• No results found

If I propose activities in the Alaska OCS Region, what planning information must accompany the EP? (§ 550.220)

B. Discussion of and Responses to Comments

3. Additional Regulations by BOEM Definitions (§ 550.200)

a) Os peches e vallados serán preferentemente vexetais, sen que os realizados con material opaco de fábrica superen a altura de 1,00 metros, salvo en parcelas edificadas nas que se poderá alcanzar 1,50 metros de altura. En todo caso, deberán realizarse con materiais tradicionais do medio rural en que se emplacen. No caso de utilización de bloques de hormigón u outros materiais cerámicos éstos serán debidamente revestidos e pintados. b) Os peches definitivos gardarán unha distancia mínima ao eixo da vía correspondente de 4 metros, salvo que se esixan distancias maiores no ARTIGO 221 desta Normativa, relativo ao sistema viario, en cuxo caso haberá que adoptarse a estas últimas.

ARTIGO 337.- CONDICIÓNS REXISTRAIS

1. De acordo co disposto no Art. 42º.1.e) LOUG, farase constar obligatoriamente no rexistro da propiedade, a vinculación da total superficie real da finca á construción e uso autorizados, expresando a indivisibilidade e as concretas limitacións ao uso e edificabilidade impostas pola autorización autonómica.

2. En todo caso, o prazo para o inicio das obras será de seis meses a contar dende o outorgamento da licenza municipal correspondente, debendo concluirse as obras no prazo máximo de tres anos, a contar dende o outorgamento de licenza (Art. 42º.1.f) LOUG). Transcurridos ditos prazos, entenderase caducada a licenza municipal e a autorización autonómica, previo expediente tramitado con audiencia do interesado (Art. 42º.1.g LOUG).

3. As autorizacións para a construción de instalacións no solo rústico queimado previstas na LOUG requerirán dun prazo de tres anos contados dende a data na que tivo lugar o incendio forestal cando o incendio fose superior a unha hectárea e do informe favorable da Consellería competente en materia forestal. Exceptúase do previsto neste punto as instalacións previstas nos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal regulado polo Decreto 80/2000, de 23 de marzo, así como aqueles proxectos sometidos a evaluación de impacto ambiental.

ARTIGO 338.- OBRAS DE DERRIBO E DEMOLICIÓN

1. De conformidade co disposto no Art. 42º.2 LOUG e en concordancia co establecido no Art. 26º LOUG, en solo rústico queda prohibido o derribo ou demolición das construcións existentes, salvo nos seguintes supostos:

a) Aquelas construcións sen interés arquitectónico algún nas que, polo seu reducido tamaño ou imposibilidade de acceso, non sexa posible a súa recuperación, restauración ou reconstrucción para calquera dos usos autorizados neste TITULO.

urbanística, con evidente perigo para as persoas ou cosas, non sexa viable a súa recuperación total ou parcial e no se atopen protexidos polo presente PXOM.

c) Tódolos engadidos que desvirtúen a tipoloxía, forma e volume de calquera edificación primitiva, ou que polos materiais en eles empregados supoñan un efecto distorsionador para a armonía e estética do conxunto edificatorio. Igualmente tódolos alpendres, almacéns e edificacións auxiliares que estén nas mesmas condicións.

2. Nos supostos previstos anteriormente, solicitarase licenza de demolición acompañando ao proxecto técnico un estudo xustificativo e motivado do cumprimento e veracidade das circunstancias que concurren de acordo co especificado anteriormente.

3. A demolición e derribo de construcións tradicionais no entorno de protección dos elementos catalogados deberán destar xustificadas, previa declaración de ruina e autorización da Conselleria de Cultura que poderá impoñer a conservación do inmoble ou de elementos de maior interés.

ARTIGO 339.- CONDICIÓNS ADICIONAIS QUE DEBEN CUMPLIR AS EDIFICACIÓNS DESTINADAS A USOS

RESIDENCIAIS VINCULADOS AS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS OU GANDEIRAS.

As edificacións destinadas a uso residencial complementario da explotación agrícola ou gandeira, ademais das condicións xerais establecidas no ARTIGO 329 al ARTIGO 338, cumplirán, de conformidade co disposto no Art. 43º LOUG, as seguintes condicións:

1. A edificación deberá estar íntimamente ligada á explotación agrícola ou gandeira do solicitante. A tal efecto, deberá acreditarse fehaciente e imprescindiblemente que o solicitante é titular dunha explotación das sinaladas e que a mesma cumple os requisitos que reglamentariamente se determinen.

2. A edificación terá a condición de illada, prohibíndose a construción de varias edificacións residenciais sobre unha mesma parcela e as edificacións destinadas a usos residenciais colectivos o non vinculados á explotación.

3. En todo caso, a superficie mínima esixible para poder edificar nunca será inferior a 4.000 m2 e a superficie ocupada pola edificación non superará o 5 % da superficie neta da parcela.

