• No results found

Evaluating Potential Games

3.3 The Need for an Open Load Generation Tool

4.1.3 Evaluating Potential Games

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Pablo García García na data 11/03/2016 12:52:22

Raúl Fernández Fernández na data 11/03/2016 12:52:27 José Ramón Val Alonso na data 11/03/2016 12:52:34

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 11/03/2016 12:52:40 María del Carmen Acuña do Campo na data 11/03/2016 12:52:45 Noela Blanco Rodriguez na data 11/03/2016 12:52:50

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Ricardo Vicente Docasar Docasar, María Concepción Burgo López e Emilio Vázquez Blanco, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 4ª.

Os servizos complementarios de transporte escolar e comedor son absolutamente claves para garantir a igualdade de oportunidades e a conciliación da vida laboral das familias do noso país nos tempos de hoxe, e moito máis, se cabe, nun momento como o actual, de grandes dificultades económicas, para unha boa parte da poboación.

Saben perfectamente os integrantes do Grupo Parlamentario Socialista que ambos servizos complementarios contan cunha regulamentación moi concreta e específica, pero nada debe impedir que en determinadas circunstancias ben motivadas os responsables da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sexan capaces de introducir o “sentidiño común” para atender algunhas demandas que chegan dende as comunidades educativas.

Sabemos tamén que nos últimos meses teñen chegado ao Parlamento de Galicia algunhas suxestións que poderían mellorar os ditos servizos, se realmente existise capacidade e vontade de escoitar.

Do mesmo xeito que temos recibido queixas no noso Grupo Parlamentario sobre cuestións a respecto do aproveitamento do servizo de transporte escolar para alumnado de ensino post obrigatorio en determinadas localidades do noso rural, e que non contan, por certo, con outro tipo de servizo ordinario para trasladar ás persoas que habitan nos devanditos lugares, tal e como, non hai tanto tempo, dicíannos dende localidades coma Rianxo.

Temos recibido tamén queixas de solicitudes de servizo que non foron atendidas en paradas xa existentes, e habendo prazas vacantes nos autobuses, como foi o caso da recente queixa que chegou dende a localidade da Estrada.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

E temos tamén recibido un par de queixas de familias de Monforte de Lemos, que teñen aos seus fillos escolarizados no IES Río Cabe, e que solicitaron no seu día, por medio da dirección do centro, e co seu informe favorable, un par de paradas para trasladar ao instituto a dous alumnos de primeiro da ESO, por entender que a pista de regadío pola que deberían camiñar eses rapaces carecía dunha axeitada iluminación, non contaba con beirarrúas e podería poñer en perigo a propia seguridade deses estudantes.

Por todo iso, os deputados e a deputada que asinan preguntan:

1ª) Ten pensado a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria atender esta situación concreta denunciada por dúas familias de Monforte de Lemos?

2ª) Que ten pensado facer a nivel global a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para aplicar con maior “sentidiño común” a actual normativa de transporte escolar?

3ª) E finalmente, contempla a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria modificar a actual normativa de transporte escolar para adaptala ás necesidades da sociedade de hoxe?

Pazo do Parlamento,10 de marzo de 2016

Asinado dixitalmente por:

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 11/03/2016 12:58:35 María Concepción Burgo López na data 11/03/2016 12:58:45 Emilio Vázquez Blanco na data 11/03/2016 12:58:49

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Antonio Sánchez Bugallo, Ricardo Vicente Docasar Docasar, Emilio Vázquez Blanco e María Concepción Burgo López, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 4ª.

A asociación de país e nais do centro infantil Raiola, púxose en contacto co Grupo Parlamentario Socialista para trasladar o seguinte:

A escola infantil Raiola está situada ao carón do CEIP Lamas de Abade ten subscrita a adscrición a este centro de primaria. Isto veu permitindo que os nenos e nenas, ao remataren a súa etapa infantil, puidesen continuar os seus estudos primarios na mesma contorna ambiental e social. Estes dous centros realizan ademais, ao longo do ano, actividades en común, favorecendo a vinculación entre ambos.

