Como describe o seu curmán Anton, Reimundo Patiño37 (A Coruña, 1936-1985)
era un “fillo do 36”, data na que naceu na Coruña, polo que dende a súa infancia vai ser espectador dos horrores que a guerra civil deixou e da represión que durante toda a ditadura afectaría dende amigos e familiares38 no particular, até, xa no xeral,
ao conxunto da sociedade do estado, así como á lingua e cultura galegas que, de vez, viu esgazada todo o labor feito na recuperación e dignificación dos artistas e intelectuais galegos dende comezos de século. Este desolador panorama de soños escachados e de “cunetas” sementadas con parte dos nosos mellores artistas e pensadores deixaría unha fonda pegada en RP, quen pronto desenvolvería un fervoroso compromiso político coa súa terra e que se manifestaría en toda a súa obra artística.
Se a guerra civil e as súas consecuencias marcaron a sensibilidade política de RP outro feito ía ser tamén determinante na súa vida, mais desta volta dentro da súa sensibilidade artística. En 1941, cando contaba con só cinco anos de idade contrae unha enfermidade que o terá encamado até os dez e que lle deixará como secuela unha forte coxeira. Durante cinco anos o pequeno Patiño olla o mundo a través da
36 Como imos ver a continuación, a figura de Reimundo Patiño é considerada esencial tanto para o grupo como para cultura e política galega da época pola maior parte dos seus compañeiros de xeración. El mesmo sería o creador do anagrama do grupo.
37 En adiante RP.
38 Así unha das súas primeiras lembranzas da súa vida foi a de levarlle comida á cadea a un tio seu.
rúa Principal de Monforte39 e imaxina a vida a través das historietas gráficas da
época, das que se convertiría en lector ávido. É xusto aquí cando nace o interese pola BD, pola súa lectura e, sobre todo, polo debuxo:
Nesa inmobilidade forzada vai descubrir o fermoso poder de comunicación que lle outorga o debuxo. Hai testemuñas de lembralo rodeado de xente a contemplar as súas invencións gráficas. Debuxa deseguido relatos fantásticos e personaxes populares das historias gráficas da época. (Patiño, A. 2005: 11)
Dende pequeno quedou patente a vocación artística e unha extraordinaria capacidade para debuxar40, mais aínda carecía de referentes artísticos e literarios
galegos e universais que conformaran a súa visión do mundo e da arte. Estes referentes chegarían inicialmente por dúas bandas, unha primeira a través da -excepcional- amizade con Xohán Casal que se realiza coa súa volta a Coruña e con quen descobre por medio da biblioteca familiar a autores como Mallarmé, Verlaine, Van Gogh ou Debussy. Por outra banda, o coñecemento da arte, da política e da cultura galegas chegaría dende o outro lado do atlántico, concretamente dende Bos Aires da man do seu tío Antón Patiño Regueira, quen clandestinamente traería libros como As cruces de pedra na Galiza, Sempre en Galiza41 ou textos de Antón Villar Ponte. Todo este material, sumado, á relación con Casal, será un dos alicerces que conformen a súa personalidade vital e artística inicial, unha fuxida a unha outra realidade, lonxana da miseria de pechamento á que estaba sometida Galiza baixo o réxime franquista.
A partir deste momento o inquedo RP non pararía no seu rebulir cultural e político de buscar novas formas de expresión e de conformar novos grupos que desen saída a esas inquedanzas. A estes proxectos -na maioría foi el o fundador ou co-fundador- uniríanse todo o abano de artistas e intelectuais que se lle foron achegando no seu rebulir vital. Todos eles viron nel, sobre todo co avanzo dos anos, 39 A onde trasladara a residencia a súa familia.
