• No results found

Temperature dependence of the eutectic composition Experiments investigating the effect of the eutectic composition with

6 Testing the ability to calculate heat capacity and solubility differences between enantiopure and racemic crystal

6.3.5 Temperature dependence of the eutectic composition Experiments investigating the effect of the eutectic composition with

vehículos e transporte

Ciencias Aplicadas I

a)Introdución: este módulo profesional contribúe a que o alumno alcance as competencias

para a aprendizaxe permanente e contén información para que o alumno sexa consciente da súa propia persoa e do mundo que o rodea. Trátase de facilitar a permanencia do alumnado no sistema educativo e de ofrecerlle máis posibilidades de desenvolvemento profesional e persoal. Os contidos están deseñados para consolidar hábitos de vida saudables en todos os aspectos da vida cotiá, e para ter unha visión integrada de todas as ciencias; a resolución de problemas matemáticos e a linguaxe empregada nela tamén está pensada para axudar ao alumno na súa vida cotiá e laboral. Pretenden involucrar ao alumno na súa propia aprendizaxe.

As liñas de actuación no proceso de ensino-aprendizaxe que permitan alcanzar as competencias do módulo no primeiro curso versarán sobre:

 Utilización de números e operacións para resolver problemas  Recoñecemento das formas da materia

 Recoñecemento e uso de material de laboratorio  Identificación e localización das estruturas atómicas

 Realización de exercicios de expresión oral, aplicando as normas básicas de atención ao público

 Importancia da alimentación para unha vida saudable  Resolución de problemas no ámbito científico e cotiá.

b) Obxectivos-contidos-criterios de avaliación-estándares de aprendizaxe-competencias Obxectivos

* Resolver problemas matemáticos en situacións cotiás, utilizando os elementos básicos da linguaxe matemática e as súas operacións.

* Resolver situacións cotiás utilizando expresións alxébricas e aplicar os métodos de resolución máis axeitados.

* Realizar cálculos con eficacia: cálculo mental, con lapis e con calculadora * Utilizar as TIC como medio de procura de información

*Utilizar a notación científica para representar e operar con números

*Recoñecer as instalacións e materiais do laboratorio e valoralos como recurso para realizar actividades prácticas.

* Identificar as propiedades fundamentais da materia nas formas en que se representa na natureza, manexando as súas magnitudes físicas e as súas unidades fundamentais en unidades de sistema métrico decimal.

* Seleccionar e empregar o método máis adecuado para a separación de compoñentes de mesturas sinxelas en relación co proceso físico ou químico en que se basea.

* Recoñecer a presencia da enerxía nos procesos naturais, e describir fenómenos simples da vida real.

58

* Identificar e localizar as estruturas anatómicas básicas, diferenciando o sistema ou aparello ao que pertencen e asociándoos ás súas funcións no organismo.

* Diferenciar a saúde da doenza e relacionalas cos hábitos de vida , recoñecendo os principios básicos de defensa fronte ás enfermidades.

* Elaborar menús e dietas equilibradas sinxelas, identificar os nutrientes contidos e adaptalos a diversas situacións e parámetros corporais.

Contidos básicos: 1.- Os números (I)

 Resolución de problemas mediante operacións básicas.

 Números naturais: escritura e representación. Operacións combinadas, xerarquía e uso da paréntese. Potencias, operacións con potencias. Cadrados perfectos, raíces cadradas.

 Números enteiros: representación na recta numérica. Valor absoluto e oposto dun número enteiro. Operacións combinadas, xerarquía e uso da paréntese. Potencias de números enteiros con expoñente natural, operacións. Uso da calculadora.

2.- Localización de estruturas anatómicas básicas:

 Niveis de organización da materia viva. Órganos, aparellos e sistemas. Relacións entre eles e as súas funcións.

 Fisioloxía do proceso de nutrición: aparellos dixestivo, circulatorio, respiratorio e excretor.

 Fisioloxía do proceso de relación: sistemas nervioso e endócrino.

 Fisioloxía do proceso de reprodución: aparello reprodutor e desenvolvemento embrionario.