Este ano, 19 nenos e nenas de Raiola solicitaron praza no CEIP Lamas de Abade para cursar nel a educación primaria. Varias destas familias contan con outros irmáns escolarizados xa nese centro de primaria.

A dirección do CEIP Lamas de Abade informou á directiva de Raiola da dispoñibilidade de unicamente 4 prazas para o 1º curso de primaria para 2016-2017, ás que optaría o alumnado de 6º de infantil de Raiola e das escolas infantís de Marrozos e do Eixo.

Na zona existe só outro centro de primaria, de recente construción (O CEIP Ramón Cabanillas, no Castiñeiriño) sen vacantes para novo alumnado externo, nin posibilidades de ampliación de equipamenteo.

A este problema, segundo se fixo público na prensa local, váiselle dar unha solución provisional mediante a construción dun galpón ou nave cunha superficie de 50 metros cadrados, ampliando o colexio Lamas de Abade, anunciándose que para darlle unha solución definitiva se estudará a eventualidade de ampliar o

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

actual colexio público de Lamas de Abade entre 6 ou 9 unidades, ou a construción dun novo colexio público.

Dáse a circunstancia que esta zona experimentou nos últimos anos un importante crecemento urbanístico como consecuencia, entre outras cuestións, de 1.200 vivendas de protección (250 promovidas polo IGVS, SUNP 13, e 950 polo concello de Santiago a través da empresa municipal EMUVISSA), restando aínda outras 800 por construír. Polo que é previsible que a demanda educativa non parase de medrar aínda.

Como consecuencia do anterior a pesares da construción do novo centro Ramón Cabanillas, xa saturado, tamén está saturado o centro de Lamas de Abade, con 450 alumnos, e sen capacidade para asumir o crecemento que se está a producir.

Cómpre dicir que na zona de Lamas de Abade atópanse actualmente xuntos catro centros educativos de referencia, a parte da escola Raiola, o centro de educación especial ASPANAES, e o colexio público Lamas de Abade e o centro de formación profesional de hostalería. Tamén, cómpre subliñar que é unha zona moi ampla dotada de instalación deportivas, incluído o pavillón polideportivo adscrito ao colexio de Lamas de Abade, e con capacidade de ampliación.

Por todo o anterior, os deputados e a deputada que asinan formulan as seguintes preguntas:

1ª) Que medidas ten previsto adoptar a Consellería para dar solución inmediata a este problema?

2ª) Que medidas ten previsto adoptar a Consellería para dar solución, a medio e longo prazo, a este problema?

3ª) Ten previsto cometer a ampliación do centro de Lamas de Abade?

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

José Antonio Sánchez Bugallo na data 11/03/2016 12:54:04 Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 11/03/2016 12:54:18 Emilio Vázquez Blanco na data 11/03/2016 12:54:29

Á MESA DO PARLAMENTO

Os deputados Antón Sánchez García, Xosé Manuel Beiras Torrado, Xabier Ron

Fernández, Ramón Vázquez Díaz, Juan M. Fajardo Recouso e a deputada Eva Solla Fernández, pertencentes ao Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara, presenta

a seguinte Pregunta, para a súa resposta oral en Comisión.

A comezos do presente ano, a Consellería de Medio Ambiente anunciou a súa vontade de transladar o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre situado no Parque Forestal de Cotorredondo, Concello de Marín, a unha nova ubicación no Concello de Cotobade.

Con fin de buscar unha solución ao espazo que quedará baldeiro en Cotorredondo, a Comunidade de Montes presentou á Xunta un Plan Directorio para a construción dun xardín botánico-arboreto. A Comunidade de Montes fai esta proposta, pero móstrase flexible a negociala coa Xunta de Galicia. A vontade última é a dotación dun novo incentivo para unha zona moi concurrida durante os fins de semana por moitos cidadáns de toda a ría de Vigo.

