1. Pregunta clave. Por que a comezos de 1990 rematou a división do mundo en
bloques?
2. Unha nova orde mundial
3. Europa tras a caída do muro de Berlín 4. A construción da Unión Europea
5. Pasado e presente. Europa, a crise do modelo de benestar 6. Un mundo inestable
7. Descubre. Os conflitos do século XXI
8. Protagonistas da Historia. As vítimas das guerras actuais 9. Arte e sociedade. A arte no mundo actual
DOSSIER
1. Que é a globalización? 2. A revolución tecnolóxica
3. A necesidade dun desenvolvemento sustentable Temas transversais
A educación para a cidadanía, a tolerancia democrática, a educación para a paz, a educación para a igualdade e a solidariedade dos sexos, das razas e dos grupos sociais, a educación para o consumo e o lecer, a educación ambiental…
son, entre outras, algunhas das posibilidades á traballar.
Tamén se traballarán aspectos como a conquista e defensa dos dereitos fundamentais da persoa, o papel desempeñado polas mulleres nas diferentes etapas históricas, a defensa da paz e os desastres da guerra, a función da publicidade, a defensa do medio natural, etc.
A SIDA, as drogas, as seitas, o RESPECTO a todos -TODOS- os compañeiros, educación sexual ou educación vial deben ser incluídas no desenvolvemento normal da programación de 4º de ESO, de forma clara, adecuada, didáctica e amena. Hai que procurar crear un clima de convivencia e reducir os comportamentos violentos, sabendo que a escola é un reflexo da sociedade.
3. COMPETENCIAS BÁSICAS
1. Competencia social e cidadá• Comprender o concepto de tempo histórico.
• Identificar a relación multicausal dun feito histórico e as súas consecuencias.
• Coñecer as grandes etapas e os principais acontecementos da Historia contemporánea.
• Comprender o funcionamento das sociedades, o seu pasado histórico, a súa evolución e transformacións.
• Recoñecer e asumir os valores democráticos; aceptar e practicar normas sociais acordes con eles.
• Expresarse de forma asertiva e mostrar unha actitude favorable ao diálogo e ao traballo cooperativo.
2. Coñecemento e a interacción co mundo físico
• Identificar e localizar os principais ámbitos xeopolíticos, económicos e culturais en que se enmarcan os acontecementos da Historia contemporánea.
• Coñecer os distintos usos do espazo e dos recursos que fixeron as sociedades ao longo dos períodos históricos estudados.
3. Competencia cultural e artística
• Comprender a función que as artes tiveron e teñen na vida dos seres humanos.
• Recoñecer os diferentes estilos da arte contemporánea e os cambios que os motivaron.
• Analizar obras de arte de distintas épocas; cultivar o sentido estético e a capacidade de se emocionar.
• Desenvolver unha actitude activa en relación coa conservación e a protección do patrimonio histórico.
4. Tratamento da información e competencia dixital
• Relacionar e comparar a información procedente de diversas fontes: escritas, gráficas, audiovisuais, etc.
• Contrastar a información obtida e desenvolver un pensamento crítico e creativo.
• Elaborar a información transformando os datos recollidos e traducíndoos a outro formato ou linguaxe.
• Empregar as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e a comunicación na procura e o procesamento da información.
5. Competencia en comunicación lingüística
• Utilizar axeitadamente o vocabulario propio das ciencias sociais para construír un discurso preciso.
• Desenvolver a empatía e interesarse por coñecer e escoitar opinións distintas á propia.
• Utilizar diferentes variantes do discurso, en especial, a descrición e a argumentación.
• Ler e interpretar textos de tipoloxía diversa, linguaxes icónicas, simbólicas e de representación.
6. Competencia matemática
• Elaborar e interpretar eixes cronolóxicos.
• Analizar e comprender os datos cuantitativos recollidos en táboas, gráficos e diagramas.
• Facer cálculos matemáticos sinxelos para analizar e interpretar fenómenos de carácter social.
7. Competencia para aprender a aprender
• Desenvolver unha visión estratéxica dos problemas, anticipar posibles escenarios e consecuencias futuras das accións individuais e/ou sociais. • Buscar explicacións multicausais para comprender os fenómenos sociais
e avaliar as súas consecuencias.
• Utilizar distintas estratexias para organizar, memorizar e recuperar a información: esquemas, resumos, etc.
