Chapter 4: Isomorphic Pressures and IOF Identification
4.1.2. Exogenous pressures
Podemos aseverar que nos últimos vinte cinco anos avanzouse de xeito enorme nos estudos e investigacións referidas á realidade nacionalista na Galiza. A saída de diversas obras monográficas sobre a materia enriqueceron o coñecemento epidérmico que había tempo atrás sobre aquela. Obras como El primer Castelao. Biografía y antología rotas7
, do investigador José Antonio Durán, Vicente Risco no nacionalismo galego8 ou Antón Lousada Diéguez. Obra Completa9
, da autoría do profesor Justo Beramendi, Nacionalismo gallego. La ideología de Vicente Risco, de Francisco Bobillo10, así como O
galeguismo na encrucillada republicana11
, do investigador Xavier Castro e O rexionalismo galego. Organización e ideoloxía12
, do politólogo Ramón Máiz, significaron en grande medida o punto de partida de diversos traballos a partir da segunda metade da década de oitenta do pasado século e que porían luz a unha ricaz realidade, cal é a do nacionalismo galego, tendo na década anterior pequenas monografías que contribuíran a acoutar a intrahistoria do movemento patriótico galego, entre as que destacan as achegas realizas por Xosé Ramón Barreiro autor do libro El Levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo13
, arredor do pronunciamento liberal de 1846 capitaneado por Miguel Solís ou artigos como Igrexa e galeguismo na historia (1846-1923)14. Tamén Francisco Carballo desenvolvería achegas nesa mesma liña e por aquelas datas, caso dun seu artigo intitulado A Igrexa galega ante o Estatuto
7
Durán, J.A., El primer Castelao. Biografía y antología rotas, ed. Siglo XXI, Madrid, 1972.
8
Beramendi González, Justo, Vicente Risco no nacionalismo galego, Santiago, Ed. do Cerne, 1981, 2 vols.
9
Beramendi González, Justo, Antón Losada Diéguez. Obra completa, Vigo, Ed. Xerais, 1985.
10
Bobillo, Francisco, Nacionalismo gallego. La ideología de Vicente Risco, Akal-Universitaria, 1981.
11
Resultante da Tese de Doutoramento presentado no 1982 sob o título O Nacionalismo galego
na Segunda República.
12
Máiz, Ramón, O rexionalismo galego. Organización e ideoloxía, Sada, Ed. do Castro, 1984.
13
Barreiro Fernández, Xosé Ramón, El Levantamiento de 1846 y el nacimiento del
galleguismo, Pico Sacro, Compostela, 1977.
14
Barreiro Fernández, Xosé Ramón, “Igrexa e galeguismo na historia (1846-1923)” in
de Autonomía de 193615
no que, tanxencialmente, trataba a historia do nacionalismo a partir da campaña estatutaria.
Até que estes investigadores comezaron a súa produción historiográfica no referido á cuestión nacional galega, a realidade era desoladora a este respecto, debido sobre todo á longa noite de pedra, como é sabido. Polo que non sería de estrañar a afirmación que facía, certamente, Xavier Castro na introdución ao devandito traballo, resultante da súa Tese de doutoramento, sobre o tratamento historiográfico do galeguismo:
“A escasez de traballos rigurosos sobra a historia do movemento reivindicativo da personalidade diferencial de Galicia – chamada nun principio provincial, logo rexional e, no marco cronolóxico ó que nos remitimos, nacional- fai que o coñecemento que temos das liñas directrices básicas que o configuran sexa considerablemente precario”16
.
Así, pois, até mediados dos oitenta do pasado século son máis os problemas que as solucións presentadas diante do coñecemento do nacionalismo galego en clave histórica. De tal xeito que, en non poucas ocasións, había mesmo que botar man das liñas e modelos a partir dos que ensaiaba o estudo doutros nacionalismos en realidades, nomeadamente, como a vasca ou a catalana, ben máis desenvolvidas que a galega. Afirmaba Xavier Castro que diante o seu devandito traballo de investigación en grande tivera que aplicar un:
“...modelo elaborado para outros nacionalismos mellor coñecidos que o galego. Aclaremos que utilizamo-la expresión de “modelo” na acepción dada por Fernard Braudel, segundo a cal o modelo é un sistema de explicacións solidamente vencellado, ó xeito de ecuación ou da función. (...) Agora ben, de escoller algún modelo
15
Carballo, Francisco, “A Igrexa galega ante o Estatuto de Autonomía de 1936”, Encrucillada nº2, 1979, pp.17-27.