ARTIGO 340.- CONDICIÓNS ADICIONAIS PARA OUTRAS ACTIVIDADES CONSTRUCTIVAS NON RESIDENCIAIS

As construcións en solo rústico distintas das edificacións residenciais vinculadas ás explotacións agrícolas ou gandeiras, ademais das condicións xerais establecidas no ARTIGO 329 al ARTIGO 338, cumplirán as seguintes:

1. A superficie da parcela na que se sitúe a edificación, no será inferior a 3.000m2 (Art. 44.1.a) LOUG, excepto nos supostos previstos no Art. 33.2 LOUG, apartados f) e j) no relativo a ampliación de cemiterios e instalacións de tratamento e depuración de augas.

2. Deberá xustificarse cumpridamente a idoneidade da localización elixida e a imposibilidade ou inconveniencia de situala en solo urbano ou urbanizable con cualificación idónea (Art. 44.1.b) LOUG). Tal xustificación no será necesaria cando se trate das construcións sinaladas no Art. 33.2, apartados a), b), c), d) e f) LOUG

3. Excepcionalmente, poderá outorgarse licenza, sen necesidade da autorización autonómica previa, para a execución de pequenas construcións e instalacións destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras, cinexéticas e forestais, ou ao servizo e o funcionamento das infraestruturas e obras públicas, sempre que:

a) Quede xustificada a construción ou instalación coa natureza, extensión e destino actual da parcela en que se localice, e non se superen os 50m2 de superficie total edificada, nin a altura máxima dunha planta, nin 3,50 metros.

b) En todo caso, a tipoloxía da edificación e os materiais da construción serán os determinados no ARTIGO 334 desta Normativa.

4. Igualmente, poderá permitirse, sen suxeción ao disposto nos ARTIGO 333 e ARTIGO 340 desta Normativa, a instalación de invernadoiros con destino exclusivo ao uso agrario que se instalen con materiais lixeiros e fácilmente desmontables. Este réxime excepcional solo será de aplicación no ámbito do solo rústico de protección ordinaria e de especial protección agropecuaria, forestal ou de infraestruturas (Art. 44º.2 LOUG).

5. As obras de simple conservación e as obras menores ás que fai referencia o Art. 195º.3 LOUG, non precisarán autorización autonómica con anterioridade á obtención da preceptiva licenza urbanística municipal cando se realicen en edificacións que foron construidas ao amparo das preceptivas licenzas urbanísticas municipais e autorización autonómica. (Art. 44º.3 LOUG).

6. As novas explotacións gandeiras sen base territorial non poderán situarse a unha distancia inferior a 1.000 metros dos asentamentos de poboación e 250 metros da vivenda máis próxima. Cando se trate de novas explotacións con base territorial a distancia mínima a os asentamentos de poboación e á vivenda máis próxima será de 100 metros (Art. 44º.4 LOUG).

7. En todo caso deberán respetarse as distancias mínimas establecidas pola lexislación sectorial de aplicación.

Sección IV

.- Plantacións arbóreas

ARTIGO 341.- NORMAS REGULADORAS

Sen perxuicio das condicións e limitacións que puideran establecerse ás plantacións arbóreas en cada unha das categorías en que se divideu o solo rústico (Ver CAPÍTULOS seguintes), éstas deberán cumplir en todo caso as determinacións establecidas pola LM e por lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (en diante LPDCIF), que se resumen nas seguintes condicións:

1. Sempre que as condicións edafoclimáticas llo permitan as plantacións deberán realizarse con especies arbóreas caducifolias ou con especies de baixa inflamabilidade e combustibilidade.

2. As novas plantacións gardarán as seguintes distancias, medidas dende o límite exterior da repoblación, entendendo por tal o exemplar da mesma máis próximo á propiedade veciña, ata o límite medianeiro con outra propiedade:

a) Especies de maior inflamabilidade e combustibilidade:

50 metros, contados a partir da liña delimitadora dos núcleos de poboación, ou no seu caso, das edificacións existentes exteriores aos mesmos.

b) Para o resto das especies:

b)-1 10 metros, contados a partir da liña delimitadora dos núcleos de poboación, ou no seu caso, das edificacións existentes exteriores aos mesmos.

b)-2 25 metros con industrias ou instalacións preexistentes nas que se desenvolvan actividades perigosas. b)-3 10 metros contados a partir do borde exterior das estradas.

b)-4 20 metros, contados a partir das fontes e manantiais.

b)-5 10 metros como mínimo cando as repoblacións forestais linden con terreos rústicos de protección agropecuaria. 3. O disposto no apartado anterior, non será de aplicación cando se trate de plantacións con árboles aislados con fines

ornamentais, xardíns ou arbores frutais.

CAPITULO III

.- construciÓNS, INSTALACIÓNS E EXPLOTACIÓNS EXISTENTES EN SOLO RÚSTICO

ARTIGO 342.- construciÓNS EN XERAL

Related documents