Por todo o exposto, Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión:

Cando se reunirá a Xunta de Galicia coa Comunidade de Montes de para iniciar un diálogo tendente a buscar unha solución consensuada aos terreos do antigo Centro de Recuperación de Fauna Silvestre, situado no Parque Forestal de Cotorredondo?

Asinado dixitalmente por:

Anton Sánchez García na data 14/03/2016 13:09:00

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 14/03/2016 13:11:03 Ramón Vázquez Díaz na data 14/03/2016 13:11:06

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 14/03/2016 13:11:09 Eva Solla Fernández na data 14/03/2016 13:11:13

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa da súa deputada, Carmen Iglesias Sueiro, ao abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presentan a seguinte

Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 1ª Institucional, de

Administración Xeral, Xustiza e Interior.

Máis de medio centenar de menores quedáronse orfos en España tras ser asasinadas as súas nais polos seus proxenitores, parellas ou ex parellas.

A pesares da lexislación autonómica e estatal específica contra a violencia de xénero - a cal debería de ser xa revisada - esta iniciativa pretende centrarse nas carencias e dificultades que os e as menores vítimas de violencia de xénero, con resultado de orfandade, atopan, así coma os problemas administrativos e a desprotección á que quedan sometidos por un sistema que os desampara.

O obxectivo é tentar buscar solucións para mellorar a lexislación existente en base ao Interese Superior do Menor, dando resposta ás eivas e atrancos que se atopan os e as menores e familiares vítimas da violencia de xénero.

Polo exposto formúlanse as seguintes Preguntas para a súa resposta oral en

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

2

 Que actuacións e medidas específicas ten a Xunta de Galicia para a atención, protección e defensa dos menores vítimas de violencia de xénero co resultado de orfandade?

 Ten a Xunta de Galicia persoal administrativo, psicolóxico, letrado, xudicial e policial específico que atendan a estes menores e as súas familias durante todo o procedemento dende o asasinato da nai? Cales son?

 Que mecanismos e axudas son postos a disposición destes menores e os seus familiares para axudalos e protexelos?

 Suspéndense as visitas do agresor e da familia do mesmo aos menores, de xeito inmediato, para evitar presións e danos? Que datos se teñen ao respecto?

 Teñen estes menores asistencia psicolóxica /psiquiátrica especializada garantida desde o momento inmediato do suceso, e mentres sexa necesario?

 Hai algunha medida que garanta a axilidade nos distintos procedementos administrativos conseguintes como os xudiciais, de custodia, sucesorios, etc...?

 Teñen exencións nas costas dos procedementos? E nos impostos do lixo, contribución, plusvalías e outros asociados ás herdanzas? Paralízanse estes pagos durante o proceso xudicial?

 Existe algún fondo económico na Xunta de Galicia, especifico e de pago inmediato para os menores orfos por violencia de xénero?

 Bloquéanse as contas de titularidade compartida para evitar o alleamento por parte do titular agresor ou a súa familia?

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | POC

3

 Son os informes psicolóxicos ou de peritaxe forense probas con consistencia ou son un mero trámite administrativo?

 Perde o dereito de viuvez o asasino/presunto asasino en favor dos menores orfos?

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016

Asdo.:

Carmen Iglesias Sueiro

Vicevoceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

Os deputados Xabier Ron Fernández, Ramón Vázquez Díaz, Xosé Manuel Beiras

Torrado, Antón Sánchez García, Juan Manuel Fajardo Recouso e a deputada Eva Solla Fernández, membros do Grupo Parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU- ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento da Cámara, presentan a

seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión I, relativa á existencia de

paneis informativos que poden constituír un claro exemplo de publicidade enganosa.

