Funding Allocation
SEC 201 DEFINITIONS.
Art. 98. Definición e obxecto
1. Estas normas xerais son as condicións ás que se terá que axustar a edificación polas súas propias características e pola relación co contorno.
2. Son de aplicación con independencia da clase de solo na que se asente a edificación, agás que se especifique o contrario na normativa de carácter particular.
3. O seu contido describe e reflicte as esixencias físicas que se establecen e cuantifican posteriormente nas condicións particulares para cada clase de solo, que afecten á parcela para poder considerala edificable, e as esixencias mínimas que en calquera dos casos deberá reunir cada construción en relación co contorno.
Art. 99. Clases de condicións contidas no presente capítulo
A edificación haberá de cumprir as condicións que se detallan nos artigos seguintes, referentes aos seguintes aspectos:
− Condicións das parcelas.
− Condicións de posición na parcela. − Condicións de ocupación da parcela. − Condicións de edificabilidade. − Condicións de volume e forma. − Condicións de calidade e hixiene.
− Condicións das dotacións de servizos dos edificios. − Condicións de acceso e seguridade.
− Condicións estéticas.
Art. 100. Outras condicións ás que se terá que axustar a edificación
A edificación deberá satisfacer, ademais, as condicións contidas nas Normas Xerais de Uso, en función do uso ao que se destine o edificio ou os locais, agás indicación en contra na Ordenanza de aplicación na que se atope ou ben na ordenanza particular do planeamento incorporado ou de desenvolvemento que a conteña, de ser o caso, se ben estes últimos poderán establecer condicións particulares máis restritivas sen chegaren a desvirtuar as presentes Normas.
Art. 101. Definicións de conceptos.
Aos efectos do presente PXOM recóllense neste apartado aqueles termos que non se definen noutros artigos, e cantas veces se empreguen estes termos que de seguido se indican, terán o significado que con nitidez se expresa nos apartados seguintes:
ALIÑAMENTO ACTUAL: Son os lindeiros das parcelas cos viarios ou espazos libres públicos existentes.
RECUADO: É o ancho da faixa de terreo comprendida entre a aliñación oficial e a liña de edificación, cando estas non coincidan.
CESIÓNS de VIARIO: É a superficie da parcela orixinal que queda afectada polas aliñacións oficiais dos viarios definidos no planeamento, superficie que os propietarios deberán ceder (ben directamente nas zonas de ordenación directa ou a través do correspondente instrumento no caso de areas de reparto) para que a parcela sexa edificable de acordo coas determinacións do planeamento.
Plan Xeral de Ordenación Municipal de Salceda de Caselas Normativa Urbanística 66 Documento para Aprobación Inicial
RASANTE: É o perfil lonxitudinal dunha vía e, fóra dos núcleos de poboación ou para zonas afastadas das vías tamén pode referirse o perfil do terreo natural en contacto coa edificación.
SUPERFICIE OCUPADA: É a comprendida dentro dos límites definidos pola proxección vertical sobre un plano horizontal das liñas externas de toda construción (excluídos os voos dos aleiros na liña de cornixa).
SUPERFICIE TOTAL EDIFICADA: É a resultante da suma das superficies edificadas de tódalas plantas.
SUPERFICIE ÚTIL: Enténdese por superficie útil dun local a comprendida no interior dos seus paramentos verticais e que é de directa utilización para o uso a que se destine. É superficie útil dunha planta ou do edificio a suma das superficies útiles dos locais que o integran. A medición da superficie útil farase sempre a cara interior de paramentos terminados.
CUARTEIRÓN OU MANZANA: Entenderase por cuarteirón ou manzana a porción de solo que contén unha agrupación de varias parcelas xuntas, unhas coas outras, cando o dito conxunto quede completamente delimitado por espazos de dominio público (vías, prazas, espazos libres, etc.).
VIVENDA: Espazo pechado, destinado a aloxamento habitual de persoas, para o desenvolvemento das funcións humanas elementais, en condicións de funcionalidade, seguridade, e habitabilidade axeitadas. As definicións dos espazos e elementos das vivendas serán as recollidas nas NHV.
VIVENDA EXTERIOR: Será aquela que cumpra coas determinacións establecidas polo presente PXOM relativas ás condicións dos espazos exteriores a que poderán abrirse ocos de ventilación e iluminación das estancias e a cociña da vivenda.
