reparcelamento e urbanización durante o segundo ano.

- As obras de urbanización do sector realizaranse antes de finalizar o primeiro cuadrienio do Plan xeral.

- Os soares serán edificados no prazo máximo de dous (2) anos desde a recepción das obras de urbanización por parte do concello.

- CONSERVACIÓN DA URBANIZACIÓN

1. A propiedade comprométese á conservación e mantemento da urbanización por tempo

CÓDIGO DA ÁREA DE REPARTIMENTO: AR-SECTOR-R2

DENOMINACIÓN: O Regueiro

SITUACIÓN: vila de Cortegada

CLASE DE SOLO: urbanizable delimitado

FIGURA DE PLANEAMENTO: Plan parcial

SUPERFICIES (PARA OS EFECTOS DO CÓMPUTO DA EDIFICABILIDADE):

- Superficie bruta do sector 43.125 m2

- Superficie de vías existente e mantida 2.956 m2

- Superficie neta do sector 40.169 m2

- Coeficiente de edificabilidade 0,20 m2/m2

- Aproveitamento lucrativo total 8.033 m2c

SUPERFICIES (PARA OS EFECTOS DO CÁLCULO DO APROVEITAMENTO TIPO):

-

Superficie da área de

repartimento 40.169 m2

- Aproveitamento tipo 0,19998008414 m2/m2 u.t.c.

USO GLOBAL: residencial

CESIÓNS DE SISTEMA LOCAL:

As regulamentariamente establecidas pola lexislación urbanística, para definir e concretar no Plan parcial.

SISTEMA DE ACTUACIÓN PREFERENTE: compensación

OBXECTIVOS DA ORDENACIÓN:

Completar o mallado urbano mediante un desenvolvemento residencial de baixa densidade na área valeira limitada polo núcleo urbano e o trazado da estrada OU-801.

DETERMINACIÓNS COMPLEMENTARIAS:

- TIPOLOXÍA E VOLUMETRÍA DAS EDIFICACIÓNS.OUTRAS CONDICIÓNS DE DESEÑO:

1. Ordenarase mediante tipoloxía de vivenda unifamiliar agrupada, cunha altura máxima de 7,00 m en dúas plantas (B+1). As agrupacións estarán formadas por un máximo de 4 vivendas.

2. A ordenación terá en conta as construcións xa edificadas, incorporándoas dentro das aliñacións.

- DEFINICIÓN DOS ELEMENTOS ESTRUTURANTES:

1. O acceso principal ao sector realizarase desde a rúa Bouza Brey, en conexión co mallado urbano, e non poderá accederse en caso ningún desde a estrada OU-801. 2. A conexión coa rede de abastecemento de auga existente realizarase na intersección

da rúa Bouza Brey co camiño do Regueiro, ao longo do cal se prolongará a rede fóra do sector.

3. A rede de recollida de augas fecais conectarase á existente nos dous puntos extremos desta, situados dentro do sector.

4. A subministración de electricidade realizarase desde o transformador situado no cruzamento da rúa Bouza Brey coa rúa José Luís Castro, a partir do cal discorrerá soterrada pola rúa Bouza Brey e o camiño do Regueiro ata acadar o sector. Un segundo punto de conexión realizarase no tendido que cruza o ámbito. A partir destes puntos a liña discorrerá soterrada, con previsión de novos transformadores.

- MEDIDAS TENDENTES A ACADAR UN DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

1. No deseño da ordenación contida no Plan parcial teranse en conta as escorrentías naturais do terreo, onde preferentemente se situarán as zonas verdes.

2. O Plan parcial establecerá as determinacións precisas para procurar índices elevados de infiltración das augas de choiva mediante o emprego de pavimentos filtrantes. As augas que necesariamente teñan que evacuarse á rede de pluviais eliminaranse mediante gabias filtrantes ou ben mediante emisario ata as canles próximas. 3. Nas zonas verdes do sector plantaranse especies arbóreas e arbustivas autóctonas de

xeito que se conserven as características ambientais da zona.

4. Nas zonas verdes do sector conservaranse os elementos configuradores da arquitectura do territorio, como os socalcos, muros, canles, fontes, etc.

5. O Plan parcial deberá establecer as condicións esixibles ás vivendas en materia de uso de enerxías alternativas, co obxecto de acadar un estándar en consumo de recursos por m2 equiparable ao da edificación de tipoloxía de vivenda colectiva.

6. O Plan parcial deberá ser sometido a informe preceptivo e vinculante do organismo de conca.

7. O Proxecto de urbanización que defina as infraestruturas de abastecemento e saneamento deberá ser sometido a informe do organismo de conca, e obter as correspondentes autorizacións de aproveitamento de augas e de vertido de augas residuais depuradas.

- CUMPRIMENTO DAS NORMAS DE HABITABILIDADE DE VIVENDAS DE GALICIA:

1. Será de aplicación o artigo 7º das normas de habitabilidade de vivendas de Galicia ás vivendas de nova construción dentro desta área de ordenación.

2. O espazo exterior de calidade será deseñado no correspondente Plan parcial, consonte ás determinacións seguintes:

O asollamento será o apropiado tanto para as vivendas lindeiras como para o propio espazo exterior.

A configuración volumétrica debe gardar proporción cos volumes que o delimitan. Nos espazos públicos é importante a continuidade espacial coa rúa e evitar a configuración de áreas residuais ou illadas.

Garantir a unicidade dos espazos configurados, aínda que sexan urbanizados por etapas ou partes.

O Plan parcial deberá definir o deseño e a distribución de usos no caso de espazos públicos.

O espazo deberá conservar as súas funcións de xeito continuo na meirande parte da súa superficie, e, polo tanto, non deberá verse invadido por elementos que dificulten ou interrompan esta continuidade. Farase o seu deseño con criterios de

sustentabilidade (reciclaxe das augas pluviais, sistemas de rega sostibles, niveis de iluminación, materiais, etc.).

3. O Plan parcial deberá xustificar, co nivel de detalle que corresponda, o cumprimento das normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

- ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN. PRAZOS DE EXECUCIÓN:

O sector será desenvolvido durante o primeiro cuadrienio de vixencia do Plan xeral conforme ao seguinte programa:

- A propiedade presentará o Plan parcial no concello para proceder á súa tramitación durante o primeiro ano de vixencia do Plan xeral.

- Unha vez aprobado o Plan parcial, a propiedade tramitará os proxectos de reparcelamento e urbanización durante o segundo ano.

- As obras de urbanización do sector realizaranse antes de finalizar o primeiro cuadrienio do Plan xeral.

- Os soares serán edificados no prazo máximo de dous (2) anos desde a recepción das obras de urbanización por parte do concello.

- CONSERVACIÓN DA URBANIZACIÓN

1. A propiedade comprométese á conservación e mantemento da urbanización por tempo indefinido, para o cal deberá constituírse unha entidade de conservación.