• No results found

Pazo do Parlamento, 20 de abril de 2017

Asdo.: Concepción Burgo López

Luis Álvarez Martínez

José Antonio Quiroga Díaz

Raúl Fernández Fernández

María Luis Pierres López

Deputados e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Maria de la Concepción Burgo López na data 20/04/2017 12:18:09

Luis Manuel Álvarez Matínez na data 20/04/2017 12:18:17

José Antonio Quiroga Díaz na data 20/04/2017 12:18:27

Raúl Fernández Fernández na data 20/04/2017 12:18:33

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected] Á Mesa do Parlamento

Noela Blanco Rodríguez, Abel Losada Álvarez, Raúl Fernández Fernández, José Manuel Pérez Seco e María Luisa Pierres López, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta escrita.

A zona industrial das Coiñas, en Ourense, no que na actualidade hai 21 empresas de diferentes sectores con máis de 500 postos de traballo, é o resultado dunha suma de actuacións executadas ao longo dos anos 70 e 80 do pasado século levadas a cabo á marxe do planeamento urbanístico. Como consecuencia da falla de planificación, a día de hoxe estamos ante un espazo de carácter industrial desenvolvido sen dotacións e infraestruturas axeitadas, e con deficiencias nos servizos de complexa resolución.

Por iso, o Plan xeral de ordenación municipal de Ourense, aprobado inicialmente polo Pleno Municipal do 8 de novembro de 2013, contemplaba importantes actuacións neste ámbito, recollidas no artigo 87 da normativa urbanística baixo a denominación Plan especial de mellora do medio urbano do polígono empresarial das Coiñas-O Vinteún, coas seguintes especificacións:

“O Plan especial desenvólvese no ámbito do polígono empresarial das Coiñas-O Vinteún, delimitado en planos de ordenación e coa clasificación de solo urbano. O Plan especial terá o carácter dun plan especial de mellora e acondicionamento do medio urbano, co obxecto de propiciar unha recualificación dos usos de almacenaxe actualmente existentes cara aqueles de carácter terciario e empresarial máis acordes coa posición que este ámbito representa no novo sistema de accesos á cidade de Ourense e a súa integración na trama urbana, así como a mellora do sistema viario, áreas de estacionamento, servizos urbanísticos e mellora ambiental. O Plan especial manterá o actual índice de intensidade edificatoria, tendo como referencia a ordenanza de solo urbano de actividade U.9, cunha altura máxima de tres andares, incluído o baixo que poderá ser incrementada nun andar máis por razóns de composición urbana. En tanto non se aprobe o presente Plan especial os terreos estarán sometidos ás condicións urbanísticas establecidas pola ordenanza U.9 de actividades”.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected] O 2 de febreiro de 2017 aprobouse no Consello da Xunta o “Acordo polo que se

autorizaba a subscrición dun convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, e o Concello de Ourense para desenvolver un plan integral de mellora das infraestruturas no polígono industrial do Vinteún (As Coiñas), por un importe total de 700.000,00 €.”

Por iso as deputadas e os deputados que asinan solicitan en resposta escrita contestación ás seguintes preguntas:

1ª) Que actuacións, incluídas no convenio de colaboración asinado co Concello de Ourense para desenvolver un plan integral de mellora das infraestruturas no polígono industrial das Coíñas, ten previsto levar a cabo a Xunta de Galicia?

2ª) Cal é o cronograma deste plan integral de mellora?

3ª) Dentro dos investimentos que vai realizar o Goberno galego no polígono industrial das Coíñas, contémplanse medidas para mellorar a seguridade laboral?

4ª) En caso afirmativo, cales son as actuacións que se van poñer en marcha no eido da prevención de riscos laborais?

5ª) Ten previsto o Goberno galego poñer en marcha durante esta lexislatura, plans de mellora en máis polígonos industriais da provincia de Ourense e, de ser o caso, en cales vai realizar investimentos?

Pazo do Parlamento, 19 de abril de 2017

Asinado dixitalmente por:

Noela Blanco Rodríguez na data 20/04/2017 12:18:16 Abel Fermín Losada Álvarez na data 20/04/2017 12:18:24

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected] Raúl Fernández Fernández na data 20/04/2017 12:18:33

Jóse Manuel Pérez Seco na data 20/04/2017 12:18:42 María Luisa Pierres López na data 20/04/2017 12:18:51

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Xosé Luis Rivas Cruz, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres,

deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego

(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita.

