• No results found

Shell Scripts for Easy Usage

6.2 Usage

6.2.2 Shell Scripts for Easy Usage

A Atención Primaria supón un elemento fundamental no sistema asistencial por ser o primeiro contacto do paciente co propio sistema. Desta maneira, as accións levadas a cabo neste punto da rede de atención determinarán moitas das situacións existentes posteriormente en todo o tratamento dos pacientes, así como na estrutura xeral de funcionamento do sistema.

Os médicos de Atención Primaria apuntan que un elevado número de casos que tratan nas consultas son de enfermidades crónicas que poderían ser tratadas con medicamentos innovadores. Non entanto, a maior parte dos médicos de Atención Primaria sinalan as dificultades para poder receitar este tipo de fármacos. Un recente estudio presentado no Congreso da Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN), e que refrendan outros colectivos como o SEFAC, indica que ao redor dun 80 % dos casos que chegan a consulta teñen que ver con enfermidades crónicas, que poderían tratarse na meirande parte dos casos con fármacos innovadores. A pesares disto, o estudo sinala que aproximadamente un 70 % do persoal profesional ten dificultades para prescribir tratamentos innovadores, e ata un 90 % destes medicamentos non poden ser receitados por eles. A resolución habitual destes casos pasa por derivar aos pacientes

a un especialista, que si pode facer esta prescrición farmacolóxica.

Tal e como veñen sinalando os colectivos médicos de Atención Primaria dende hai tempo, a derivación directa cara ós servizos de Atención Especializada conduce a algúns problemas asociados. En primeiro lugar, a saturación do propio servizo e aumento de listas de espera que repercuten en todos os demais pacientes. É preciso ter en conta, tamén, as dificultades dos pacientes para desprazarse aos servizos de Atención Especializada, moitas veces noutras localidades.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o anteriormente exposto, o deputado e deputada que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Que valoración fai o Goberno galego do citado estudio de investigación?

2. Que tratamentos, dos referidos como innovadores, están limitados para ser prescritos por médicos de Atención Primaria? Cal é a causa de que así sexa?

3. Que valoración fai a Xunta de Galicia do feito de que, tal e como sinalan os colectivos profesionais, os médicos de Atención Primaria non poidan receitar a maioría dos medicamentos innovadores para casos que supoñen unha meirande parte do seu traballo?

4. Ten previsto o Goberno galego intervir na regulación actual sobre as limitacións que os médicos de Atención Primaria teñen no exercicio da súa labor respecto da prescrición farmacéutica?

5. Ten a Xunta de Galicia algunha avaliación sobre o número de pacientes que acoden á Atención Especializada unicamente por causa de recibir a prescrición da medicación?

Pazo do Parlamento, 3 de xaneiro de 2017 Asdo.: Julio Torrado Quintela

Noela Blanco Rodríguez

Deputado e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Julio Torrado Quintela na data 03/01/2017 16:34:18 Noela Blanco Rodríguez na data 03/01/2017 16:34:25

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Julio Torrado Quintela e Noela Blanco Rodríguez, deputado e deputada

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión

5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego.

A inicios de outubro de 2015 liberalizouse en España a venda de Bexsero, vacina contra a meninxite B, froito da presión cidadá pola deficiente xestión da Xunta de Galicia con respecto á problemática asociada á aparición de casos deste enfermidade.

Xa dende os primeiros momentos, a demanda cidadá e de profesionais sanitarios/as e farmacéuticos/as estivo enfocada en dúas vías: por un lado alertouse da escaseza e desabastecemento do Bexsero en farmacias, que recibían moi baixas cantidades de doses polo que se conformaban listas de espera moi longas. Por outro lado, existiu unha ampla demanda da inclusión no calendario de vacinación, entre outras razóns polo elevado custo do Bexsero (106 €) que impide a moitas familias asumir o tratamento. O Parlamento de Galicia rexistrou iniciativas parlamentarias para debate sobre esta cuestión, que alertaban das dificultades que se estaban a producir, mentres a Xunta de Galicia pretendeu sobrepasar o problema e superalo sen ofrecer solucións reais.

Pasado un ano dende o inicio da problemática, e a pesares de que a Xunta de Galicia e a empresa farmacéutica fabricante da vacina afirmaban que o problema de distribución e cantidade de doses sería resolto, o subministro do Bexsero en farmacias segue a ser un problema e numerosas farmacias de

distintos puntos de Galicia seguen a amosar problemas de

desabastecemento. Algunhas delas reciben 4 ou 6 doses semanais, que apenas cobren necesidades de listas de espera de finais do ano 2015.