16
Castro, Xavier, O galeguismo na encrucillada republicana, Ourense, Deputación Provincial, 1985. p.19
inclinariámonos polo que se pode extrapolar dos nacionalismos vasco ou catalán, relativamente ben coñecidos, por estaren ambos inscritos no mesmo marco de referencia que o galego, marco que vén dado pola común subordinación a un mesmo Estado”17
.
A partir da saída do prelo das primeiras obras referenciais sobre o galeguismo, podemos indicar que se chantaron no campo historiográfico galego uns fitos a partir dos cales desenvolver novas achegas sobre a devandita materia. Así, Justo Beramendi continuaría coas súas pescudas neste campo, após a investigación realizada no marco da súa memoria de Licenciatura arredor da figura do que fora grande teórico do nacionalismo galego. Tres anos despois Baldomero Cores Trasmonte presentaría unha cumprida biografía sobre outra figura de grande relevo no nacionalismo do primeiro terzo do século XX, Ramón Suárez Picallo. Socialismo, galleguismo y acción de masas en Galicia18
. Ao pouco, ano 1987, Beramendi presentaría a súa Tese de Doutoramento sobre o nacionalismo galego no primeiro terzo do século XX. Neste senso, o anos despois catedrático de Historia Contemporánea e América proseguiría os estudos sistemáticos sobre o nacionalismo e tiraría do prelo outros traballos altamente enriquecedores, como a compilación Obra política de Ramón Vilar Ponte19. Este traballo, ao igual que acontecera coas figuras de Risco e Lousada Diéguez, o certo é que para alén de alumear a realidade histórica obxecto de estudo, recuperaba documentación esencial do nacionalismo na cronoloxía obxecto de estudo, o que significou un duplo contributo.
Parello a estes traballos, Xusto Beramendi foi incentivando estudos diversos sobre o nacionalismo. Entre outros investigadores que nos seus
17
Ibidem
18
Cores Trasmonte, Baldomero, Ramón Suárez Picallo. Socialismo, galleguismo y acción de
masas en Galicia, Ediciós do Castro, Sada, 1983.
19
Beramendi, Justo, Obra política de Ramón Villar Ponte, Sada, Ediciós do Castro, 1991. Entre outras obras semellantes das que se ten responsabilizado este prolífico historiador, debemos citar a que editaría xunto a Manuel Roca Cendán baixo o título Lois Peña Novo:
obra completa, Compostela : Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC,
inicios tiveron a Beramendi González como director de investigacións e Tese, achamos a Xosé Manoel Núñez Seixas. Este tiraría un interesantísimo libro do prelo no 1999, produto da súa tese de licenciatura, arredor do galeguismo en América20, seguido de diversas monografías e relatorios en revistas e congresos, respectivamente, referidas a esta temática. Por citar algúns, destacamos as achegas realizadas polo ourensán á figura de Eduardo Blanco Amor a través da obra A Dimensión política de Eduardo Blanco Amor (1919-1950): a difícil andaina dun intelectual no galeguismo21
, ou do Galeguismo e cultura durante o primeiro franquismo (1936-1960) unha interpretación22. Tamén outros historiadores, especializados en materias
como a realidade rural galega, caso de Ramón Villares Paz, teñen realizado recentemente achegas de elevado interese sobre a realidade do nacionalismo galego nas primeiras tres décadas do século pasado, para alén de numerosos traballos pioneiros sobre aqueloutra temárica. Así, Villares sería autor hai anos da obra Fuga e retorno de Adrián Solovio: sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista23
.