ESPAZO LIBRE EXTERIOR DE CALIDADE: Un espazo libre exterior de calidade, xa sexa público ou privado, será aquel determinado polo planeamento que estará deseñado seguindo criterios de calidade ambiental e sustentabilidade e dotado de servizos e equipamento acordes co uso que se desenvolva nas edificacións as cales sirva.
PORTAL: É o local que se desenrola entre a porta de entrada do edificio e as escaleiras e ascensores, se os houbese. EDIFICIO EXENTO: É aquel que está illado e separado totalmente doutras construcións por espazos libres de edificación. EDIFICIO EXCLUSIVO: É o que cumpre coa condición de que en tódolos seus locais se desenvolvan actividades
comprendidas no mesmo uso.
PREEXISTENCIAS: Baixo este común denominador agrúpanse todos aqueles elementos ou grupos de elementos do medio físico, tanto naturais como artificios do home, tanto orgánicos como inorgánicos, que son determinantes para a configuración formal, funcional e estrutural do territorio. Veñen ser, no seu conxunto, o que se deu en chamar paisaxe histórica, constituíndo o legado histórico-cultural máis vivo e concreto do que se dispón sobre do pasado e pedra angular do porvir.
ESPAZOS DE DOMINIO PÚBLICO LIBRE DE EDIFICACIÓN: Son aqueles que se coutan -agás excepcións- ao feito edificatorio. Divídense en dous grandes tipos:
a) SISTEMA VIARIO.
É o que se destina ao tráfico e transporte de persoas e mercadorías, tanto para uso de vehículos automóbiles como para o tránsito de peóns. As vías poden ser de dominio público ou privado (se así o determina o planeamento expresamente).
b) ESPAZOS LIBRES E ZONAS VERDES.
Son os que se destinan a parques públicos, xardíns, zonas verdes, no seu caso, as áreas peonís, prazas, zonas asoportaladas para o lecer, repouso e/ou espallamento da poboación.
Tamén terán esta consideración as plantas baixas libres dos edificios, sempre que se destinen a zona de espallamento de xogo de nenos ou semellante e non se poidan ocupar por vehículos en ningún momento; os espazos poderán ser de dominio público ou de dominio privado. As condicións para as edificacións que se poidan acometer nestes espazos fixaranse na correspondente ordenanza.
Plan Xeral de Ordenación Municipal de Salceda de Caselas Normativa Urbanística 67 Documento para Aprobación Inicial
ACCESIBILIDADE: É o grao de utilización e deleite de maneira autónoma que deben ter as persoas con independencia da súa condición física, psíquica ou sensorial, que determinan as características do deseño dos espazos urbanos, as edificacións dos medios de transporte e sistemas de comunicación.
BARREIRAS: Son os impedimentos de calquera caste que contan a accesibilidade, a liberdade de movementos, a estancia, a circulación e a comunicación sensorial das persoas con mobilidade reducida ou calquera outra limitación.
Art. 102. Aplicación das condicións contidas nas NHV para os edificios
Complementariamente a respecto do que se indicaba no Art. 60 a respecto da vivenda, nos seguintes apartados iranse desenvolvendo as condicións aplicables agrupadas en función do esquema básico alí recollido, pero neste caso para o edificio.
CONDICIÓNS DO EDIFICIO EN RELACIÓN AS NHV. 1. Condicións do edificio en relación co espazo exterior.
Mantéñense con carácter xeral as establecidas nas NHV, coas particularidades que se establecen na presente normativa a respecto dos voos e outros elementos exteriores das edificacións.
2. Condicións dos espazos comúns.
1. Mantéñense con carácter xeral as establecidas nas NHV, coas particularidades que se establecen na presente normativa a respecto dalgúns dos elementos dos espazos comúns e as que se citan nos puntos seguintes .
2. As escaleiras de uso público do edificio cumprirán ademais das establecidas nas NHV, as condicións seguintes: a) En escaleiras de interior dunha vivenda unifamiliar ou dúplex, enténdese por dúplex unha vivenda que dentro dun edificio de vivenda multifamiliar se desenvolve ocupando total ou parcialmente máis de unha planta comunicadas entre si, poderán ter menores anchos, maiores pendentes e mesetas partidas ou compensadas. En tódolos demais casos prohíbense expresamente as mesetas en ángulo partidas ou compensadas, cando sexan de tramos rectos.
b) Cumprirán en todo caso as condicións do CTE e as restantes condicións xerais das escaleiras recollidas no PXOM que non contradigan as específicas deste uso.