40 Ao respecto sinalaría Antón Patiño como un dos seus traballos máis laureados naquela
altura comezaba cunha especie de garabato de cuxa forma labirínica aparecería de súpeto a figura de Mickey Mouse (1997: 74).
un referente teórico e artístico que os marcaría e os guiaría na súa visión da arte e da sociedade galega e universal. Aínda que algúns destes proxectos serían practicamente testemuñais, non deixan de ser significativos na representación do percorrer interior de RP e dos que acompañaban, así como da tensión social e artística que facía aboiar á luz estes proxectos. Son, na fin, pontos clave no desenvolvemento que, paso a paso confluirán finalmente na aparición -e sobre todo en como se desenvolve á súa aparición- da moderna BDG.
O primeiro grupo que fundaría chamaríase a Liga Nordica42 participando canda
el o seu inseparable amigo Xohan Casal, e tería un marcado carácter antifascista e galeguista, e no que reivindicaban xustiza para Galiza. Máis adiante, xa en colaboración co escritor Antón Avilés de Taramancos, fundaríase a testemuñal Unión de artistas ceibes, de onde saería o chamado “Xuramento da Laracha” do que diría Avilés: “Naquela noite do 1954 velaramos as armas e fixeramos do lume e dos montes pondalianos a testemuña da nosa adicación até a morte, folgo a folgo, para unha Galiza ceibe e popular” (Fernández Ferreiro 2012: 151). Toda unha declaración de nacionalismo que en pouco ou nada tiña a ver coa liña piñeirista que se estaba a desenvolver na Galiza, e que, co paso do tempo, se alonxaría máis e máis.
1.1.3 A Gadaña
Os seguintes pasos de RP -xa sen Xohán Casal- desenvolveríanse en Madrid, onde marcharía en 1958 para traballar nun banco, oficio que -pola remuneración económica- lle permitía o acceso a gran número de libros e materiais que serían prohibitivos para un estudante. Son anos dun incensante movemento de estudantes e traballadores galegos que desembocaría na fundación do xa mencionado grupo BP, e do cal RP sería a peza central. Os días decorrían entre tertulias, debates e troco de libros e documentos entre uns e outros. Neste eido RP sería o “gurú” do
42 Segundo Antón Patiño era máis como un pacto, que se concretara nun monte dos arredores da Coruña, en concreto no do Castro de Elviña. EP. 16 outubro 2013.
grupo ao ser o que, con diferenza, máis informado estaba de todo o que pasaba a nivel internacional na arte. Este feito propiciaría o xurdimento do proxecto A Gadaña. Foi un proxecto43 que parte do informalismo europeo e que en Madrid tiña
a súa representación no grupo El Paso de Manolo Millares, Antonio Saura ou Manuel Rivera, e en Catalunya no Dau al Set de Antoni Tàpies, Joan Ponç ou Joan Brossa. Aínda que cun pouco de retraso - A Gadaña xorde ao pouco de disolverse El Paso-, este proxecto será o único da arte galega do momento que nos achegue á “Arte outra”, é dicir, á presenza subxectiva do autor no cadro, á condensación no trazo das características da “action painting” americano dos Jackson Pollock ou Mark Tobey por exemplo. Estariamos, pois, na busca dunha arte que supera o abstracto, onde o xesto e a materia adquiren un peso esencial, unha nova maneira de transmitir o galeguismo fuxindo da pintura enxebrista caracterizadora da arte galega até o momento.
En certa maneira, os presupostos da Gadaña entroncan coa literaria Escola de Tebra, non entanto ambos ansían a superación dos presupostos estéticos anteriores -no caso da Escola de Tebra sería a superación do neotrobadorismo e do imaxinismo hilozoísta- e a súa representación manida e anticuada de Galiza, para amosar o desacougo interior do propio ser e da propia terra, da angustia vital e da morte, cunha negatividade observable nos trazos e no léxico. Son os anos do fluír existencialista. O propio RP tiña preparado xa no ano 1960, con limiar de Manuel María, o libro de poemas Bandeiras neboentas, onde a morte, a anguria existencial e a condición da alma humana apodéranse do ser baixo uns contrastes luz-sombra que predominaban na meirande parte da poesía deses anos. Finalmente o libro non vería a luz até o ano 199244, xa finado o autor. Mais os que si o fixeron foran dous
autores de Brais Pinto que publicaran pouco antes (1959) dúas obras adscritas á Escola de Tebra. En concreto serían Ramón Lorenzo con O que se foi perdendo e Alexandre Cribeiro con Acoitelado na espera -este último cun carácter máis social.