Ora, serían os historiadores Justo Beramendi González e Xosé Manoel Núñez Seixas os que presentarían a obra referencial até aquela altura, e por anos, sobre a cuestión que aquí nos ocupa, publicando a obra O Nacionalismo Galego24
. Esta obra representaría a grande síntese da historia do nacionalismo galego, acoutado entre finais do século XIX e finais do XX. De xeito rigoroso, para alén de exquisitamente didáctico, os autores presentaban o decorrer do nacionalismo entre o ‘galeguismo pre-nacionalista’
20
Núñez Seixas, Xosé Manoel, O Galeguismo en América (1879-1936), Sada, Edicións do Castro, 1999.
21
Núñez Seixas, Xosé Manoel, “A dimensión política de Eduardo Blanco Amor (1919-1950) :
a dificil andaina dun intelectual no galeguismo“ in Anuario Brigantino nº16, Betanzos,
Concello de Betanzos, 1993. p.227-270
22
Núñez Seixas, Xosé Manoel, “Galeguismo e cultura durante o primeiro franquismo (1936-
1960) unha interpretación” in Trabe de Ouro, nº19 Compostela, Sotelo Blanco, 1994. pp.99-
117
23
Villares Paz, Ramón, Fuga e retorno de Adrián Solovio: sobre a educación sentimental dun
intelectual galeguista, Vigo, Galaxia, 2007.
24
Beramendi González, Justo e Núñez Seixas, Xosé Manoel, O Nacionalismo Galego, Vigo, A Nosa Terra, 1995.
de mediados do séculos XIX ao ‘nacionalismo [daquelas] actual’, de finais do século XX. Polo medio ficaría tratado todo o proceso de conformación do galeguismo que daría orixe ás Hirmandades de Amigos da Fala no 1916 e á I Asambreia Nazonalista de novembro do 1918, da que vamos camiño do seu centenario. Aliás, nesta obra tracexábase a liña pouco recta que unía o nacionalismo galego de 1931 con aquel, en grande medida ex novo, xurdido a partir do 1963/1964, é dicir entre a creación do Partido Galeguista e a aparición do Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG); pondo luz a ese intervalo forzoso aberto desde o golpe militar reaccionario de xullo do 1936. Así, pois, tratarían Beramendi e Núñez tamén a difícil relación dos galeguistas expatriados en América do sul con aqueles que quedaran na Terra, así como a relación deste últimos coas novas organizacións nacidas cara mediados dos sesenta tamén sería tema tratado na devandita obra. Con todo, algo que advertían daquelas os autores, non se presentaba neste traballo e non existía daquela de xeito completo, até os nosos días, un traballo sistemático sobre o nacionalismo galego desde mediados dos anos cincuenta até a actualidade. Tal e como afirmaban estes dous investigadores:
“...podemos sinalar as vías polas que comprirá seguir a afondar na pescuda daqueles períodos ou cuestións insuficientemente cubertos ate o de agora. (... ) para a época da posguerra, e moi especialmente o período do nacionalismo actual (de 1960 en diante), carecemos dos traballos mínimos precisos en cantidade e calidade”25
.
Desde que esta aseveración se formulou, como verdadeiro acicate, até o día de hoxe foron tirándose do prelo traballos de relevo que contribuíron a debuxar o acontecer do nacionalismo nos últimos quince anos da ditadura franquista. Outros traballos, aínda que desenvolvidos con anterioridade, non chegaron a ser publicados, caso da Tese de Licenciatura de Alberto Romasanta sobre o ‘nacionalismo radical’ galego26. No que atinxe
25 Ibidem. Limiar 26
aos traballos publicados sobre esta etapa do nacionalismo, cómpre lembrar as importantes achegas do profesor catalán, afincado en Euskadi, Fermí Rubiralta Casas. Este investigador traballaría sobre o que denominaría, na liña de Romasanta, ‘nacionalismo radical’ galego, vasco e catalán. Especialista sobre as orixes e desenvolvemento do Partit Socialista de Alliberament Nacional (PSAN), no marco do 1969 e o 1974, Rubiralta traballou arreo sobre a Unión do Povo Galego até o 1974. De feito tirou do prelo a interesante obra De Castelao a Mao. O Novo nacionalismo radical galego (1959-1974)27
. Neste traballo percorrería as orixes, configuración e desenvolvemento inicial da UPG. A obra derivaba da tese de doutoramento que Rubiralta viña de presentar na Euskal Herriko Unibertsitatea (EHU) no ano 1995 sob o título Orixes, configuración e desenvolvemento inicial do novo nacionalismo galego, catalán e vasco. Investigacións unhas e outras que nos aproximaron á devandita realidade, abrindo un camiño que estaba practicamente sen trollar.