• Participar en debates e contrastar as opinións persoais coas do resto de compañeiros.
permanente.
8. Autonomía e iniciativa persoal
• Asumir responsabilidades e tomar decisións con respecto á planificación do proceso de resolución das actividades propostas. • Interpretar adecuadamente as particularidades de cada situación e de
cada problema estudado.
• Saber argumentar de forma lóxica e coherente as explicacións dos conceptos e fenómenos estudados.
• Autorregular a propia aprendizaxe: tomar conciencia do que se sabe e do que falta por aprender; e realizar autoavaliacións do propio traballo.
4. AVALIACIÓN
4.1. Criterios de avaliación
Situar no tempo e no espazo períodos, feitos e procesos históricos relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia.
Identificar as causas e consecuencias de feitos e procesos históricos significativos, establecendo conexións entre elas e recoñecendo a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais.
Expoñer as características sociais, económicas e políticas do Antigo Réxime derivando delas as transformacións que se producen en Europa no século XVIII e explicando os trazos significativos do reformismo borbónico en España e en Galicia.
Identificar os trazos fundamentais das revolucións industriais e liberal- burguesas, valorando os grandes procesos de transformación que experimentou o mundo occidental, e analizando as particularidades destes procesos en España e Galicia en comparación con outros exemplos representativos.
Explicar as razóns da hexemonía política e económica dos países europeos desde a segunda metade do século XIX, identificando os conflitos e problemas que caracterizan estes anos, tanto entre como dentro dos estados, especialmente os relacionados coa expansión colonial e coas tensións sociais e políticas.
Caracterizar e situar cronolóxica e xeográficamente as grandes transformacións e conflitos mundiais que tiveron lugar na primeira metade do século XX.
Analizar os procesos de cambio desde a segunda metade do século XX, e aplicar este coñecemento á comprensión dalgúns dos problemas internacionais máis destacados da actualidade.
Identificar e caracterizar as distintas etapas da evolución política, social e económica de España e de Galicia durante o século XX e os avances e retrocesos no camiño cara á modernización económica, á consolidación do sistema democrático, e á pertenza á Unión Europea.
Realizar traballos individuais e en grupo sobre algún foco de tensión política ou social no mundo actual, indagando os seus antecedentes históricos, analizando as causas e previndo posibles desenlaces, utilizando para iso diversas fontes de información, incluídas as que permitan obter interpretacións diferentes ou complementarias dun mesmo feito.
Realizar en pequeno grupo unha investigación no contorno sobre algún aspecto da historia recente, utilizando fontes orais que permitan traballar aspectos de vida cotiá e memoria histórica, e procurar conecta-los a contextos máis amplos, sendo capaz de expoñer e defender as súas conclusións.
4.2. Instrumentos de avaliación
Aínda que a nota final será a media das tres avaliacións, terase en conta o progreso do alumno ou alumna ao longo do curso.
Os aspectos a avaliar, os instrumentos e sistemas de avaliación son os seguintes: Os exames representarán o 75% da nota. Esixirase corrección formal (marxe, limpeza, que non haxa borranchos...) e lingüística (non poderán ter faltas de ortografía e acentuación, puntuación). Haberá dúas probas por avaliación. Os exames estarán baseados no traballo de clase, e incluirán tanto preguntas teóricas como prácticas, especialmente pequenos comentarios de texto, mapas e gráficos.
Valorarase a atención, realización de esquemas, e o traballo realizado na clase, a realización de traballos individuais, traballos en grupo e o comentario de textos, mapas e gráficos. Terase en conta a corrección dos traballos, a limpeza dos mesmos e a asistencia a clase e a intervención correcta en clase (voluntaria ou cando o profesor pregunte a materia dos últimos días). Todo este representará o 25% da nota.
4.3. Recuperación:
Haberá un exame de recuperación despois da primeira e segunda avaliacións, similar ós realizado durante a mesma. No mes de xuño haberá outro exame de recuperación: os alumnos que teñan unha avaliación suspensa examinaranse dela, os que teñan máis dunha (dúas ou tres avaliacións suspensas) examinaranse de toda a materia.
4.4. Avaliación extraordinaria (setembro)
Para os que suspendan a materia no mes de xuño, haberá tamén un exame de recuperación, en setembro, de toda a materia, sempre de dificultade parecida ós realizados durante o curso. A nota do exame de setembro será o 100% da nota da avaliación de setembro.