En 2014, no Baixo Miño detectouse por vez primeira en Galicia a presenza da

Cydalina Perspectalis, avelaíña dos buxos, de orixe asiática.

Afecta ós buxos en xeral, incidindo por tanto nos espazos públicos axardinados, pero tamén nos setos particulares e ameazando a xenética deste arbusto de tanto arraigo e prestixio no noso País.

Trátase dunha especie, unha vez máis asiática, que se alimenta principalmente das follas podendo pasar posteriormente ós brotes novos, danando seriamente a planta e provocando o seu deterioro e mesmo a morte.

Estamos a falar pois, dun problema de sanidade vexetal que vai pra tres anos foi detectado e non nos consta que fose activado desde o Servizo correspondente ningún protocolo de actuación, investigación... Claro que xa sabemos do problema estrutural de falta de medios humanos profesionais (expertos en fitopatoloxía) derivado da falta de interese (deixación de funcións) que se gasta a Consellería.

A estas alturas a praga está xa presente tamén en terras da Coruña, Oleiros... e camiña cara ó interior prometendo unha total impunidade mentres arrasa con este

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

arbusto tan señorial e tan popular que noutrora formou parte de apeiros, coitelos, garlopas e instrumentos musicais.

Por todo isto formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta escrita: - Que medidas se tomaron ou pensan tomar desde o goberno galego para facer fronte a esta praga?

- Pensan poñer remedio á carestía de persoal de investigación dependente da Consellería de Medio Rural para atallar este e outros problemas do presente e os que vaian xurdir no futuro?

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Asdo.: Xosé Luis Rivas Cruz

Noa Presas Bergantiños Olalla Rodil Fernández Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres Ana Belén Pontón Mondelo

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

Xose Luis Rivas Cruz na data 20/04/2017 17:26:21

Noa Presas Bergantiños na data 20/04/2017 17:26:26

Olalla Rodil Fernández na data 20/04/2017 17:26:31

María Montserrat Prado Cores na data 20/04/2017 17:26:38

Xosé Luis Bará Torres na data 20/04/2017 17:26:43

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Xosé Luis Rivas Cruz, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a

seguinte Pregunta para a súa resposta escrita.

As previsións para o pasado 19 de abril informaban dun vento do noroeste de 60 km/h na Costa da Morte.

Estas previsións foron superadas con creces, e á alerta no mar sumáronse unha seria ventoeira (145Kms/h ) que avivou lumes, destruíu cornisas, derrubou árbores...

Todo isto provocou unha singular e desastrosa situación:

-Tres lumes forestais en Mañón, S. Sadurniño e A Capela que sumados ós dous focos un en Narón e outro nas Pontes motivaron que se fixesen poucos os medios de extinción dispoñibles.

-Caídas de árbores por toda a comarca, contedores, uralitas, tellados coma o do CPI de Valdoviño que suspendeu as clases ata o luns... cortes eléctricos...

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

-En Narón viuse interrompida a vía férrea ata que foi retirada a marquesiña que impedía a circulación dos trens.

-Desperfectos múltiples en coches polas zonas urbanas, algunha embarcación á deriva...

Non chegou a ser grave porque non lle cadrou. Nos concellos non se recibiu alerta ningunha polo que as actividades programadas con rapaces/as ían desenvolverse con normalidade. Moitas suspendéronse, pero o risco foi real pois acudiron ós locais de actividades.

Pero o máis serio de todo foi o colapso das liñas do 112 ata as 2.30h. da madrugada e non polo número de incidencias senón polo novo Programa que acusa múltiples deficiencias unido a unha escasa formación do persoal no mesmo e a un precipitado cambio de sede para a Estrada.

O caos e a improvisación, o sentimento de indefensión por parte da cidadanía e de impotencia de servizos básicos, (algúns parques de bombeiros tiveron de buscar números telefónicos na guía ou internet ), unidos a esa improvisación motivada polo traslado e estrea dun programa non suficientemente testado, motiva por parte do Grupo Parlamentar do BNG as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

-Cal foi a causa de que non se houbese previsto a situación de alerta cunha aproximación esixible acorde ós medios de predición meteorolóxica de que dispoñemos nos tempos actuais?

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Cal é a explicación racional ó caos do 112?