As demandas sobre a inclusión da vacina no calendario vacinal seguen a ser desoídas.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Nos últimos días foron coñecidos novos casos da enfermidade en Galicia, que xeran inquietude e preocupación nas familias que ven como o problema existente non ten sido resolto pola Xunta de Galicia.

Por todo o exposto, o deputado e a deputada que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Como valora a Xunta de Galicia a xestión desta situación feita neste último ano?

2. É coñecedora a Xunta de Galicia dos problemas de desabastecemento de Bexsero nas farmacias galegas? Ten previsto algunha solución para este problema?

3. Existe por parte da Xunta de Galicia algunha previsión de instar á farmacéutica fabricante a que facilite máis doses ás farmacias?

4. Ten previsto a Xunta de Galicia incluír esta vacina no calendario? 5. É coñecedora a Xunta de Galicia da existencia de novos casos de

meninxite B en Galicia?

Pazo do Parlamento, 3 de xaneiro de 2017 Asdo.: Julio Torrado Quintela

Noela Blanco Rodríguez

Deputado e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Julio Torrado Quintela na data 03/01/2017 16:35:23 Noela Blanco Rodríguez na data 03/01/2017 16:35:35

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Julio Torrado Quintela, Noela Blanco Rodríguez e María Luisa Pierres López, deputado e deputadas pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego. A Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo, aprobada polo goberno presidido por José Luis Rodríguez Zapatero, constituíu un avance nos dereitos das mulleres sobre a súa saúde sexual e reprodutiva. Esta lei superou á lexislación anterior (Lei Orgánica 9/1985) e abriu a posibilidade ás mulleres de decidir de maneira máis completa e libre sobre a súa propia maternidade.

Recentes informacións publicadas, así como a información que trasladan os e as profesionais da sanidade en Galicia, apuntan a que as mulleres galegas teñen dificultades para que se poidan exercer o seu dereito de renunciar ao embarazo. Así, algúns datos apuntan a que un número moi baixo de mulleres (menos do 8 %) puideron interromper o embarazo en centros sanitarios da rede pública de Galicia. Moitas delas son derivadas fóra da nosa comunidade, o que provoca aínda máis trastornos e dificultades para as afectadas e as súas familias nun xa difícil momento. Estas mesmas informacións apuntan que as dificultades se agrandan no caso de tratarse de causas por grave risco de saúde para a embarazada.

Recentemente, o Sergas ten sido condenado xudicialmente por arriscar a vida dunha paciente ao demorar a decisión de enviala a Madrid a ser atendida, e que esta tivera que desprazarse polos seus propios medios, o que lle causou graves problemas como a perda do útero. Como reacción a este caso, a Xunta de Galicia anunciou un plan integral de asistencia ás mulleres para mellorar a atención neste eido.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, o deputado e as deputadas que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Considera o Goberno da Xunta de Galicia que está respondendo correctamente ao cumprimento do dereito das mulleres á interrupción voluntaria do embarazo?

2. O anuncio dun plan integral de asistencia ás mulleres, non supón un recoñecemento de facto de que non se está a atender correctamente os dereitos sexuais e reprodutivos?

3. Pode a Xunta de Galicia expoñer algunha concreción sobre o plan anunciado e un calendario de actuacións?

Pazo do Parlamento, 3 de xaneiro de 2017 Asdo.: Julio Torrado Quintela

Noela Blanco Rodríguez

María Luisa Pierres López

Deputado e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Julio Torrado Quintela na data 03/01/2017 16:36:28 Noela Blanco Rodríguez na data 03/01/2017 16:36:33 María Luisa Pierres López na data 03/01/2017 16:36:38

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Julio Torrado Quintela e Noela Blanco Rodríguez, deputado e deputada

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión

5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego.

O consumo de alcohol por parte de mozos e mozas ten sido motivo de regulacións e intervencións diversas nos últimos anos, mais as realidades amosan que este non é un problema resolto. Os problemas asociados aos consumos elevados en curtos espazos, producidos especialmente en contornos urbanas, son de carácter grave, como veñen alertando os especialistas, tanto a nivel cardiovascular, hepático ou neurolóxico. As idades medias da xuventude que participa das actividades dirixidas ao consumo de alcohol (botellóns), ou que o consume de maneira asociada ao ocio, vén amosándose cada vez máis reducida. A idade media de inicio de consumo sitúase agora mesmo por debaixo dos 14 anos, o que constitúe un motivo de preocupación.

