a) Real Decreto 1007/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á Educación Secundaria Obrigatoria. (BOE do 26 de xuño). Modificado polo Real Decreto 894/95, do 2 de xuño (BOE do 24) e polo Real Decreto 3473/2000, do 29 de decembro (BOE do 16 de xaneiro de 2001).
Artigo 2º.
«Co fin de desenvolver as capacidades ás que se refire o artigo 19 da Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, os alumnos deberán alcanza-los seguintes obxectivos ó largo da educación secundaria obrigatoria:
a) Comprender e producir mensaxes orais e escritos con propiedade, autonomía e creatividade en castelán e, no seu caso, na lingua propia da Comunidade Autónoma e reflexionar sobre os procesos implicados no uso da linguaxe e a contribución deste á organización dos propios pensamentos.
l) Coñecer e aprecia-lo patrimonio cultural e lingüístico e contribuír a súa conservación e mellora, desenvolvendo unha actitude de interese respecto cara a dimensión pluricultural e plurilingüística entendida como un dereito dos pobos e dos individuos».
Artigo 3º.
1. De acordo co establecido no artigo 20 da Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, as áreas da Educación Secundaria Obrigatoria serán as seguintes: e) Lingua Castelá, Lingua oficial propia da correspondente comunidade
autónoma e Literatura.
ANEXOII
(Real Decreto 3473/2000, do 29 de decembro)
De acordo coo establecido no artigo 4º da LOXSE, as Comunidades Autónomas con lingua oficial distinta do castelá, en relación cos horarios das ensinanzas mínimas das áreas do ámbito lingüístico, dispoñerán do 10 por 100 do horario escolar total que se deriva do presente anexo, para a organización das ensinanzas da mencionada lingua propia. En todo caso, garantirán unha distribución proporcional de dita porcentaxe entre as diferentes áreas lingüísticas, respectando para estas os aspectos básicos do currículo establecidos no anexo I.
b) Decreto 78/1993, do 25 de febreiro polo que se establece o currículo da Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 4 de abril).
O currículo debe partir da nosa propia realidade e incorpora-los novos saberes desde as nosas raíces culturais e orixinarias, de xeito que a lingua e a cultura galega sexan un elemento integrador en interrelación coas outras culturas.
Desde este punto de vista a escola convértese nun ámbito privilexiado de conciencia lingüística e cultural e, ó mesmo tempo, en instrumento fundamental para o cambio dentro da sociedade.
Artigo 1º.
O currículo para a Educación Secundaria Obrigatoria nos centros docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria será o que recolle o Anexo do presente decreto.
Artigo 3º.
Co fin de desenvolve–las capacidades propias desta etapa, os alumnos e as alumnas deberán acadar, ó longo da Educación Secundaria Obrigatoria, os seguintes obxectivos:
a) Comprender e producir mensaxes orais e escritas con propiedade, autonomía e creatividade nas linguas galega e castelá e, polo menos, nunha lingua estranxeira; utilizándoas para comunicarse e organiza–los propios pensamentos e para reflexionar sobre os procesos implicados no uso da linguaxe.
m) Coñecer e aprecia–lo patrimonio natural e cultural e contribuír activamente á súa conservación e mellora, entende–la diversidade lingüística e cultural coma un dereito dos pobos e dos individuos á súa identidade, e desenrolar unha actitude de interese e respecto de cara ó exercicio deste dereito.
Artigo 5º.
1. As áreas da Educación Secundaria Obrigatoria serán as seguintes: f) Lingua Galega e Literatura.
c) Orde do 19 de xuño de 1996 pola que se regula a implantación da educación secundaria obrigatoria. (DOG do 11 de xullo).
Artigo 6º.
O horario semanal5para cada un dos cursos desta etapa será de trinta períodos
lectivos no primeiro ciclo e de trinta e dous no segundo ciclo, segundo a distribución que con carácter xeral figura no anexo I da presente orde. Independentemente da distribución horaria establecida con carácter xeral no devandito anexo, os centros terán autonomía para decidi-la distribución por cursos dos períodos lectivos establecidos para o primeiro ciclo, en función das súas necesidades organizativas e de carácter educativo. Esta decisión deberá constar no proxecto curricular do centro. En ningún caso unha área ou materia poderá ter menos de dous períodos lectivos en cada curso.
5 A Orde do 31 de maio de 2001 (DOG do 27 de xuño) modifica para o curso 2001-2002 o horario semanal da educación secundaria obrigatoria establecido na Orde do 19 de xuño de 1996, dispoñendo no seu artigo único o seguinte:
No curso 2001-2002, os centros educativos engadirán ós seus horarios lectivos semanais, elaborados conforme a Orde do 19 de xuño de 1996, no primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria os períodos semanais que se relacionan a continuación:
a) En primeiro curso, un período semanal na área de lingua galega e literatura, que se destinará á realización de actividades de lectura dirixida.
b) En segundo curso, un período semanal na área de lingua castelá e literatura, que se destinará á realización de actividades de lectura dirixida.
c) En primeiro e segundo curso, un período semanal na área de matemáticas. Como consecuencia destas modificacións, o número total de períodos semanais en primeiro e segundo curso de educación secundaria obrigatoria será de 32.
ANEXOI
No 4º curso os alumnos deberán escoller entre as catro áreas troncais que figuran cun asterisco (*), segundo o establecido na presente orde. A elección pola que se opte deberá ter un cómputo de 6 períodos lectivos semanais.
Artigo 11º.
6. Os programas de diversificación curricular incluirán tres áreas de coñecemento con tratamento de contidos globalizador:
– Unha área de lingua estranxeira que tomará como referencia o currículo do idioma correspondente e que terá dous períodos lectivos semanais. – Unha área do ámbito lingüístico e social que tomará como referencia o
currículo das áreas seguintes: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e ciencias sociais, xeografía e historia; e que terá dez períodos lectivos semanais.
Períodos lectivos semanais Áreas e materias 1º ciclo 2º ciclo
1º 2º Total 3º 4º Total Lingua galega e literatura 4 2 6 3 3 6 Lingua castelá e literatura 4 2 6 3 3 6
Lingua estranxeira 3 3 6 3 3 6
Ciencias sociais, xeografía e historia 3 3 6 3 4 7
Matemáticas 3 3 6 3 3 6
Educación física 2 2 4 2 2 4
Ciencias da natureza * 3 3 6 3 3 6
Educación plástica e visual * 3 - 3 2 3 5
Tecnoloxía * - 4 4 3 3 6 Música * - 3 3 2 3 5 Optativa I 2 2 4 2 3 5 Optativa II - - - - 3 3 Relixión 2 2 4 2 1 3 Titoría 1 1 2 1 1 2
– Unha área do ámbito científico que tomará como referencia o currículo das áreas de matemáticas e ciencias da natureza e que terá sete períodos lectivos semanais.
7. Os alumnos completarán este programa con tres áreas do currículo común: tecnoloxía, educación física e educación plástica e visual no terceiro curso, e tecnoloxía, educación física e música no cuarto curso. Estas áreas serán cursadas por estes alumnos co seu grupo de referencia.