• No results found

SEC 3005 APPROVING STATE CAPITAL ACCESS PROGRAMS

BUSINESS CREDIT INITIATIVE

SEC 3005 APPROVING STATE CAPITAL ACCESS PROGRAMS

As condicións que se establecen nos apartados seguintes serán de aplicación nas zonas representadas nos Planos de Ordenación coa denominación (O-1).

b) GRAOS DE ORDENANZA

Dacordo coas características da edificación existente nos eidos de aplicación desta ordenanza, o PXOM establece os seguintes graos de ordenanza:

O-1.1.- Edificación entre medianeiras formando mazás pechadas compactas ou sen patio de mazá. O-1.2.- Edificación entre medianeiras formando mazás pechadas con patio de mazá.

O-1.3.- Edificación entre medianeiras de desenvolvemento liñal. c) CONDICIÓNS DE EDIFICACIÓN.

P Será aquela que sexa capaz de permiti-la edificación dunha vivenda de superficie mínima, tal e como se establece no decreto 311/1992 do 12 de novembro da Xunta de Galicia sobre habitabilidade de vivendas.

A efectos de parcelacións, reparcelacións e segregacións, as parcelas mínimas resultantes deberán ter unha superficie igual ou maior de 100 m2 e unha dimensión mínima de fachada a rúa de 8 m. liñais.

Aliñacións : As aliñacións oficiais representanse nos Planos de Ordenación. Liña de edificación exterior.

A liña de edificación exterior coincidirá coas aliñacións oficiais representadas nos Planos de Ordenación. Nas parcelas en esquina procederase á formación de chafráns coas condicións xerais establecidas no ARTIGO 114 desta Normativa.

Admítense recuados para a formación de soportais que cumprirán as condicións xerais establecidas no ARTIGO 113 desta Normativa. Nas zonas onde existan soportais, como consecuencia do seu desenvolvemento histórico ou por aplicación de ordenanzas específicas anteriores, para consegui-la súa consolidación as edificacións manterán os soportais coa profundidade, altura, ritmo de columnas e estilo dos existentes, mantendo a uniformidade.

Liña de edificación interior en plantas de piso.

En graos (O-1.2 e O-1.3), a liña de edificación interior nas plantas de piso defínese polo fondo edificable representado nos Planos de Ordenación. No grao (O-2.1) non se representa a liña de edificación interior en plantas de piso, sendo susceptible de ocupación o 100 % da superficie da parcela.

No grao (O-1.2), o patio de mazá formado polo trazado das liñas de edificación interior en planta piso, cumprirá as condicións xerais establecidas no ARTIGO 122 desta normativa.

Liña de edificación interior en planta baixa.

As liñas de edificación interior en plantas baixas, representase nos Planos de Ordenación. No caso de que se permita prolonga-la planta baixa ó interior de parcela tamén se representan, as liñas de edificación das prolongacións permitidas nas plantas baixas. Estas cumprirán as condicións xerais establecidas no ARTIGO 125 desta normativa

Nos graos O-1.2 e O-1.3 os fondos máximos edificables permitidos en plantas altas, se representan nos Planos de Ordenación. O fondo mínimo será aquel que permita a edificación dunha vivenda de superficie mínima, tal e como se define no decreto 311/1992 do 12 de novembro da Xunta de Galicia sobre habitabilidade de vivendas.

No grao O-1.1 non se establece profundidade máxima edificable, sendo susceptible de ocuparse a totalidade da parcela. Non obstante cando se trate de parcelas lindeiros con frontes a rúas opostas e algunha delas careza do fondo edificable necesario para o uso de vivenda, será necesario acordo entre lindeiros para evita-la formación de parcelas non edificables.

Dentro dos contornos de proteccion de patrimonio no nucleo urbano de Sober a altura de planta baixa das novas edificacions non podra superar os tres metros de altura, debiendo armonizar cos edificios incluidos no catalogo. Altura de cornixa.

A altura de cornixa, medida en número de plantas (incluída a planta baixa), representase nos Planos de Ordenación, á que lle corresponderá a altura en metros establecida no ARTIGO 105 desta Normativa. Permitirase edificar unha planta menos das grafiadas no plano.

A medición de alturas realizarase dacordo coas condicións xerais establecidas no ARTIGO 105 desta Normativa, mantendose o ritmo das fachadas en canto a ocos, forxados,…

Saíntes e voos: Permítense, cumprindo as condicións xerais establecidas nos Arts. 115 e 116 desta Normativa. Sotos e semisotos: Autorízanse sotos e semisotos cumprindo as condicións xerais establecidas nos ARTIGO 119 e ARTIGO 120 desta Normativa.

Aproveitamento baixo cuberta: Permítense os aproveitamentos baixo cuberta, cumprindo as condicións xerais establecidas no ARTIGO 111 desta Normativa, computando sempre edificabilidade.

Entreplantas: Non se permiten

Outras condicións: No caso de que polas características ou servidumes da edificación lindeiro, ou por se tratar de parcelas lindeiros con outras correspondentes a outra ordenanza ou de uso dotacional non fora posible o acaroamento, a nova edificación pechada separarase dos lindeiros afectados un mínimo de 3 metros, debéndose trata-los paramentos como fachadas polo propietario da nova edificación.

Nos volumes de edificacións entre medianeiras en contacto con zonas de edificación aberta estas medianeiras terán unhas condicións de deseño e uns acabados de fachada iguais ou superiores ás fachadas que dean a espazos públicos. As mazás en contacto con PERI débense rematar con tipoloxía entre medianeira e a ser posible coa mesma altura de edificación.

Nos contornos de protección de patrimonio a altura da planta baixa das novas edificacións non supererá os 3 metros e deberá armonizar cos edificios catalogados.

d) CONDICIÓNS DE USO. Uso característico. Residencial. Usos pormenorizados permitidos.

Residencial: Categorías 2ª e 3ª. Industrial: Categoría: 1ª Almacén: Categorías: 1ª e 2ª. Comercial: Categorías: 1ª, 2ª, Oficinas: Categorías: 1ª e 2ª. Hoteleiro: Categorías: 1ª, 2ª e 3ª. Espec, recr. e host.: Categorías: 1ª e 2ª.

Docente: Categorías: 1ª,2 e 3ª.

Sanitario-asistencial: Categorías: 1ª, 2ª e 3ª. Socio-cultural: Categorías: 1ª, 2ª e 3ª.

Deportivo: Categorías: 2ª e 3ª.

Relixioso: Categoría: 1ª.

Servizos públicos: Administrativo, da orde, de hixiene e prevención (agás cemiterios). Garaxe-aparcadoiro: Categorías: 2ª, 3ª, 4ª e 5ª.

Os usos citados anteriormente, cumprirán as condicións establecidas nas NORMAS-3 (NORMAS DE USO) desta Normativa.

Serán de aplicación as condicións xerais establecidas nos CAPÍTULO I.- e CAPÍTULO II.- do TÍTULO II das NORMAS- 4, en todo aquelo que afecte a esta ordenanza.

6. CONDICIÓNS PARTICULARES EN SOLO URBANO NON CONSOLIDADO