3. Os ascensores cumprirán as condicións establecidas nas NHV, e as do Art. 165 que non as contradigan. 4. Cumprirase en todo caso a regulación establecida por razóns de protección de incendios polo CTE. 3. Condicións dos patios interiores e rochos.
Mantéñense as establecidas nas NHV. 4. Condicións dos garaxes colectivos.
1. Toda edificación de nova planta, destinada exclusiva ou parcialmente ao uso residencial, deberá contar polo menos co número mínimo de prazas de aparcadoiro que indiquen as condicións particulares de ordenanza ou ámbito establecidas na presente normativa que sexan de aplicación.
2. Os garaxes-aparcadoiros deberán cumprir as condicións do TÍTULO II.Capítulo II.Sección 3ª.Subsección 6º e no Art. 166 destas Normas que non contradigan o establecido nas NHV.
3. Naqueles supostos nos que nunha parcela ou finca se atopasen restos arqueolóxicos que houbese que conservar, a disposición do garaxe aparcadoiro deberá adaptarse para garantir a súa conservación.
4. Os garaxes colectivos adaptaranse ás condicións establecidas nas NHV, salvo que por razón de conflitos con outras lexislacións ou ámbitos de protección (como o sinalado no punto anterior), ou polo establecido nas condicións particulares de ordenanza ou ámbito, fose imposible acadar esas condicións.
Plan Xeral de Ordenación Municipal de Salceda de Caselas Normativa Urbanística 68 Documento para Aprobación Inicial
5. Condicións de servizos e instalacións dos edificios.
1. As instalacións dos edificios (saneamento, augas pluviais e residuais, auga corrente fría e quente, enerxía eléctrica, calefacción, aire acondicionado, evacuación de fumes e gases, ventilación, gas, teléfono, telecomunicación, rede de interfonía co portal do edificio, instalación de paneis solares -se é o caso, segundo o DB-HE 4 do CTE.-, antenas de comunicacións, etc) deberán cumprir as condicións establecidas nos regulamentos correspondentes vixentes en cada materia e na regulación xeral da edificación, en función dos usos a desenvolver nela.
2. Ademais deberanse cumprir as condicións particulares establecidas en cada materia na presente normativa, principalmente nos distintos puntos do TÍTULO II., Capítulo III., Sección 8ª.
3. En todo caso deberanse cumprir as condicións das NHV.
Sección 2ª. Condicións das parcelas Art. 103. Definición
Son as condicións que debe cumprir unha parcela para poder ser edificable. Enténdese por parcela a superficie real de terreo deslindada como unidade predial independente.
Art. 104. Aplicación
Son de aplicación nas obras de nova edificación recollidas no Art. 24 da presente Normativa Urbanística, agás nas de reconstrución e regúlanse na Ordenanza zonal de aplicación ou nas figuras de planeamento incorporado ou de desenvolvemento do Plan Xeral.
Art. 105. Definicións básicas da parcela
Superficie bruta da parcela é a dimensión superficial, en proxección sobre plano horizontal, da área comprendida dentro dos lindeiros dunha parcela.
Parcela mínima é a superficie que dende a presente Normativa Urbanística (na Ordenanza zonal) ou na particular do planeamento de desenvolvemento se defina como mínima para ser edificable. No caso de que non se indique outra cousa na ordenanza aplicable a esixencia de parcela mínima entenderase referida a parcela bruta. Do mesmo xeito, no caso de que non se indique outra cousa na ordenanza aplicable a esixencia de parcela mínima entenderase referida aos efectos da reparcelación ou subdivisión de parcelas, por tanto poderase admitir a edificación en parcelas iniciais inferiores a esa superficie nas condicións particulares que poida establecer cada ordenanza.
Enténdese por parcela edificable a delimitada polas aliñacións oficiais co espazo público ou con outras zonas de ordenación, quedando incluída dentro da delimitación dalgunha das zonas de ordenanza e que cumpre coas condicións urbanísticas fixadas polo planeamento urbanístico que conteña a ordenación detallada desta zona.
Art. 106. Delimitación e identificación das parcelas
As parcelas delimitaranse e identificaranse mediante os seus lindeiros e a súa superficie. Os soares, ademais, mediante o nome da rúa á que dean fronte e o seu número de policía dentro delas, que estarán reflectidos no plano parcelario municipal, ou nos planos dos proxectos de reparcelamento, parcelamento ou compensación que se aproben e, no seu defecto, nos planos catastrais.