3.- Diferenciación entre saúde e doenza

 Saúde e doenza: concepto e diferenciación

 Tipos de doenzas: infecciosas e non infecciosas; doenzas de transmisión sexual. Causas, prevención e tratamento.

 Mecanismos encargados da defensa do organismo. Sistema inmunitario.

 Hixiene e prevención de doenzas. Tratamento fronte ás doenzas infecciosas. Vacinas  Transplantes e doazóns.

 Saúde mental: prevención de drogo dependencias e de trastornos alimentario.  Hábitos de vida saudables relacionados coas doenzas máis frecuentes e con

situacións cotiás.

4.- Elaboracións de menús e dietas:

 Alimentos e nutrientes: diferenciación. Recoñecemento de nutrientes presentes nos alimentos

 Alimentación e saúde. Hábitos saudables relacionados coa alimentación  Concepto e elaboración de dietas. Tipos de dietas. Elaboración de menús.  Hábitos saudables relacionados coa alimentación. Importancia dunha boa

alimentación e do exercicio físico. 5.- Separación de mesturas e sustancias

 Substancias puras e mesturas: identificación, descrición e diferenciación.  Substancias puras: elementos e compostos. Táboa periódica

59

 Técnicas básicas de separación de mesturas no laboratorio. Procesos físicos e químicos que interveñen.

 Características básicas dos materiais relacionados co perfil profesional.

 Traballo en equipo: repartición de tarefas, normas, orde e elaboración de informes. 6.- Os números (II)

 Divisibilidade: múltiplos e divisores dun número. Criterios de divisibilidade,

descomposición factorial. Mínimo común múltiplo e máximo común divisor, cálculo a partir da descomposición factorial.

 Fraccións e operacións con fraccións.

 Relación entre números decimais e fraccións. Potencias de base 10. Uso da notación científica para representar números grandes.

 Proporcionalidade directa e inversa. Regra de tres. Comparación de magnitudes.  As porcentaxes

7.- Forza e enerxía

 Manifestacións da enerxía na natureza: fontes de enerxía e procesos en que intervén  Fontes de enerxía renovable e non renovable: identificación. Vantaxes e

inconvenientes de cada unha.

 A enerxía na vida cotiá: identificación de situacións próximas

 Formas de enerxía e a súa transformación. Lei de conservación da enerxía.  Enerxía, calor e temperatura. Unidades máis habituais do sistema internacional. 8.- Identificación das formas da materia.

 Unidades de lonxitude, capacidade e masa no sistema métrico decimal: cálculos, equivalencias e medidas. Uso da notación científica.

 Materia: propiedades.

 Clasificación da materia segundo o seu estado de agregación e composición.

 Estados de agregación: sólido, líquido e gasoso. Temperatura de fusión e ebulición.  Sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos. Estados de agregación dos materiais

na natureza.

 Natureza corpuscular da materia. Cambios de estado e modelos cinéticos. 9.-Álxebra

 Tradución de situacións da linguaxe verbal á alxébrica.

 Transformación de expresións alxébricas. Operacións alxébricas de suma, diferenza, multiplicación e factor común.

 Desenvolvemento e factorización de expresións alxébricas. Identidades notables.  Resolución de ecuacións de primeiro grao cunha incógnita

 Aplicación de métodos gráficos de resolución de problemas.  Triángulos rectángulos. Teorema de Pitágoras.

Criterios de avaliación:

1.- Identificáronse os tipos de números e utilízanse para interpretar adecuadamente a linguaxe matemática e as súas operacións.

2.- Realizáronse cálculos con eficacia (mental, algoritmos de lapis e calculadora) 3.- Utilizáronse as TIC para a procura e manexo de información diversa.

60

4.- Operouse con potencias de expoñente natural e enteiro aplicando as propiedades

5.- Utilizouse a notación científica para a representación de números e para operar con eles 6.- Representáronse os números reais sobre a recta numérica

7.- Caracterizouse a proporción como expresión matemática

8.- Comparáronse magnitudes establecendo o seu tipo de proporcionalidade

9.- Utilizouse a regra de tres para resolver problemas en que interveñen magnitudes directa ou inversamente proporcionais.