Hai escasos días, a veciñanza de Brión deitábase sorprendida por descubrir que, de repente, no seu concello, a Xunta de Galicia atopara augas termais. A sorpresa viña dada pola recorrente presenza de paneis indicativos de grandes dimensións onde consta “Brión, vila termal”.

En Brión, como saben os veciños e veciñas de Brión, hai unhas fontes cuxas augas son consideradas boas para a pel. De feito, a propia toponimia conserva a memoria de ditas augas: Augas Férreas, unha fonte de manantío situada a escasos centos de metros da outra fonte, a que alimenta e emprega o Hotel-Balneario.

Nunha páxina web que recolle información (turística) deste Hotel-balneario podemos consultar unha serie de datos sobre as características das súas augas que proceden dunha fonte que foi declarada de utilidade minero-medicinal en 1928. En dita web podemos ler o seguinte: “Características e indicaciones: Hotel Balneario 3*** SUP 54 habitaciones. Características del agua: Aguas sulfurosas frías a 17ºC, bicarbonatadas sódicas, silicatadas y fluoradas. Recomendadas para problemas de la piel.” Noutras fontes sinálase a súa importancia para problemas de saúde derivados de reumatismo,

respiratorio e aparello dixestivo. Nas diferentes fontes consultadas descríbese sempre a mesma temperatura.

Consta, de forma expresa, no inciso que enfatizamos en negriña, que estamos ante augas frías, a 17 graos. Consideramos, ao igual que os veciños e veciñas de vello de Brión, que non estamos ante augas de tipo termal, que son as que saen a unha temperatura superior en cinco graos á auga de superficie. Por citar só un elenco probatorio diremos que as termas do Hotel-Balneario de Lugo teñen unha temperatura de 44 graos; as de Caldas de Cuntis a unha temperatura que vai desde os 34 graos ata os 54 graos; as dúas de Caldas de Reis, de 42 graos e 45 graos; ou as da cidade de Ourense que acollen nos seus diversos treitos temperaturas que van desde os 40 graos ata a máis outa de toda Galicia, 70 graos. Resulta evidente que os 17 do Balneario de Brión non son augas termais, senón augas minero-medicinais.

Todo apunta a que estamos ante unha situación que provoca confusión e engana a unha cidadanía que pode pensar que en dita vila vai atopar unhas termas cando non é así. Unha confusión que provén ou ben da ignorancia en que viven os artífices de tal panel informativo, ben nun deliberado engano que pode explicarse, quizais, polo feito de que alguén se beneficiou do encargo publicitario e que, para minimizar os costes, optaron por asimilar as localidades onde hai hoteis-balnearios con fontes de manantío frías, ferruxinosas con aquelas que si teñen hoteis-balnearios con augas termais. Por todo o exposto, o grupo parlamentario de AGE formula a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión:

1) Canto diñeiro empregou a Xunta de Galicia na elaboración destes paneis publicitarios?

2) Cal é o concepto que ten a Xunta de Galicia de “auga termal”?

3) Non considera a Xunta de Galicia que este tipo de paneis, nunha vila como Brión, cun hotel-balneario de augas frías, pode conducir ao engano e provocar situacións incómodas na propia veciñanza de Brión?

Compostela, 15 de marzo de 2016 Asdo. Xabier Ron Fernández Asdo. Ramón Vázquez Díaz Asdo. Eva Solla Fernández Asdo. Juan Fajardo Recouso Asdo. Antón Sánchez García Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asinado dixitalmente por:

Jose Javier Ron Fernandez na data 15/03/2016 12:24:02 Ramón Vázquez Díaz na data 15/03/2016 12:24:09 Eva Solla Fernández na data 15/03/2016 12:24:15 Anton Sánchez García na data 15/03/2016 12:24:21

Juan Manuel Fajardo Recouso na data 15/03/2016 12:24:28 Xosé Manuel Beiras Torrado na data 15/03/2016 12:24:32

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Ramón Val Alonso, José Manuel Gallego Lomba e Mariam Ferreiro

Related documents