Art. 107. Lindeiros
1. Son as liñas perimetrais que delimitan unha parcela e a distinguen das súas lindeiras. A súa dimensión medirase en proxección sobre plano horizontal.
2. É lindeiro frontal o que delimita a parcela coa vía ou espazo público ao que dea fronte, podendo ser a dúas rúas, se se trata dunha parcela de esquina. Este lindeiro correspóndese coa Fronte de parcela que se establece como condición, en diversas zonas de Ordenanza.
Plan Xeral de Ordenación Municipal de Salceda de Caselas Normativa Urbanística 69 Documento para Aprobación Inicial
3. En parcelas cun único lindeiro frontal, entenderase como testeiro, ou lindeiro de fondo, o oposto ao frontal e o resto serán lindeiros laterais. En parcelas con máis dun lindeiro frontal, serán lindeiros laterais os restantes.
Art. 108. Aliñación oficial, exterior ou pública
1. É a liña sinalada polo planeamento para establecer o límite que separa os solos destinados a vía pública ou espazos libres públicos.
2. Nas parcelas xa edificadas e en ausencia doutra definición de aliñación exterior, considerarase como tal a liña marcada pola intersección do peche da parcela ou da fachada do edificio, no seu caso, co terreo, con independencia da regulación de chafráns.
3. As aliñacións adquirirán o carácter de oficiais á aprobación definitiva do Plan Xeral ou dos documentos que os desenvolvan. As sinaladas neste Plan Xeral, poden atoparse, ben nos planos de ordenación, ben no presente documento.
Art. 109. Chafráns
É o truncado da intersección de dúas aliñacións oficiais en fachada. Terá o carácter de aliñación oficial de fachada e virá definido por unha corda cunha lonxitude de ata 3,00 m (perpendicular á bisectriz do ángulo que conforman ámbalas dúas aliñacións de fachada). Será obrigatoria esta disposición sempre que se produza unha intersección de rúas ou aliñacións que formen un ángulo igual ou inferior a 120º, aínda cando non estea expresamente grafitado nos planos de ordenación, agás que afecte a edificacións existentes que se pretendan manter (nestes casos o chafrán adaptarase como máximo a liña de fachada da edificación) ou as sometidas a algún grao de protección patrimonial (nestes casos se o peche ou a parcela están protexidos non se variará a súa configuración, e se non é así, o chafrán adaptarase como máximo a liña de fachada da edificación).
Art. 110. Peches de parcela
Constitúen a materialización construtiva dos estremeiros dunha parcela, ben co espazo público ou ben con propiedades lindeiras, debéndose axustar a súa construción con carácter xeral ás determinacións dos puntos seguintes, e ademais, as que se deriven de cuestións estéticas (Art. 177) ou paisaxísticas (Art. 268), mais todas aquelas condicións especificas que pola clasificación de solo ou pola ordenanza especifica poidan ser de aplicación. 1. Cerramentos a fronte de parcela:
1.1. Deberán recuarse obrigatoriamente das vías públicas, calquera que sexa a súa condición, o que sinala a Ordenanza de aplicación, segundo o PXOM, ou, no seu caso, a lexislación sectorial aplicable.
1.2. A súa altura máxima limítase a 1,80 mts., sobre o terreo en contacto co cerramento ou muro, polo exterior, debendo construírse cunha zona inferior maciza, de altura media 0,90 mts., sen exceder, no punto máis desfavorable a altura de 1,20 mts. Os muros ou peches tradicionais poderán manter a súa dimensión, configuración e disposición construtiva orixinal e permitirase prolongar este tipo de peches coas mesmas condicións tipolóxicas para pechar tramos entre muros xa existentes.
Esta zona inferior maciza, estará construída a base de materiais esteticamente dignos, cuxa composición, cor e textura respondan ao carácter da zona (sobre todo nas zonas tradicionais) e ao paisaxe circundante. Sobre este basamento macizo, poderán colocarse elementos diáfanos como peches vexetais, celosías lixeiras, reixas, balaustradas ou similares, ata completar a altura total establecida anteriormente de 1,80 mts. Con carácter excepcional, o Concello poderá establecer a obrigatoriedade de utilización de determinados materiais, naquelas zonas nas que, polo seu carácter histórico, monumental ou paisaxístico, sexa conveniente a utilización de solucións construtivas semellantes.