10.- Aplicouse o xuro simple e composto en actividades cotiás.

11.- Concretáronse propiedades ou relacións de situacións sinxelas mediante expresións alxébricas

12.- Simplificáronse expresións alxébricas por medio de métodos de desenvolvemento e factorización

13.- Resolvéronse problemas da vida cotiá aplicando ecuacións de primeiro grao 14.- Resolvéronse problemas sinxelos utilizando métodos gráficos e TIC

15.- Manipuláronse axeitadamente os materiais de laboratorio e tivéronse en conta as condicións de hixiene e seguridade.

16.- Describíronse as propiedade da materia

17.- Practicáronse cambios de unidades de lonxitude, masa e capacidade e identificáronse as equivalencias entre unidades de volume e capacidade.

18.- Utilizáronse unidades do sistema métrico decimal e notacións científicas.

19.- Identificáronse os estados de agregación da materia e os modelos cinéticos para realizar cambios de estado

20.- Recoñecéronse os estados de agregación dunha sustancia dada a temperatura de fusión e ebulición

21.-Identificáronse sistemas materiais homoxéneos e heteroxéneos e estableceuse a diferenza entre sustancia pura, mestura e composto

22.- Aplicáronse de forma práctica, diferentes métodos de separación de mesturas 23.- Traballouse en equipo ao realizar tarefas.

24.- Recoñecéronse diversas fontes de enerxía, soubéronse clasificar e identificáronse en situacións da vida cotiá.

25.- Amosouse en diferentes sistemas a conservación da enerxía

26.- Describíronse procesos relacionados co mantemento da vida, no que se poña en evidencia o papel da enerxía

27.- Identificaranse e describiranse órganos e aparellos do Corpo humano, relacionando a cada un coa súa función: aparellos da nutrición e reprodución e procesos de relación 28.- Utilizáronse ferramentas informáticas para describir aparellos e sistemas.

29.- Identificáronse situacións de saúde e doenza para as persoas e deseñáronse pautas de hábitos saudables relacionados con situacións cotiás.

30.- Clasificáronse as doenzas máis comúns da poboación e recoñecéronse as causas a súa prevención e tratamento

31.-Describíronse os mecanismos de defensa do organismo, a acción das vacinas, dos antibióticos e doutras achegas da ciencia médica.

32.- Recoñecéronse situacións de risco para a saúde relacionadas co entorno profesional máis próximo

33.- Diferenciouse entre o proceso de nutrición e de alimentación e recoñecéronse os nutrientes esenciais para a vida

61

34.- Recoñeceuse a importancia dunha boa alimentación e do exercicio físico para o coidado do corpo e relacionáronse as dietas coa saúde.

35.- Calculáronse balances calóricos en situacións habituais do contorno así como o metabolismo basal, e representáronse os datos en diagramas para seren analizados. 36.- Elaboráronse menús axeitados a diferentes situacións e períodos vitais.

37.- Investigouse na rede sobre as propiedades dos alimentos. Secuenciación de contidos

1ª avaliación:

 As funcións vitais: a nutrición, relación e reprodución  Os números enteiros, potencias e raíces

2ª avaliación:

 Saúde e alimentación  O laboratorio

 A materia

 Números racionais e decimais  Proporcionalidade

3ª avaliación:

 Enerxía. Calor e temperatura  Magnitudes fundamentais

 Resolución de ecuacións sinxelas Temporalización

Este módulo profesional de primeiro curso, (Ciencias aplicadas I) ten unha duración de 175 horas anuais, con seis períodos lectivos semanais. Nestes períodos inclúense as sesións dedicadas a avaliacións, clases prácticas e saídas ou/e visitas a lugares de interese. O IES nº 1 é centro asociado do IES Coroso para o ciclo formativo de formación profesional básica de Industrias alimentarias e o de Mantemento de vehículos.

A partir de abril, os alumnos aprobados iniciarán un período de prácticas. Os que teñan suspensas as Ciencias Aplicadas realizarán na clase actividades de recuperación para preparar a proba extraordinaria de xuño.