O punto de partida deste movemento, integrado practicamente só por RP máis o 43 Entre outros eventos realizaron exposicións nas que participaron artistas como Alfonso Gallego, Manuel Coia, Ánxel Doreste ou Antón Arias.
apoio da xente de Brais Pinto45 dáse o seis de xaneiro de 1960 coa publicación en
La Noche do artigo de Méndez Ferrín, Arte otro. El informalismo, última posibilidad de la pintura gallega, no que se considera o manifesto fundacional46
desta escola e onde Ferrín enxalza e profundiza na tendenza informalista mentres critica a arte figurativa e ao que dá en chamar neoacademicismo, que se está a espallar nos autores mozos galegos. A esperanza da arte galega está segundo Ferrín, en artistas como RP ou Doreste, artistas que poidan aportar ao mundo “un pintor audaz, coa súa marca de orixe, cuxa arte fale igual a todos os humanos ollos”47.
A partir deste momento abriuse nos xornais galegos unha serie de artigos en defensa e ataque á chamada arte informalista que tería o seu máximo exponente na “lea” artística que mantiveron Cunqueiro e RP. Cunqueiro, á volta dunha viaxe a Barcelona declararía ao Faro de Vigo como “lamentábel”, “monstruosa” e “o pecado mortal levado á pintura”48 a exposición de Tàpies, e que recibiría como
resposta o sonado artigo Desagravio gallego a Antonio Tàpies onde RP amosa
-sobre todo tendo en conta a súa xuventude- o impresionante grao de coñecemento da arte e dos medios artísticos. Máis acertada non puido ser a súa intervención se ollamos para o posterior éxito que acadaría Tàpies na arte mundial.
Contodo, A Gadaña só chegaría a facer dúas exposicións, a primeira na Sala de Exposicións de Lugo a comezos de 196149 baixo o lema Illa nova50 da pintura galega51, considerada o cumio do movemento, e a segunda en setembro de 1962 na
Caixa de aforros de Vigo na que se sumaría o escultor Manuel Coia. Un mes despois aparecería no número 2 de Vieiros un texto de Patiño co título A arte disgregada, onde se anuncia a superación do informalismo e que suporía segundo
45 Ferrín sería o artífice do considerado manifesto fundacional d'A Gadaña. 46 Tal e como manifestaria posteriormente Ferrín n'A Trabe d'ouro nº 15. 47 Trad. do autor: A Trabe d'ouro nº 15 p.413.
48 Recollido en Patiño, A. (2000: 250).
49 Nese mesmo ano dentro da Asociación Cultural “O Galo” promovería a exposición 20 pintores galegos.
50 Non é casual o título da exposición, collida da colección literaria Illa Nova na que Galaxia estaba a editar aos autores da Nova narrativa galega.
51 Nela participarían Patiño, Alfonso Gallego, María Cremaes, Ángel Doreste, Anxel Johan e Antón Gómez Arias (“Pinturillas”).
Ferrín “a acta de defunción de A Gadaña como grupo organizado”52. Este final
causaría en Patiño un sentimento de fracaso moi acusado, aínda que cos debates que se produciron arredor das exposicións e dos textos publicados, estábase a xerar unhas correntes de opinión que alterarían totalmente a visión da arte na Galiza, alén das influencias que puideron xerar noutras artes como é a literatura53. O que
conseguiu na fin A Gadaña é “construír unha galería de espellos para activar as augas estancadas da arte galega” (Patiño, A. 2005: s/p) e RP adquirir o título -segundo Díaz Pardo- de “ser o primeiro artista plástico que, logo da guerra civil, restaura o compromiso da arte galega co destiño do seu povo”54