Ora, aos problemas que xa temos apuntado, e aos que se referían os autores d’O Nacionalismo galego, habería que sumar un outro, e no que Rubiralta reparaba no limiar daquela súa obra:
“...como advertiamos na introducción da devandita tese, tomar unha organización política como a UPG como punto de referencia para o coñecemento do novo nacionalismo radical galego non significa en ningún caso que a nosa intención sexa a realización dun estudio estasiolóxico da mesma, nin moito menos un traballo haxiográfico que magnifique de xeito acrítico a súa traxectoria”28
. Acrescentando o autor que: “...evitar subxectividades e dispoñer dunha visión suficientemente distanciada dos acontecementos e procesos para analizar foron algunhas das razóns que nos moveron a situar o límite cronolóxico superior deste traballo en torno ao ano 1974”29
.
los inicios de la transición democrática (1974-19777): organizaciones, estrategía e ideología
[tesiña], UNED, Madrid, 1991.
27
Rubiralta Casas, Fermí, De Castelao a Mao, Compostela, Laiovento, 1998.
28 Ibidem p.12 29
O que significaría que de aí en diante non habería traballo algún que fonda e sistematicamente analizara a evolución e devir do nacionalismo galego organizado; derivado isto, en boa medida, pola cercanía de feitos e proceso que chega até os nosos días en forma de presente. Parte dos procesos iniciados nos anos sesenta aínda hoxe están abertos, a maior parte dos seus e das súas protagonistas fican vivas, e en activo no referente ao campo político, feito que se presenta como un obstáculo difícil de salvar para o investigador.
Con todo, temos que lembrar un outro traballo que após o de Rubiralta sairía do prelo e que entraría de cheo nesoutra realidade do nacionalismo galego contemporáneo dos nosos días, rompendo ese cerco cronolóxico do que falaba Rubiralta. Esta obra, da autoría do politólogo Manuel Anxo Fernández Baz, fálanos da concreción organizativa do nacionalismo galego nos últimos corenta anos do pasado século sob o título A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1982)30
; volume acoutado cronoloxicamente entre a data de creación do Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) e do Bloque Nacionalista Galego (BNG), respectivamente.
Así, pois, estas obras sumáronse a algúns artigos e capítulos de libros que serían publicados con anterioridade, caso de Nacionalismo radical, transición e proceso autonómico en Galicia31
, así como a outros que irían sendo presentados en anos posteriores. Entre os máis novos investigadores que xa tiñan traballado sobre esta temática, mesmo antes da saída da obra de Fernández Baz, achábase o historiador Prudencio Viveiro Mogo que, por exemplo, traballara sobre a UPG e ‘os outros nacionalismos peninsulares’32. Na práctica Viveiro Mogo faría unha exhaustiva radiografía en varios traballos sobre as relacións exteriores da devandita organización patriótica galega no
30
Fernández Baz, Manuel Anxo, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-
1982), Laiovento, Noia, 2003.
31
Domínguez Castro, Luís e Xosé Ramón Quintana Garrido, “Nacionalismo radical, transición e proceso autonómico en Galicia, in J. Tusell ed. Historia de la Transición y consolidación
democrática en España , UNED, Madrid, 1995. pp. 457-473.