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Asdo.: Xosé Luis Rivas Cruz

Noa Presas Bergantiños Olalla Rodil Fernández Montserrat Prado Cores

Luis Bará Torres Ana Belén Pontón Mondelo

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Xose Luis Rivas Cruz na data 20/04/2017 17:33:17

Noa Presas Bergantiños na data 20/04/2017 17:33:22

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

María Montserrat Prado Cores na data 20/04/2017 17:33:30

Xosé Luis Bará Torres na data 20/04/2017 17:33:32

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Luis Bará Torres,

deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego

(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa a coñecer o balance que realiza o

Goberno galego dos peches da xarda para artes menores levados a cabo no ano 2017.

Dende que se estableceu o novo modelo de reparto estamos a vivir un sinvivir na pesquería da xarda. Das 1.020.996 ton. que se repartiron na NEACF ao Estado español correspondéronlle 38.010 ton., as cales hai que descontarlle 5.553 ton., quedando a ridícula cota de 32.446 ton.

O reparto é tan discriminatorio que este ano tivemos que ver como federacións provinciais como a de Lugo e A Coruña optaban por xestionar a súa cota, dado que lles favorecía en comparación a outras como Pontevedra. Unha iniciativa avalada polo recente presidente da Federación española de confrarías, o que pon de manifesto o modelo que vai defender o señor Basilio.

No sector de artes menores, as embarcacións que teñen como obxectivo esta especie puidemos comprobar a ruína do mesmo por ter que desprazarse ao Golfo de Viscaia, cos custes que tiveron, algunha pequenas embarcacións que tiveron que trasladar os seus barcos en camión e o pouco que durou a pesquería, por non falar que desenvolveron a súa actividade ao lado de outras flotas en condicións discriminatorias. Un mesmo barco galego, pescando a beira dun basco coas mesmas características, os mesmos tripulantes tivo dereito a pescar menos cantidade de xarda, menos días e no

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

peor dos casos cando o prezo baixa a menor prezo que un barco basco ou cántabro. Este o modelo que defende o Goberno galego.

Pero si esta tropelía non fose suficiente, decrétase un peche precautorio na Coruña, por terse esgotado a cota para pesca accidental, que con anterioridade estaba limitada a 300 quilos a semana. Si esta medida era desproporcionada a do peche precautorio significa que as nosas embarcacións teñen que tirar ao mar a xarda pescada accidentalmente mentres outras embarcacións a poden pescar libremente nas nosas augas e descargalas nos nosos portos con total legalidade.

Isto fainos reflexionar sobre o modelo de xestión dunha pesquería estratéxica para o sector de artes menores como a da xarda, das medidas que se veñen impoñendo dende a Comisión europea, da xestión realizada polo Magrama e a inactividade por parte da Xunta de Galiza, que é incapaz de definir unha estratexia para conseguir o mantemento da actividade da nosa flota e blindar o emprego que xera.

O ano pasado o peche para artes menores foi o 27 de agosto, e para solventar o problema o sector tivo que solicitar un adiantamento da cota para poder facer fronte a unha medida desproporcionada, levada a cabo con total improvisación que deixou ao pairo a unhas 400 embarcacións galegas. Este ano as artes menores contaron cun modelo de reparto individual por provincia e de novo asistimos ao peche provisional o pasado 13 de marzo sen ter en conta que esta é unha pesca accidental, que unha vez morta a xarda hai que tirala ao mar, que este despropósito imposibilita a actividade de artes como as vetas, os trasmallos e os miños. Ao enmallar a xarda, impide a pesca doutras especies, e o que é peor a faena estriba unicamente en tirar o peixe morto ao mar en vez de poder pescar outras especies convertendo a actividade en ruinosa e ilegal.

Unha situación kafkiana onde a Federación na vez de reclamar a exención de cota, bótalle a culpa aos armadores por non transmitir os datos e onde a Xunta de Galiza

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

está totalmente ausente, sen tomar ningunha medida que resolva o problema e garanta a actividade dos nosos pescadores.

Ponse en evidencia unha xestión calamitosa, con un goberno galego sen iniciativa, incapaz de garantir os ingresos e o mantemento do emprego, con situacións discriminatorias e medidas de peche abusivas que unicamente contribúe á perda dun dereito de pesca histórico, a someter ao sector a unha pesca irregular e o abandono da actividade.

Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

-Que balance realiza da xestión da pesquería da xarda para artes menores? -Este modelo garante a actividade da flota?

-Cantos días puido faenar unha embarcación adicada á pesca dirixida?

-Cantos quilos puido pescar unha embarcación galega? E unha cántabra ou basca?

-Cantos ingresos puido alcanzar as nosas embarcacións en contraposición a outras doutras comunidades?

-Considera razoable o peche para artes menores?

