• No results found

SEC 2102 INCREASE IN INFORMATION RETURN PEN-

Subtitle B—Revenue Provisions

SEC 2102 INCREASE IN INFORMATION RETURN PEN-

As novas edificacións nos núcleos rurais, así como as edificacións permitidas ou autorizables en solo rústico, cumprirán as condicións de infraestrutura establecidas en NORMAS - 7.-TÍTULO III.- (ORDENANZAS E NORMAS PARTICULARES DO SOLO DOS NÚCLEOS RURAIS) e en NORMAS - 7.-TÍTULO V.- (NORMAS PARTICULARES DO SOLO RUSTICO) desta Normativa.

NORMAS - 6.- NORMAS DE PROTECCIÓN AMBIENTAL. TÍTULO I.-TÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS.

ARTIGO 156. CONCEPTO E EIDO DE APLICACIÓN.

1. As condicións de protección do medio ambiente regulan a intervención administrativa sobre actividades e situacións susceptibles de influír nas condicións ambientais do municipio.

2. Nas actividades e instalacións de nova implantación, así como nas que se encontren en funcionamento, exercicio ou uso, poderase esixir a súa adecuación á normativa cando a mesma resulte modificada.

ARTIGO 157. PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE.

1. Con carácter xeral para a protección do medio ambiente se terán en conta as determinacións contidas na Lei 1/1.995, de 2 de xaneiro, de Protección Ambiental de Galicia.

2. Dacordo co disposto na disposición transitoria segunda de dita Lei, mentres non se aproben as normas reguladoras de desenvolvemento da mesma, tamén se terá en conta o disposto nos seguintes decretos:

a) D. 442/1.990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia b) D. 327/1.991, do 20 de outubro, de avaliación de efectos ambientais de Galicia.

c) D. 2.414/1.961, do 30 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.

3. Tamén se terá en conta a seguinte normativa:

a) Lei 9/2.000, de 6 de outubro, de modificación do Real Decreto Lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

b) Lei 6/2.001, do 8 de maio, de modificación do RD lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

c) Lei 8/2.002, do 18 de decembro, de protección do ambiente atmosférico de Galicia. TÍTULO II.- PROTECCIÓN DAS AUGAS E CONTRA A CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA ARTIGO 158. DISPOSICIÓNS XERAIS.

1. A protección das augas así como a regulación dos vertidos de actividades que poidan contaminar o dominio público hidráulico, regularase conforme ó disposto nesta Normativa relativo ó “Solo Rústico de Protección de Augas”, así como ó disposto na Lei 29/85 do 2 de agosto de augas e no Regulamento de Dominio Público Hidráulico aprobado por RD. 849/86 do 11 de abril.

2. As emisións máximas permitidas á atmósfera regularanse polas disposicións vixentes na materia. TÍTULO III.- PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA.

ARTIGO 159. OBXECTO E EIDO DE APLICACIÓN.

1. O presente TÍTULO ten por obxecto establece-los criterios necesarios para controla-la contaminación acústica en ambiente exterior e remite a regulación de límites e procedementos de medida para o seu control á Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano.

2. Para o non especificado neste TÍTULO estarase ó disposto na Lei 7/1.997 do 11 de agosto de protección contra a contaminación acústica e no Decreto 150/1.999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

3. As Normas aquí establecidas serán de aplicación a:

a) Os niveis sonoros existentes no ambiente exterior de solo urbano orixinados pola súa propia actividade sen que se poida determinar a fonte sonora concreta que os orixina, así como os orixinados polo tráfico ou outra fonte variable de titularidade múltiple.

b) Os niveis de predicción para zonas de novo desenvolvemento urbano. ARTIGO 160. CRITERIOS DE VALORACIÓN.

1. Os niveis sonoros ambientais expresaranse, dacordo co establecido no Art. 1 do Anexo á lei 7/1.997, do 11 de agosto de protección contra a contaminación acústica, mediante o nivel sonoro contínuo, equivalente de presión acústica, determinado durante un período de tempo establecido, e expresado en decibelios ponderados mediante a rede de ponderación a, (Leq d BA).

2. A efectos da presente valoración, o día divídese en dous períodos; o diurno, de oito a vintedúas horas e o nocturno, de vintedúas a oito horas.

ARTIGO 161. ÁREAS RECEPTORAS.

1. Defínese como área de recepción acústica, aquela zona onde existen edificacións ou espazos que polo seu uso actual ou futuro requiren condicións acústicas homoxéneas, respecto ó ruido procedente de emisores acústicos exteriores. Trátase de eidos destinados a un mesmo uso global dende o PXOM ou dende os seus instrumentos de desenvolvemento.

2. O solo urbano e urbanizable clasíficase, en función das esixencias acústicas, en:

a) ZONA DE ALTA SENSIBILIDADE ACÚSTICA: Comprende as zonas do territorio que admiten unha protección alta contra o ruído.

b) ZONA DE MODERADA SENSIBILIDADE ACÚSTICA: Comprende as zonas do territorio que admite unha percepción do nivel sonoro medio.

c) ZONA DE BAIXA SENSIBILIDADE ACÚSTICA: Comprende as zonas do territorio que admiten unha percepción do nivel sonoro elevado.

d) ZONA DE SERVIDUME: Comprende as zonas do territorio afectadas por servidumes sonoras en favor de sistemas xerais de infraestruturas viarias, ferroviarias ou outros equipos públicos que as demanden.

ARTIGO 162. USOS COMPRENDIDOS EN CADA ÁREA RECEPTORA.

Os usos adecuados a cada área receptora son os que se indican a continuación.

1. ZONA DE ALTA SENSIBILIDADE ACÚSTICA: Uso dotacional sanitario, docente, socio-cultural, así como espazos protexidos.

2. ZONA DE MODERADA SENSIBILIDADE ACÚSTICA: Uso residencial, hoteleiro e zonas de centros históricos. 3. ZONA DE BAIXA SENSIBILIDADE ACÚSTICA: Restaurantes, bares, locais ou centros comerciais.

ARTIGO 163. DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS RELATIVAS ÓS LÍMITES DOS NIVEIS SONOROS AMBIENTAIS. 1. Os límites dos niveis sonoros ambientais en solo urbano e urbanizable serán os que estableza a Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano, e con carácter transitorio as seguintes:

AREA RECEPTORA SOLO URBANO (leq dBA) SOLO URBANIZABLE (leq dBA) Diurno Nocturno Diurno Nocturno

Alta sensibilidade acústica Ata 60 Ata 50 Ata 50 Ata 40 Moderada sensibilidade acústica Ata 65 Ata 55 Ata 55 Ata 45 Baixa sensibilidade acústica Ata 70 Ata 60 Ata 65 Ata 55

Zona de servidume Maior de 70 Maior de 60 Maior de 65 Maior de 55

2. Todos aqueles eidos de solo urbano cuxos niveis sonoros ambientais sexan superiores ós que fixe a Ordenanza Xeral de Protección do Medio Ambiente Urbano, serán declaradas Zonas de Actuación e nestas zonas o Concello establecerá medidas correctoras encamiñadas a garantir o cumprimento dos niveis sonoros ambientais regulados neste TÍTULO.

NORMAS - 7.- NORMAS PARTICULARES.

TÍTULO I.- NORMAS PARTICULARES DOS SISTEMAS XERAIS E DAS DOTACIÓNS PÚBLICAS LOCAIS.