Contidos mínimos esixibles Tema 1:

 Identifica os tipos de números.

 Realiza cálculos con eficacia, tanto mentalmente como algorítmicos con lapis.  Realiza operacións combinadas sinxelas con sumas, restas , multiplicacións e

divisións de números enteiros respectando parénteses e xerarquía de operacións.  Opera potencias de expoñente natural.

 Resolve problemas sinxelos con números enteiros.  Representa os números racionais sobre a recta real. Tema 2:

 Identifica órganos do corpo humano.  Identifica sistemas do corpo humano.

62

 Coñece a función dos órganos do corpo humano.  Coñece as partes dos sistemas do corpo humano.

 Relaciona cada sistema coa función que realiza dentro das funcións dos seres vivos: nutrición, relación e reprodución.

Tema3

 Recoñece diversos síntomas de una enfermidade.

 Distingue as enfermidades entre infecciosas e no infecciosas.

 Recoñece o alcohol e as drogas como elementos nocivos para a saúde.  Coñece e clasifica as diferentes defensas do organismo.

Tema 4

 Diferencia nutrición e alimentación.

 Coñece os diferentes tipos de alimentos segundo a súa fonte de nutrientes.  Relaciona os diferentes alimentos co lugar que ocupan na pirámide alimentaria.  Asocia unha dieta saudable ca pirámide alimentaria.

 Enumera e clasifica os diferentes trastornos alimentarios. Tema 5

 Diferencia sustancia pura de sustancia mixta.  Recoñece os compostos químicos.

 Identifica elementos químicos e os clasifica.

 Coñece as características básicas dos metais, gases e semimetais.  Coñece as diferentes técnicas de separación de mesturas.

 Enumera os diferentes obxectos dun laboratorio escolar.  Relaciona estes cos procesos de separación.

Tema 6

 Calcula múltiplos e divisores de números dados.

 Identifica números primos e compostos e descompoñer estes utilizando os criterios de divisibilidade por 2, por 3 e por 5.

 Calcula o m.c.m. e o M.C.D. de dous números. ? Aplicar a divisibilidade á resolución de problemas.

 Comprende o significado dos números fraccionarios e simplificar fraccións.  Opera con fraccións, reducindo a común denominador, cando sexa necesario,

usando o m.c.m.

 Resolve problemas sinxelos con fraccións.

 Coñece e utiliza correctamente o sistema de numeración decimal: décimas, centésimas e milésimas.

 Opera con números decimais: sumar, restar, multiplicar e dividir.  Coñece e interpreta as relacións de proporcionalidade.

 Resolve problemas de proporcionalidade directa.  Calcula e resolve problemas de porcentaxes.

63

Tema 7

 Diferencia forza e enerxía.

 Recoñece as diferentes forzas da natureza.

 Distingue entre forzas de contacto e forza a distancias.  Enumera las diferentes formas da enerxía.

 Coñece as diferentes unidades destas dúas magnitudes.  Comprende a degradación da enerxía .

 Clasifica as fontes de enerxía entre renovables e non renovables.  Atopa beneficios e inconvenientes das diferentes fontes de enerxía.  Diferencia enerxía, calor e temperatura.

Tema 8

 Enumera as magnitudes físicas que describen a materia.

 Coñece as unidades de lonxitude, superficie, capacidade e masa.  Realiza adecuadamente os cambios no sistema decimal.

 Relaciona os diferentes múltiplos decimais co seu valor.  Clasifica a materia segundo o seu estado de agregación.  Coñece a nomenclatura dos diferentes cambios de estado.  Interpreta adecuadamente a temperatura de fusión e ebulición.  Coñece as principais característica do modelo cinético.

Tema 9

 Manexa e opera con expresións alxébricas sinxelas.  Aplica as identidades notables.

 Resolve ecuacións de primeiro grao.

 Utiliza a linguaxe alxébrica para resolver problemas.  Coñece e aplica o teorema de Pitágoras.