32
Viveiro Mogo, Prudencio, “A Unión do Povo Galego e os outros nacionalismos peninsulares (1964-1980)”, Vigo, Grial, 145, 2000. pp.101-125
marco da Península Ibérica. Unha liña de investigación que seguiría desenvolvendo co PSG, a UPG e incluso o PCG en artigos de investigación como A actividade exterior do Partido Socialista Galego : 1975-198033 ou A UPG e o PCG perante a Transición á democracia, 1975-1982.34
A estas investigacións sumaríase o filólogo Luís Gonçales Blasco. Este noutrora cofundador da UPG no 1964, daría ao prelo a obra A política e a organizaçom exterior da UPG : (1964-1986)35
, unha extensa obra de grande valía a respecto da devandita temática.
De compararmos esta nosa realidade coa atención que as historiografías vasca, catalá ou irlandesa teñen posto nos seus respectivos nacionalismos, non saímos especialmente ben parados. E é que semella facilmente observábel que, á diferenza dos casos citados, entre outros, na Galiza redúcese a un pequeno número de historiadores e historiadoras as que teñen desenvolvido e desenvolven estudos sobre a devandita cuestión, fronte aqueloutras historiografías que contan cun notábel número de investigadores, dos seus respectivos países e alleos, traballando sobre a cuestión nacional para os devanditos países.
Ora, sexa como for, nas últimas dúas décadas ollamos como diversos traballos abordan monográficamente certos aspectos e realidades da historia do nacionalismo galego, aumentando a produción historiográfica centrada no pretérito da realidade patriótica galega. Nesta liña encadramos obras como Arte e nacionalismo. La vanguardia histórica gallega (1925-1936)36
da autoría de Xosé Antón Castro, A Mulher no nacionalismo galego37 de Noa Ríos
33
Viveiro Mogo, Prudencio, “A actividade exterior do Partido Socialista Galego: 1975-1980” in Murguía, Revista Galega de Historia, vol.1, 2003. pp.109-118.
34
Viveiro Mogo, Prudencio, “A UPG e o PCG perante a Transición á democracia, 1975-1982” in
Murguía, Revista Galega de Historia, vol.11, 2006 pp. 81-104
35
Gonçales Blasco, Luís, A política e a organizaçom exterior da UPG: (1964-1986),
Compostela, Laiovento, 2012.
36
Castro, Xosé Antón, Arte e nacionalismo. La vanguardia histórica gallega (1925-1936), eds.
Do Castro, Sada, 1992.
37
Ríos Bergantinhos, Noa, A Mulher no nacionalismo galego (1900-1936): ideologia e
Bergantinhos, Castelao e o Galeuzca38 e Galeuzca: la rebelión de la periferia39
, última das obras que até o momento o profesor galego afincado en Euskadi Xosé Estévez tirou sobra a devandita alianza nacionalista tripartita; ou Nacionalismo ao pé da letra40, de Tito Diéguez, O nacionalismo cívico: interpretación do contributo da Irmandade da Fala da Coruña41
de Xosé Manuel Maceira Fernández, Xohán Xesús González: un precusor do soberanismo galego, de Héitor Picallo Fuentes42
ou A loita permanente de Xoán Xesús González : no socialismo e no nacionalismo galego43
, de Marcos Seixo Pastor.
Obras monográficas que debemos sumar ás biografías, autobiografías ou libros de memorias, así como libros de conversas que se veñen editando nas últimas dúas décadas e media e que nos últimos anos cobraron maior auxe, se cabe. Por citar só algúns casos, citaremos as obras X.L. Méndez Ferrín44, A nación incesante, conversas con Xosé Manuel Beiras45, Camilo Nogueira e outras voces: unha memoria da esquerda nacionalista46
, Os anos
38
Estévez, Xosé, Castelao e o Galeuzca, Compostela, Laiovento, 2002. Obsérvese que Estévez iniciaba os seus traballos sobre o Galeuzca coa Tese de Doutoramente intitulada
De la triple alianza al pacto de San Sebastián : (1923-1930) : (Relaciones entre los nacionalistas vascos, gallegos y catalanes), presentada na Universidade de Deusto no
1990.