Fronte a este problema, a Xunta de Galicia promoveu a Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, que se formulou dous tipos de obxectivos: intervencións regulamentarias e accións educativas.

As cuestións regulamentarias teñen amosado unha eficacia mellorable. A prohibición da venda de alcohol a menores é aínda un obxectivo a conquerir en moitos casos, existindo neles un certo consentimento contextual sobre esta cuestión; o control sobre o consumo na vía pública, sendo difícil, non recibe toda a atención merecida polas administracións. Estes dous aspectos, como outros, amosan un déficit no cumprimento da lei e o seu seguimento.

Pola outra banda, a citada lei menciona como primeiro obxectivo: definir

as características que deberán ter as estratexias de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, de educación sanitaria e de concienciación, social e das familias, do grave problema xerado por estes

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

consumos. Dentro deste aspecto, deseñáronse liñas estratéxicas nos eidos

escolar, familiar, comunitario e sanitario.

Recentes datos amosan que a realidade segue superando ás intencións expresadas na lei, e o problema do consumo de alcohol e menores de idade segue a ser claramente problemático, con casos graves que teñen que atender os servizos de emerxencias da nosa comunidade a través do 061, ou nas unidades de urxencias dos hospitais. Este propio servizo ofreceu datos de máis de 400 casos no que vai deste ano 2016. Sendo menores que os 800 rexistrados no ano anterior á lei, segue a ser un número moi relevante. A valedora do pobo interveu nas últimas datas sobre esta problemática, chamando ás administracións a implicarse na resolución deste problema. Por todo o exposto, o deputado e a deputada que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Considera a Xunta de Galicia que os datos recentemente coñecidos amosan unha situación preocupante sobre o consumo de bebidas alcohólicas en Galicia por parte de mozos e mozas?

2. Que grao de cumprimento da Lei 11/2010 considera a Xunta de Galicia que se ten alcanzado?

3. Considera o Goberno da Xunta de Galicia que se está a facer unha boa labor na execución da lei? Estase facendo un seguimento desta execución?

4. Están sendo levadas a cabo accións concretas por parte da Xunta de Galicia no eido das accións educativas que teñan amosado un bo resultado? Cales?

5. Cree o Goberno galego que están postos a disposición os recursos necesarios para o desenvolvemento das accións educativas e a vixilancia para as intervencións regulamentarias que implica a lei?

Pazo do Parlamento, 3 de xaneiro de 2017 Asdo.: Julio Torrado Quintela

Noela Blanco Rodríguez

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected] Asinado dixitalmente por:

Julio Torrado Quintela na data 03/01/2017 16:37:25 Noela Blanco Rodríguez na data 03/01/2017 16:37:30

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Julio Torrado Quintela e Noela Blanco Rodríguez, deputado e deputada

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión

5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego.

O ámbito subxectivo do dereito á protección da saúde foi profundamente modificado por este Goberno mediante o Real decreto - lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións. Con esta modificación alterouse unha norma de consenso que se plasmou, no 2003, no artigo 3 da Lei de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde. Retrocedendo no longo camiño percorrido até entón, volveuse a vincular o dereito á asistencia sanitaria pública gratuíta coa Seguridade Social. Consagra de volta a figura do «asegurado» como suxeito do dereito á protección da saúde. O Real decreto - lei 16/2012, derrogou tacitamente os preceptos da Lei xeral de saúde pública sobre a extensión da asistencia sanitaria, deixando sen cobertura sanitaria directa ás e aos profesionais e a todas e todos aqueles que non teñan ningún vínculo coa Seguridade Social - e, mesmo, aos descendentes de asegurados maiores de 26 anos-, cuxos ingresos superen un determinado límite que a norma non precisa. Pero o máis grave é a expulsión da cobertura pública sanitaria das e dos estranxeiros sen permiso de residencia, coas graves consecuencias que implica en termos de saúde individual, saúde colectiva ou saúde pública, ademais do recorte de dereitos que supón e que non respecta principios constitucionais como é o da dignidade da persoa.