64

Ciencias Aplicadas II Introdución:

Estes módulos contribúen a alcanzar as competencias para a aprendizaxe permanente e contén información para que a partir da observación e experimentación, o alumno aprenda a interpretar fenómenos naturais e afiance os hábitos de vida saudables. Tamén pretende formar para uso de linguaxe matemático operacional na resolución de problemas que poidan aparecer na súa vida laboral e cotiá. Preténdese que o alumno traballe de xeito autónomo e constrúa a súa propia aprendizaxe.

As liñas de actuación no proceso de ensino-aprendizaxe que permitan alcanzar as competencias dos módulos versarán sobre:

 Resolución de problemas, Tanto no ámbito científico como no cotiá  Interpretación de gráficos e curvas

 Aplicación do método científico

 Valoración do ambiente e dos contaminantes  Características da enerxía nuclear

 Aplicación de procedementos físicos e químicos fundamentais  Realización de exercicios de expresión oral

 Representación de forzas  Coidados básicos da pel  Prevención de doenzas

Obxectivos

- Comprender os fenómenos que acontecen no contorno natural mediante o coñecemento científico como un saber integrado, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar e resolver problemas básicos nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

- Desenvolver habilidades para formular, interpretar e resolver problemas aplicar o

razoamento de cálculo matemático para desenvolverse na sociedade e no contorno laboral, e para xestionar os seus recursos económicos.

- Identificar e comprender os aspectos básicos de funcionamento do corpo humano e pólos en relación coa saúde individual e colectiva, e valorar a hixiene e a saúde para permitir o desenvolvemento e o afianzamento de hábitos saudables de vida, en función do contorno. - Desenvolver hábitos e valores acordes coa conservación e a sustentabilidade do

patrimonio natural, comprendendo a interacción entre os seres vivos e o medio natural, para valorar as consecuencias que se derivan da acción humana sobre o equilibrio ambiental. - Desenvolver as destrezas básicas das fontes de información utilizando con sentido crítico as tecnoloxías da información e da comunicación, para obter e comunicar información no contorno persoal, social ou profesional.

- Comparar e seleccionar recursos e ofertas formativas existentes para a aprendizaxe ao longo da vida, para se adaptar ás novas situacións laborais e persoais.

65

- Desenvolver a iniciativa, a creatividade e o espírito emprendedor, así como a confianza en si mesmo/a, a participación e o espírito crítico, para resolver situacións e incidencias das actividades profesional e persoal.

- Desenvolver traballos en equipo asumindo os deberes, cooperando coas demais persoas con tolerancia e respecto, para a realización eficaz das tarefas e como medio de

desenvolvemento persoal.

- Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación para se informar, se comunicar, aprender e facilitar as tarefas laborais

- Relacionar os riscos laborais e ambientais coa actividade laboral, co propósito de utilizar as medidas preventivas correspondentes para a protección persoal, evitando danos

ambientais e ás demais persoas.

- Desenvolver as técnicas da súa actividade profesional asegurando a eficacia e a calidade no seu traballo, e propor, se procede, melloras nas actividades de traballo.

Contidos básicos

1.- Resolución de ecuacións e sistemas en situacións cotiás

 Operacións alxébricas: suma, resta, produto, cociente e factor común  Obtención de valores numéricos en fórmulas. Regra de Ruffini  Polinomios: raíces e factorización. Teoremas do resto e do factor  Resolución alxébrica e gráfica de ecuacións de 1º e 2º grado  Resolución de sistemas de ecuacións sinxelos

 Técnicas de resolución de problemas con ecuacións e sistemas

 Linguaxe alxébrica. Precisión e simplicidade na tradución de situacións reais. 2.- Resolución de problemas sinxelos

 Método científico

 Fases do método: observación, elaboración de hipótese, experimentación, análise de resultados e leis ou teorías

 Aplicación do método a situacións sinxelas

 Traballo en equipo: reparto de tarefas e responsabilidades, cooperación, respecto e orde.. Elaboración de informes.

3.- Realización de medidas en figuras xeométricas.  Puntos e rectas ( secantes e paralelas)  Ángulos: medidas.

 Polígonos: elementos e clasificación.

 Triángulos: Semellanzas. Teoremas de Thales e Pitágoras

 Circunferencias e os seus elementos. Medida e cálculo de lonxitudes, áreas, e volumes. Asignación de unidades.