1.3. Non obstante o anterior, autorizarase a construción de portais nos cerramentos a vía pública para acceso de vehículos, coas seguintes condicións:
Plan Xeral de Ordenación Municipal de Salceda de Caselas Normativa Urbanística 70 Documento para Aprobación Inicial
b) A súa lonxitude máxima limítase a 5,00 mts de fronte, sempre que a lonxitude da fronte de parcela sexa igual ou superior a 12 mts., condición indispensable para a construción do portal.
c) Utilizarase unha zona inferior maciza en alzado ata unha altura máxima de 2,10 mts. d) En ningún caso autorizarase máis dunha portada destas características por parcela.
1.4. No caso da existencia de desniveis entre a parcela e a rasante oficial, cuxa diferenza non poida ser absorbida pola zona inferior maciza do cerramento, distinguiranse dous supostos:
a) Diferenza de cota igual ou menor de 1,50 mts. O cerramento debera resolverse con noiros axardinados, ben no exterior, recuando o devandito cerramento, ben ataudando cara ao interior, dende o cerramento, establecendo en ambos casos o Concello a solución máis conveniente en función do carácter da contorna, debéndose, no primeiro caso, axardinar o espazo de recuado, se así o dispón o Concello.
b) Diferenza de cota superior a 1,50 mts. Neste suposto, con concorrencia de circunstancias especiais relativas á topografía orixinal e características xeolóxicas do terreo, poderá solicitarse excepcionalmente o peche de parcela mediante muro de contención, sendo en calquera caso competencia municipal a consideración das devanditas circunstancias xustificativas para a aprobación ou denegación da mesma, así como a fixación da altura máxima en cada caso, sempre que se cumpran ás limitacións recollidas no artigo Art. 113 para o grupo que corresponda en cada caso e as seguintes determinacións:
- O terreo orixinal da parcela presentará un desnivel, respecto da rasante oficial, non inferior á altura do muro previsto, sen a existencia de recheos que alteren a cota orixinal.
- A parte cega do muro de contención non será superior a 2,00 mts., sobre a rasante, debéndose rematar o muro mediante celosía balaustrada ou elementos semellantes, cunha altura máxima de 0.80 mts.
- En calquera caso, a solución terá sempre como obxecto conter as terras existentes, rexeitándose toda solución que implique o aumento de nivel de terras da parcela sobre as cotas primitivas. 1.5. As árbores que poidan alcanzar un porte superior a 2,10 mts. de alto, non poderán plantarse a menos de 2,0 mts. de distancia da aliñación, sen prexuízo da separación que, noutro caso teñan que gardar para o cumprimento doutro tipo de afeccións por estradas ou enclaves protexidos.
1.6. En ningún caso, o cerramento, a vexetación nin os accesos ás propiedades interromperán ou modificarán as enxurradas das cunetas ou marxes dos camiños ou estradas, establecéndose a obrigatoriedade de colocar nos puntos de paso, con lonxitude non superior a 6,00 mts por acceso, a obra de drenaxe das dimensións que correspondan en función da conca vertente, ou a cubrición da cuneta existente cunha reixa de sumidoiro, nunha lonxitude máxima de 8,00 mts.
2. Cerramentos a lindeiros
2.1. En tanto non exista unha construción, o cerramento debera construírse de acordo coas características indicadas no apartado 1 anterior, cunha altura máxima de 1.80 mts. admitíndose, na parte diáfana do cerramento, postes ou aramado de malla metálica plastificada. Excepcionalmente permitiranse cegos cando exista un acordo entre lindeiros.
2.2. No caso de que exista unha diferenza de cota entre parcelas lindeiras, o cerramento correspondente á parcela situada a cota inferior, non poderá remontar con materiais opacos a rasante natural da parcela superior do colindante nunha altura superior a 1.20 mts., podendo completar con elementos diáfanos, ata unha altura total de 1,80 mts. sobre a rasante superior.
En ningún caso autorizarase a construción dos cerramentos entre parcelas lindeiras, que tendo rasantes a diferente cota, comporte muros ou cerramentos cuxa superficie opaca, medida dende a rasante inferior supere unha altura de 3,00 mts., debendo en casos de maior desnivel, utilizarse a solución de noiros interiores, para diminuír a altura dos