39
Estévez, Xosé, Galeuzca: la rebelión de la periferia, Madrid, La Catarata, 2009.
40
Diéguez, Tito, Nacionalismo ao pé da letra: os periódicos dos partidos nacionalistas galegos entre 1965 e 1975, Compostela, Sotelo Blanco, 2005.
41
Maceira Fernández, Xosé Manuel, O nacionalismo cívico: interpretación do contributo da
Irmandade da Fala da Coruña, Compostela, Laiovento, 2007.
42
Picallo Fuentes, Héitor, Xohán Xesús González: un precusor do soberanismo galego, Compostela, Laiovento, 2008.
43
Seixo Pastor, Marcos, A loita permanente de Xoán Xesús González: no socialismo e no
nacionalismo galego, Vigo, A Nosa Terra, 2008.
44
Salgado, Xosé Manuel e Xosé M. Casado, X.L. Méndez Ferrín, Sotelo Blanco, Barcelona,
1989.
45
Fernán-Vello, Miguel Anxo e Fancisco Pillado Mayor, A nación incesante. Conversas con
Xosé Manuel Beiras, Sotelo Blanco, 1989.
46
Toro, Suso de,Camilo Nogueira e outras voces : unha memoria da esquerda nacionalista, Vigo, Xerais, 1991.
escuros. A resistencia cultural dunha xeración47
, A nación galega existe: conversas con Francisco Rodríguez48
, así como A Estrela na palabra. Novas conversas con Xosé Manuel Beiras49
e Amada liberdade50, entre outras.
Temos que destacar, aliás e por último, unha outra tipoloxía bibliográfica que fala do estado da cuestión máis unha vez: os libros de actas congresuais. Diversos congresos se teñen desenvolvido nas últimas case tres décadas arredor da historia do nacionalismo na Galiza. Entre estes, destacan as Actas do Congreso Castelao51, desenvolvido en Compostela no 1986 co gallo do cen aniversario do nacemento de Daniel Rodríguez Castelao, as do Congreso Internacional os Nacionalismos en Europa, Pasado e Presente52
, desenvolvido na capital galega no 1993, así como A Galiza de Bóveda53
, obra editada no 2009 recollendo as actas do congreso do mesmo nome, celebrado en Pontevedra no ano 2003, co gallo do cen aniversario do nacemento de Alexandre Bóveda.
Neste percorrido bibliográfico arredor das obras que teñen dilucidado a Historia do nacionalismo galego, temos que destacar De Provincia a Nación. Historia do galeguismo político54
, da autoría do catedrático Justo Beramendi. Un magno volume que representa décadas de investigación sobre a historia
47
Franco Grande, X.L., Os anos escuros. A resistencia cultural dunha xeración, Vigo, Galaxia, 2004.
48
Mexuto, Xosé, A nación galega existe: conversas con Francisco Rodríguez, A Nosa Terra, Vigo, 2006.
49
Fernan-Vello, Miguel Anxo e Pillado Mayor, Francisco, A Estrela na palabra. Novas conversas con Xosé Manuel Beiras, Compostela, Laiovento e Espiral Maior, 2004.
50
Pérez-Barreiro Nolla, Fernando, Amada liberdade, Vigo, Xerais, 2013.
51
Beramendi González, Justo e Ramón Villares (eds.), Actas Congreso Castelao,
Compostela, USC, Compostela, 1986.
52
Os coordenadores e editores das actas deste congreso foron Justo Beramendi González, Ramón Máiz e Xosé Manoel Núñez Seixas.
53
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán (coord.), A Galiza de Bóveda, Ourense, Difusora das Artes, Letras e Ideas, 2009.
54
Beramendi González, Justo, De Provincia a Nación. Historia do galeguismo político, Vigo, Xerais, 2008.
do nacionalismo galego, sendo a obra cume a este respeito. Máis de mil duascentas páxinas ao longo das cales fica debullado de xeito sistemático o nacionalismo galego en perspectiva histórica, en canto nacemento e formación, percorrido/evolución, tendencias e dimensión do mesmo. Nesta