 Cálculo de medidas indirectas. Semellanzas; descomposición en figuras máis simples.

 Traballo en equipo: repartición de tarefas e responsabilidades, cooperación, respecto e orde. Presentación de resultados

66

 Uso de aplicacións informáticas de xeometría dinámica para o estudo e a representación de figuras xeométricas.

4.- Interpretación de gráficos

 Interpretación dun fenómeno descrito mediante un enunciado, unha táboa, unha gráfica ou unha expresión analítica.

 Funcións lineais. Ecuación da recta

 Funcións cuadráticas. Representación gráfica

 Representación gráfica da función inversa e da exponencial.

 Uso de aplicacións informáticas para a representación, a simulación e a análise da gráfica dunha función.

 Estatística. Táboas e gráficos estatísticos. Medidas de centralización e dispersión.  Cálculo de probabilidades. Propiedades dos sucesos e da probabilidade. Resolución

de problemas.

5.- Aplicación de técnicas físicas ou químicas.  Material básico no laboratorio. Inventario  Normas de traballo no laboratorio

 Medida de magnitudes fundamentais: lonxitude, masa, peso, volume, densidade, temperatura, etc.

 Recoñecemento de biomoléculas orgánicas e inorgánicas.

 Microscopio óptico e lupa binocular: fundamentos ópticos e manexo; utilización para describir a célula e os tecidos animais e vexetais.

 Informes de traballo no laboratorio: estrutura e formato. 6.- Recoñecemento de reaccións químicas cotiás

 Reacción química. Compoñentes e procesos. Ensaios de laboratorio.  Condicións de produción das reaccións químicas: intervención de enerxía  Reaccións químicas en ámbitos da vida cotiá, da natureza e na industria.  Reaccións químicas básicas: combustión, oxidación, descomposición,

neutralización, síntese, aeróbica e anaeróbica.

 Procesos que teñen lugar nas industrias máis salientables (alimentarias, cosmética e de reciclaxe).

 Normas de seguridade no traballo de laboratorio.

7.- Identificación de aspectos relativos á contaminación nuclear  Orixe da enerxía nuclear.

 Tipos de procesos para a obtención e o uso da enerxía nuclear: fusión e fisión.  Residuos radioactivos provenientes das centrais nucleares: problemática da súa

xestión e do seu tratamento.

 Traballo en equipo: repartición de tarefas e de responsabilidades, normas, orde e elaboración de informes.

8.- Identificación dos cambios no relevo e na paisaxe da Terra  Axentes xeolóxicos externos e internos.

67

 Acción dos axentes xeolóxicos externos: meteorización, erosión, transporte e sedimentación.

 Identificación dos resultados da acción dos axentes xeolóxicos.  Relevo e paisaxe. Factores condicionantes.

9.- Categorización dos contaminantes atmosféricos principais  Concepto.

 Chuvia ácida.  Efecto invernadoiro.

 Destrución da capa de ozono.

10.- Identificación de contaminantes da auga  Auga: factor esencial para a vida no planeta.  Contaminación da auga: causas e efectos.

 Tratamentos de depuración e potabilización de auga.

 Métodos de almacenamento da auga proveniente dos desxeamentos, as descargas fluviais e a chuvia.

11.- Equilibrio ambiental e desenvolvemento sustentable  Concepto e aplicacións do desenvolvemento sustentable.  Factores que inciden sobre a conservación do ambiente.

 Accións que contribúen ao mantemento e na mellora do equilibrio ambiental. 12.- Influencia das forzas sobre o estado de repouso e de movemento dos corpos

 Clasificación dos movementos segundo a súa traxectoria e a súa aceleración. - Distancia percorrida, velocidade e aceleración. Unidades do Sistema Internacional e máis habituais. Cálculos en movementos con aceleración constante.

 Magnitudes escalares e vectoriais: distancia percorrida, velocidade e aceleración.  Movemento rectilíneo uniforme: características. Interpretación gráfica.

 Forza: resultado dunha interacción. Relación entre forzas e movementos.