-Trasladoulle a Xunta de Galiza algunha queixa ao Goberno estatal por esta situación?

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

-É este un modelo de control do esforzo pesqueiro acaído aos tempos que corren? Quen vai asumir a responsabilidade de tanto desatino?

-Para que sirve a Xunta de Galiza se non é quen de defender un sistema que garanta unha actividade en igualdade de condicións e que exclúa a pesca accidental de estar sometida a cotas?

-Non debería dimitir alguén por tanta irresponsabilidade e improvisación e someter ao sector a unha actividade onde ten que tirar o peixe morto ao mar ou pescalo irregularmente?

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Noa Presas Bergantiños Olalla Rodil Fernández Xosé Luis Rivas Cruz

Luis Bará Torres Ana Belén Pontón Mondelo

Deputadas e deputados do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545 Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected] 15702 Santiago de Compostela

Galiza

Noa Presas Bergantiños na data 20/04/2017 17:50:12

Olalla Rodil Fernández na data 20/04/2017 17:50:16

Xose Luis Rivas Cruz na data 20/04/2017 17:50:19

Xosé Luis Bará Torres na data 20/04/2017 17:50:23

ES

2

ES

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

1. CONTEXTODELAPROPUESTA

Contexto general

Los Estados miembros de la UE son interlocutores esenciales de la Comisión Europea en la aplicación de las normas de competencia de la UE. Desde 2004, las autoridades nacionales de competencia de los Estados miembros (ANC) están facultadas por el Reglamento (CE) n.º 1/2003 del Consejo1 para aplicar las normas de competencia de la UE junto con la Comisión. De hecho, las ANC están obligadas a aplicar las normas de competencia de la UE a los acuerdos o prácticas susceptibles de tener un efecto sobre el comercio entre Estados miembros. Durante más de una década tanto la Comisión como las ANC han aplicado las normas de competencia de la UE cooperando estrechamente en la Red Europea de Competencia (REC). La REC se creó en 2004 expresamente con este fin.

La aplicación de las normas de competencia de la UE tanto por parte de la Comisión como de las ANC es un elemento fundamental para la creación de un mercado interior abierto, competitivo e innovador y resulta crucial para generar crecimiento y empleo en sectores importantes de la economía, en particular, la energía, las telecomunicaciones, el sector digital y el transporte.

Las normas de competencia de la UE son uno de los rasgos distintivos del mercado interior: cuando se falsea la competencia, el mercado interior no puede alcanzar su pleno potencial ni crear las condiciones propicias para un crecimiento económico sostenido. Un aspecto clave para profundizar y hacer más equitativo el mercado interior es garantizar que las normas que lo rigen se apliquen de manera efectiva, de modo que sus frutos lleguen a los ciudadanos. La aplicación de las normas de competencia de la UE se está produciendo a una escala que la Comisión nunca podría haber logrado por sí sola. Desde 2004, la Comisión y las ANC han adoptado más de 1 000 decisiones de ejecución; las ANC fueron responsables del 85 %. La actuación de múltiples autoridades ejerce una disuasión mucho más fuerte, efectiva y mejor para las empresas que puedan estar tentadas de infringir las normas de competencia de la UE. La Comisión habitualmente investiga acuerdos o prácticas contrarias a la competencia que afecten a la competencia en tres o más Estados miembros, o cuando la investigación sea útil para sentar un precedente a escala europea. Las ANC suelen ser las indicadas para actuar cuando la competencia se ve sustancialmente afectada en su territorio, ya que conocen cómo funcionan los mercados en su propio Estado miembro y ese conocimiento es muy valioso a la hora de hacer cumplir las normas de competencia. La actuación a escala nacional fomenta el apoyo mayoritario de la sociedad a la aplicación de las normas de competencia.

Razones y objetivos de la propuesta

Existe un potencial sin explotar para una aplicación más eficaz por parte de las ANC de las normas de competencia de la UE. El Reglamento (CE) n.º 1/2003 no abordó los medios e instrumentos por los que las ANC aplican las normas de competencia de la UE y muchas de ellas no disponen de todos los medios e instrumentos que necesitan para aplicar eficazmente los artículos 101 y 102 del TFUE:

1

Reglamento (CE) n.º 1/2003 del Consejo, de 16 de diciembre de 2002, relativo a la aplicación de las normas sobre competencia previstas en los artículos 81 y 82 del Tratado (DO L 1 de 4.1.2003, p. 1).

ES

3

ES

1. Algunas ANC carecen de garantías efectivas que les permitan aplicar las normas