• No results found

Chapter 6 Future Research

6.3 Summary

Centrando a nosa atención na primeira columna do cadro anterior ten interese averiguar como distribuen os prestamistas os seus fondos en condicións de incerteza. É dicir ¿Como afecta a incertideza ó criterio que os banqueiros usan

na formación das súas opinións relativas o risco de insolvencia? Voltemos novamente a Keynes31, para revisar a súa análise da toma de decisións en condicións de incerteza

Na práctica temos chegado tácitamente ó acordo, como si fora unha regra, que respalda o que en realidade é unha convención. A esencia desta convención…….. consiste en asumir que o estado actual dos negocios existentes, pode continuar indefinidamente, excepto si mais tarde emerxen razóns especificas que nos fagan agardar un cambio. Esto non quere dicir que creamos en realidade que o estado actual dos negocios continuará así indefinidamente. Sabemos por experiencia que isto é moi pouco probable….. Estamos asumindo, en efecto que a valoración actual a que teñen chegado os mercados, é especialmente correcta……ainda que filosóficamente falando non pode ser especialmente correcta, xa que os coñecementos existentes non nos proporcionan base abondo para calcular a esperanza matemática de acontecementos futuros.

No Treatise on Probability, Keynes32 indica tamén que:

”Os Balances futuros dos bancos e os dos seus clientes non poden ser anticipados, usando técnicas de probabilidade cuantitativas.(O feito de que os bancos poidan ser forzados a expresar o risco de insolvencia en forma cuantitativa, por medio da dotación de provisións, non proba nada sobre as razóns polas que esa técnica pode xustificarse). Baixo condicións de incerteza (ou de risco non cuantificable), o prestamista non pode aceptar que os seus

31

Keynes, J. ,op. cit., 1936, pp.152 32

Keynes, J.M. “Treatise on Probability”. Collected Writings. Vol. VIII. London. Mac Millan for the Royal Economic Society

hábitos ou opinións baseadas no pasado, sirvan de base ás accións futuras. O futuro en condicións de incerteza non é unha simple réplica do pasado.

Noutras verbas, sabemos o que non coñecemos do futuro. Pero actuamos como si o soubéramos, contando coas nosas convencións. Keynes 33puntualiza

tamén que estas convencións poden ser tomadas con varios graos de confianza:

O estado das expectativas a longo prazo , sobre o que se asentan as nosas decisións, non dependen soamente, en consecuencia, da previsión mais probable que poidamos elaborar. Depende tamén da confianza coa que nós mesmos facemos esta previsión, sobre a que de forma absoluta estimamos a probabilidade das nosas mellores estimacións, polo que, diante dun revés, abandonamos bastante rápidamente.

Keynes denomina a esta situación como estado de confianza.

Hai varias implicacións do punto de vista de Keynes que poden aplicarse na análise da decisión bancaria de prestar:

Malia a existencia de incerteza, os banqueiros fan opinións formais sobre as posibilidades de repagamento dos prestatarios34. Estas opinións son influenciadas por varias convencións, e poden ser mantidas con firmeza ou febleza, pero son opinións, a pesares de todo. E forman ademais a base da concesión do crédito.

33

A convención de prestar depende da asunción inicial da hipótese de que o estado actual dos negocios continuará igual no futuro. En consecuencia, os solicitantes de financiación que teñen unha historia pasada de atención as súas obrigas de pago, e manteñen unha sólida condición financeira serán os preferidos po los banqueiros.

As convencións da concesión de crédito, poden ser soportadas con diversos graos de confianza. Isto é relativamente importante en relación coas condicións do entorno macrofinanceiro. Conforme estas condicións cambian, un banco pode revisar a súa opinión sobre o grao de risco dun crédito potencial. Así poderá acontecer en particular coa hipótese de que o futuro se contemplará como unha extensión da lóxica do pasado. Si o estado de confianza non é forte, a opinión poderá cambiar con maior facilidade.

Esta observación implica dúas cuestións adicionais: Primeiro ¿con qué intensidade e xeralidade cambiará a opinión dos banqueiros, en resposta ós cambios nas condicións? Segunda ¿Cambiarán estas opinións dalgún xeito sistemático?

Se aplicamos a versión keynesiana35 sobre os cambios nas opinións dos axentes nos mercados de valores, traéndoa por extensión ó contexto bancario a resposta é nidia abondo:

34

O posicionamento Neokeynesiano, a pesares do seu énfase na incapacidade dos banqueiros para xuzgar o risco dos proxectos, dentro dun grupo definido, reclama tamén que os banqueiros poden clasificar ós demandantes de crédito en diferentes grupos baseándose nos diferenciais de risco.

35

Unha avaliación convencional, que se establece como resultado da psicoloxía de masas dun gran número de individuos ignorantes, está suxeita a cambios violentos, como resultado de repentinas fluctuacións de opinión debidas a factores que non establecen en realidade moita diferencia nos resultados esperados; en consecuencia, non haberá conviccións fortes e tan enraizadas como para mantelas con firmeza.

Estes súpetos cambios de opinión pode esperarse que afecten a moitos banqueiros de xeito simultáneo. Está na natureza da convención que a maioría da xente se adhiere a ela quedando ó marxe moi pouca.

Dow36 aborda o problema dos cambios de opinión bancarios e a súa incidencia sobre a economía real manifestando que:

……”a consideración do risco esta suxeta a incerteza e está ademais cruzada por tendencias discretas , que siguen modelos evolutivos sistemáticos que poden supoñer unha perda da interrelación entre os desenvolvementos da economía real e da economía financeira.”

Pero si o risco non pode ser determinado de modo axeitado, empregando métodos cuantitativos, convírtese en incerteza. Para tentar de limitar a incerteza presente, a distinción entre demanda solvente e non solvente toma unha significación ampliada. En particular, xa que a opinión convencional é como indica Hodgson37, mais una fenómeno macro ca microeconómico, os

resultados do racionamento de crédito e da capitalización bancaria deixan de ser un fenómeno puramente microeconómico. O racionamento, como resultado das opinións convencionais e da solvencia do crédito, pode entonces aplicarse a toda clase de prestatarios. Mais aló da consideración de que os bancos

36

mesmos poidan estar baixo unha situación particular de mercado, atopándose en xeral con dificultades para conseguir o capital necesario para respaldar a súa crecente actividade crediticia, o racionamento dos propios bancos pode convertirse nun fenómeno xeral.

II. 7 Ideas sobre a dinámica do racionamento de crédito

Related documents