• No results found

3. Models, Methods and Methodologies

3.5. pisoSIA Method

É obxecto das presentes bases a provisión en propiedade dunha praza de Conserxe de edificios Municipais mediante o sistema de concurso-oposición.

A referida praza inclúese na Oferta Pública de Emprego correspondente ao exercicio do ano 2011, aprobada por Resolución de Alcaldía con data 04/03/2011, e publicada no Boletín Oficial da Provincia de data data 22/03/ 2011, e no Diario Oficial de Galicia de data 4/04/2011, cuyas características son as seguintes:

Grupo: Agrupacións profesionais (A.P); Clasificación: Administración Xeral; Subescala: Subalterno; Número de vacantes: 1; Denominación: Conserxe de edificios Municipais.

A praza referida está adscrita a Servizos Xerais do Concello, e as funcións que ten encomendadas son as seguintes:

-As propias da Subescala de Administración Xeral; vixilancia e custodia interior de oficinas municipais (casa consistorial) ou noutras dependencias dependentes do Concello (Telecentro, etc….); e conserxe en edificios ou servizos da Corporación.

-Apoio a Oficina de Rexistro Xeral: colaboración nos rexistros de entrada e saida de documentos, no rexistro do portelo único da Xunta de Galicia, confección de notificacións, realización de fotocopias, trámites coa Oficina de Correos, o outras tarefas auxiliares encomendadas polo Xefe de Negociado de Rexistro.

SEGUNDA. Condicións de Admisión de Aspirantes

Para formar parte nas probas de selección, será necesario1:

a) Ser español. Non obstante, teranse en conta:

— Os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea poderán acceder en idénticas condicións que os españois nos sectores da función pública aos que, segundo o dereito comunitario, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

— Os nacionais de aqueles Estados aos que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que está definida no Tratado

b) Estar en posesión da titulación suficiente ou estar en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación das instancias para tomar parte nas probas selectivas. Neste caso a titulación requirida será o título de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO), en virtude do artigo 76 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.

c) Non estar separado do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

d) Ter cumprido os dezaoito anos de idade ou ter a idade que a convocatoria estableza como mínima, antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non exceder da idade establecida como máxima para o ingreso nun corpo ou escala.

e) Cumprir os requisitos para exercer as funcións que dentro do corpo ou escala lle poidan ser encomendadas, de acordo ao previsto regulamentariamente.

TERCEIRA. Forma e Prazo de Presentación de Instancias

As solicitudes, requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas bases xerais que se achegan a este expediente para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Chantada, e presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992, no prazo de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, de acordo co establecido no artigo 18 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado.

As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, así como no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web do Concello e reseña de aprobación das mesmas no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude deberá ir acompañada por:

— Fotocopia do DNI ou, no seu caso, pasaporte.

— Documentos acreditativos dos méritos e circunstancias alegados.

3

Segundo o establecido nos artigos 32 do Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo e 56.1 da Lei 7/2007, de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público.

CUARTA. Admisión de Aspirantes

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo de un mes, declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na resolución, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no taboleiro de edictos do Concello, sinalarase un prazo de dez días hábiles para corrección. Na mesma publicación farase constar (o día, hora e lugar en que deberán realizarse todas as probas/o día, hora e lugar en que haberá de realizarse o primeiro exercicio de selección. O chamamento para posteriores exercicios farase mediante a publicación no taboleiro de edictos da Corporación; neste suposto, os anuncios da celebración das sucesivas probas deberán facerse públicos polo órgano de selección nos locais onde se celebrase a proba anterior ou na sede do Concello, con dous días, polo menos, de antelación ao comezo dun novo). Igualmente na mesma resolución, farase constar a designación nominal do tribunal.

As alegacións presentadas serán resoltas no prazo de 30 días desde a finalización do prazo para presentación. Transcorrido o prazo sen que se ditase resolución algunha, as alegacións entenderanse desestimadas.

QUINTA. Tribunal Cualificador

O número dos membros dos Tribunais nunca será inferior a cinco, así mesmo, a súa composición será predominantemente técnica e os Vogais deberán posuír titulación ou especialización iguais ou superiores ás esixidas para o acceso ás prazas convocadas.

Os Tribunais cualificadores estarán constituídos por: — Presidente.

— Secretario [o da Corporación ou membro da mesma en quen delegue]. — Vogais que determine a convocatoria.

O tribunal estará integrado ademais polos suplentes respectivos que han ser designados conxuntamente cos titulares.

Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

Así mesmo, segundo o artigo 34.2 do Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, os tribunais que xulguen as probas selectivas non poderán estar compostos maioritariamente por persoal funcionario dos corpos ou escalas de que se trate. Ningunha persoa integrante terá titulación inferior á esixida para a admisión ás probas.

A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade cos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

A designación de titulares e suplentes será a seguinte: — Presidente: D. Gonzalo Osorio Ledo.

— Suplente: D. José Manuel Vázquez Montes. — Vogal: D. Julio Antonio Cuñarro Taboada. — Suplente: D. Jesus Angel Ledo Cores. — Vogal: D. Juan Carlos Lagos Calvo.

— Suplente: D. Francisco Javier Fernández González. — Vogal: D. Mónica Legaspi Díaz.

— Suplente: D. José Manuel Otero Castiñeira. — Vogal: D. Antonio Rivas Folgueira

— Suplente: D. Clemente Fradejas Morillo. — Secretario: D. Rafael del Barrio Berbel. — Suplente: D. Susana Martinez Rodríguez.

SEXTA. Sistemas de Selección e Desenvolvemento dos Procesos