Desde o primeiro día, todos as e os profesionais sanitarios, partidos políticos, sindicatos e organizacións sociais rexeitaron esta reforma que altera a vocación de universalidade do noso Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, varias comunidades autónomas rexeitaron excluír aos inmigrantes en situación irregular do acceso ás prestacións sanitarias, recorrendo a reforma ao Tribunal Constitucional, e outras estableceron programas gratuítos de acceso á carteira básica de servizos sanitarios para este colectivo.

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por outra banda, o Goberno de España seguiu recortando neste tempo o dereito á cobertura sanitaria das e dos españois. Mediante modificacións lexislativas incluídas na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2014, modificouse a cobertura sanitaria das e dos españois que esgotasen as prestacións do sistema de protección por desemprego, que perderían o seu dereito á asistencia sanitaria no noso país se saen de España por tempo superior a 90 días, incluso para buscar traballo ou formación. A presente iniciativa pretende repoñer a situación xurídica previa á promulgación do real decreto - lei citado.

Despois dos anos de aplicación deste sistema de exclusión non se puido acreditar aforro algún para o sistema sanitario, pero si existen acreditados numerosos casos nos que a falta de acceso normalizado á asistencia sanitaria concluíu con persoas que viron agravadas as súas situacións persoais e as enfermidades que padecen. Un balance cruel baseado na imposición, tan inútil como inxusta, que urxe rectificar.

Por todo o exposto, o deputado e a deputada que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Ten previsto a Xunta de Galicia realizar algún tipo de acción para reverter o efecto do Real decreto 16/2012, do 20 de abril, sobre a poboación galega?

2. Considera xusto a Xunta de Galicia que se limite o acceso á cobertura sanitaria ás persoas estranxeiras sen permiso de residencia que están en España?

3. Está de acordo a Xunta de Galicia con asociar a cobertura sanitaria á afiliación á Seguridade Social?

4. Ten cuantificado a Xunta de Galicia o aforro acadado pola aplicación en Galicia do Real decreto 16/2012, do 20 de abril?

5. Cal é o custo de asumir a cobertura sanitario dos inmigrantes en Galicia?

Pazo do Parlamento, 3 de xaneiro de 2017 Asdo.: Julio Torrado Quintela

Noela Blanco Rodríguez

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected] Asinado dixitalmente por:

Julio Torrado Quintela na data 03/01/2017 16:38:18 Noela Blanco Rodríguez na data 03/01/2017 16:38:22

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Julio Torrado Quintela e Noela Blanco Rodríguez, deputado e deputada

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión

5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego.

O 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes, que neste ano que acaba de rematar, no 2016, ten como lema “Ollo coa diabetes”. Esta enfermidade crónica estímase que afecta a 1 de cada 11 persoas no mundo, e que polas súas complicacións e deficiencias no control e tratamento ten causado millóns de mortes nos últimos anos, segundo a Organización Mundial da Saúde. Segundo a propia OMS, a diabetes será a sétima causa de morte en 2030, e xa está considerada unha das catro enfermidades non transmisibles de actuación prioritaria.

As complicacións dun deficiente tratamento da diabetes poden carrexar graves problemas para a saúde, no sistema cardiovascular como outras complicacións. Tanto os e as profesionais como os e as pacientes apuntan á necesidade de incrementar a dotación de recursos para a atención á diabetes, tanto na atención sanitaria como na prevención da enfermidade. Estes déficits amplíanse mais alá do tratamento directo, senón que afectan tamén ao investimento en investigación ou a colaboración entre administracións para facilitar labores de carácter divulgativo e pedagóxico.

Ademais, un tratamento efectivo contra a diabetes repercute

favorablemente na economía do sistema e das familias, non obrigadas a soportar o custo directo e tamén o das consecuencias, como poden ser as incapacitacións para traballar.

Por todo o exposto, o deputado e a deputada que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Que valoración fai a Xunta de Galicia do seu nivel de atención aos e ás enfermas de diabetes na Comunidade Autónoma?

2. Que medidas de prevención están a ser aplicadas en Galicia contra a diabetes?

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

3. Existen programas específicos de acción contra a diabetes en Galicia? Cales?

4. Considera a Xunta de Galicia que os medios a disposición da atención aos enfermos de diabetes son suficientes na Comunidade Autónoma? Pazo do Parlamento, 3 de xaneiro de 2017

Asdo.: Julio Torrado Quintela

Related documents