Chegados a este punto, o anterior sinalaba que, en xeral, unha expansión crediticia e o acceso ó endebedamento, facía que a xente de menores recursos puidera acceder ó crédito e incrementar o consumo. Isto pode ter efectos favorables na redistribución do consumo, sen embargo, o abuso do crédito, pode traer consecuencias desfavorables para moitos axentes. Con isto referímonos a que se os axentes acceden en exceso ó canal do crédito, iso pode facer que se debilite a súa posición financeira, e se abusan do endebedamento, poden verse inmersos nunha situación de inestabilidade e fraxilidade financiera. Ante esa inestabilidade, e tal e como se sostén en Krugman (2012), p.58, calquera desaceleración económica pode causar unha crise importante como resultado da cascada de quebras. Se mantemos a hipótese de que os que máis recorren ó endebedamento para consumir son os de menor renda, o exceso de endebedamento pode incidir de xeito notorio no incremento das desigualdades do consumo, pero tamén nas desigualdades da renda e riqueza.
Os grandes efectos negativos do sobre-endebedamento e a debilidade financeira, poden comprobarse nunha vasta literatura29. A título de exemplo podemos recoller a Brown (2004), quen falando da situación económica de EEUU, sostiña que “o crecemento (económico) pode que non sexa posible, a menos que un segmento importante da poboación siga disposto a pedir prestado nunha escala que cree ou intensifique a presión presupuestaria sobre eses fogares”.
Brown (2007) analiza as consecuencias perniciosas da inestabilidade financeira froito da gran cantidade de débeda que sosteñen os fogares; e Barba e Pivetti (2009), argumentan que o estancamento dos ingresos reais en EEUU, conduciu cara un endebedamento que fixo que a poboación consumira por encima das súas posibilidades.
Pola súa parte, Niño-Becerra (2013) reitera na súa obra os efectos perniciosos do sobre-endebedamento, onde podemos citar a título de exemplo a páxina 85. Este autor sostén que durante o crecemento económico, o sobre-endebedamento pode disimularse utilizando máis crédito para manter o nivel de consumo, pero cando se produce un freazo económico, as consecuencias poden ser moi malas.
Krugman (2012) tamén fai referencia as desfavorables consecuencias do exceso de endebedamento das familias. Este autor sostén que nunha economía en
29
Debemos recordar que aínda que reduza a desigualdade no presente, debemos ter en conta que comprar a crédito é anticipar o consumo, e se anticipamos en exceso, teremos que reducirlo posteriormente.
Actividade financeira e desigualdade: unha panorámica xeral e o caso europeo nos últimos anos expansión, a xente ten moitas facilidades para endebedarse, sobre todo se existe un crecemento no prezo os activos. Unha vez que se termina a expansión crediticia, poden darse dúas situacións. Por unha banda, que os niveles de débeda sexan relativamente baixos, o que resultará en escasos sucesos económicos negativos. Por outra banda, se o nivel de débeda dunha economía é elevada, calquera alerta pode activar a recesión. Segundo Krugman (2012), o efecto inmediato ten pouca importancia, o importante será cando os prestatarios descubran os riscos da débeda que posúen, os deudores veranse obrigados a iniciar o desapalancamento, creando deste xeito, unha recesión importante.
Como vemos, os posibles riscos de incrementar o consumo con débeda están no sobre-endebedamento e nas súas perniciosas causas. Neste aspecto temos que recorrer a un referente na materia como é o caso de Minsky, quen nos seus traballos sobre as crises financeiras ofrece unha explicación dos posibles efectos do sobre- endebedamento30. Minsky, tal e como podemos ver en Galindo (2008), sostén que cando os axentes comezan a ver insostible o proceso de crecemento e de sobre- endebedamento, prodúcese o chamado “momento Minsky”. A xente comeza a “toma de beneficios”, facendo que os prezos se estabilicen, e comezan a xerarse máis dúbidas sobre a inestabilidade. Posteriormente comezan as ventas masivas, os prezos caen, o crédito contráese (xa que non se poden garantir a débeda cos activos, por exemplo), prodúcense quebras financeiras e etc., polo que entramos nunha crise, onde os máis prexudicados, soen ser os de menores rendas.
Os de menores rendas soen ser os principais afectados porque estes son os primeiros que perden os seus empregos ante as recesións, xa que os principais despidos son para os de menor formación, de menor especialización …
A maiores, estas familias tamén son as que máis sofren as consecuencias da caída dos valores dos colaterais e/ou da contracción crediticia. Isto é debido a que os de menores rendas soen ser os primeiros que ven pechadas as portas dos créditos, xa que posúen menores propiedades ou, as que posúen teñen unha alta proporción de endebedamento; o que xunto coas baixas expectativas de percepción futura de rendas (derivadas polo maior desemprego), pechanselles as portas do financiamento.
Adicionalmente ó anterior, a maior porcentaxe de débeda sobre os ingresos soena ter tamén os de menor renda. Isto podemos corroboralo no caso de España nos gráficos 5 e 6, xa que os fogares de menores posibles son os que gastan máis do que
30
Unha visión máis detallada e comprensiva da explicación relativa ós chamados, Momentos Minsky, pódese ver o capítulo 2 de Kindleberger (2012).
Actividade financeira e desigualdade: unha panorámica xeral e o caso europeo nos últimos anos ingresan, e por tanto, cando estoura a crise, serán os que posúen un maior apalancamento.
Como resume, vemos que o acelerador financeiro pode axudar a reducir as desigualdades no consumo amplificando o efecto da obtención de rentas e do aumento da riqueza. Sen embargo, se se abusa desta vía, pode darse lugar a sobreendebedamento, e que aquelas familias que tiveran que recurrir ó endebedamento, agora teñan que desapalancarse, aforrar, consumir menos. Como os que máis se endebedan soen ser os de menores rendas, isto derivará nun incremento da desigualdade no consumo.