• No results found

Future scope

In document Volume1, Issue1June 2011 (Page 60-68)

“A IMPLEMENTATION OF MPPT PV CONNECTED MULTILEVEL INVERTER WITH THD REDUCTION”

J. Hereford, [5] Proposed the method for harmonic elimination using the PSO the algorithm is applied on thewith the unsupervised learning in groups of robots The

6.2 Future scope

1.INTRODUCIÓN

O obxecto do presente anexo e a realización dun estudo que permita definir as posibles afeccións e impactos causados polas obras no entorno en que se enmarcan. Así, poderanse determinar as medidas necesarias para previr e, no seu caso, corrixir as posibles afeccións, minimizando o impacto ambiental causado pola actuación inxeñeril na zona.

2. LEXISLACIÓN.

2.1 MARCO LEXISLATIVO:

A continuación citaranse as normas aplicadas no deseño do anteproxecto e que serán aplicadas na execución do traballos.

2.1 Execución dos traballos:

▪ Normativa básica.

- Lei 21/2013 do 9 de decembro de Avaliación Ambiental

- Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente (Disposición derrogada).

- Texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro (Disposición derrogada)

- Real Decreto 1131/1988, do 30 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución do Real Decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental. (Disposición derrogada)

– Directiva 2014/52/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 16 de abril do 2014 pola que modificase a Directiva 2011/92/UE, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente.

▪ Marco Estatal

– Lei 6/2010, do 24 de marzo, de modificación do texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos, aprobado polo Real Decreto Lexislativo de 1/2008, do 11 de xaneiro.

– Lei 21/2013, de 9 de decembro, de Avaliación ambiental. Unifica nunha sola norma dos Disposicións: A lei 9/2006 sobre avaliación dos efectos ambientais en planes e programas no medio ambiente e o Real Decreto Lexislativo 1/2008, polo que aprobase o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto ambiental.

▪ Marco Autonómico

– Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de Avaliación de Impacto Ambiental para Galicia.

– Decreto 327/1991, d0 4 de outubro, de Avaliación de Efectos Ambientais para Galicia.

– Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de Protección Ambiental de Galicia.

– Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiáis de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e aprobase o Plan Director da Red Natura 2000 de Galicia.

▪ Marco municipal

– Plan xeral de ordenación municipal do axuntamento de A Coruña.

Analízanse as actuacións en base as leis vixentes, para determinala necesidade ou non de tramitalo procedemento de avaliación de impacto ambiental.

Debido á coexistencia de normativas no marco estatal, europeo e autonómico, se analizarán - Lei 21/2013, do 9 de decembro, de Avaliación ambiental.

- Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de Protección ambiental de Galicia.

2.2 DESEÑO DO PASEO FLUVIAL E ACCESOS

Lei 8/1997, do 20 de agosto, de Accesibilidade e Supresión de Barreiras (DOG 29/08/97). Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que aprobase o Regulamento de desenrolo e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Co deseño do paseo fluvial pretendese xerar un área de ocio e esparcemento para a xente do lugar e dos redores. Por este motivo, resulta de vital importancia que ningún usuario vexa restrinxido o seu acceso ao mesmo por imposicións de barreiras arquitectónicas. Para conseguir que tódalas persoas poidan desfrutar do paseo pola histórica ribeira do río Monelos. Cumpriremos en todo momento o establecido pola lei anteriormente citada, así como o estipulado no seu regulamento.

Según establecese no articulo 16 do citado regulamento considerase itinerario

“aquel ámbito o espáceo de paso destinado ao tránsito de peóns, ou mixto de peóns e

vehículos, que teñan un recorrido que permita acceder aos diferentes espazos públicos e edificacións do seu entorno”. Polo tanto, e a efectos da Lei 8/1997 e o seu Regulamento, as sendas peonís proxectadas neste documento son consideradas como “itinerarios

peonís”, e neste sentido estarán sometidos ao disposto na lexislación vixente en relación a este tipo de elementos. En particular según aparece no artículo 16 do Regulamento da Lei 8/97: “O deseño e o trazado dos recorridos de uso público ou comunitario destinados ao tránsito de peóns realizarase mediante itinerarios peonís que resulten adaptados en consonancia ás condicións establecidas na base 1.1 do

Código de Accesibilidade, e na base 1.2 cando sexa necesario salvar desniveis”.

Dado o carácter do anteproxecto deste documento, cabe destacar que este anexo ten por obxecto xustificar o deseño de algunhas partes da actuación e deixar claras as directrices que seguirán os apartados que faltan, en base a dito Código de

Accesibilidade recollido no anexo I del Regulamento da Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras.

Para poder analizar o cumprimento do código de accesibilidade é necesario definir previamente os distintos niveis de accesibilidade según aparece no articulo 4 do regulamento:

a) Entendese por espazo, instalación ou servicio adaptado aquel que axustase ás esixencias funcionais e dimensións que garanten unha utilización autónoma e cómoda por persoas de mobilidade reducida ou posuidores de calquera outro tipo de

limitación ”.

b) Entendese por espazo, instalación ou servicio practicable aquel que sen axustarse estritamente a tódolos requirimentos antes sinalados, é posible a súa

utilización de forma autónoma por persoas con mobilidade reducida o posuidoras de calquera

tipo de limitación ”.

c) Entendese por espáceo, instalación ou servizo convertible aquel cuxa transformación é posible como mínimo en practicable, mediante a realización de modificacións de escasa entidade e de baixo coste que non afecten a súa configuración esencial ”.

No anexo I do Código de Accesibilidade defínense as disposicións sobre barreiras arquitectónicas e urbanísticas. En concreto na base 1.1. de dito código aparecen as especificacións relativas á rede viaria. Se procede a comprobalas disposicións que aparecen recollidas neste apartado para os itinerarios adaptados, e que teñan relación

A anchura mínima das sendas debe ser de 1,80m no caso de que non existan obstáculos laterais. Se existen elementos de sinalización ou urbanización a anchura mínima libre de obstáculos será de 1,50m.

A máxima pendente transversal de las sendas será del 2%. La máxima pendente lonxitudinal será:

- 10% para ramplas con lonxitude inferior a 3m.

- 8% para ramplas con lonxitude comprendidas entre os 3m e os 10m. - 6% para ramplas con lonxitude superior a 10m

La lonxitude máxima das ramplas será de 20m. Se isto non é posible, deberán dispoñerse descansos cada 1,50m.

A altura mínima libre de paso libre de obstáculos será de 2,20m. Os pasos de peóns deben ter unha lonxitude mínima de 1,80m.

En parques e xardíns, o ancho mínimo das sendas será de 1,50m e deben disporse zonas de descanso, con asentos e espazo para a manobra das persoas con movilidade reducida, como mínimo cada 100m.

Os aspectos relacionados ca sección tipo de paseo (ancho e pendente transversal) que foron os que deseñáronse, cumpran os requisitos establecidos polo Código de Accesibilidade do Regulamento da “Lei 8/97 de Accesibilidade e Supresión de Barreiras Arquitectónicas”. O

resto de aspectos están relacionados co perfil lonxitudinal e as cotas da rasante, aspecto en el que no se ha entrado en detalle más que en una vista

en planta. Non obstante, cando se desenrole o proxecto definitivo, buscarase cumprimento de ditas esixencias.

Dedúcese deste análise que o servizo proxectado é ben considerado como un servizo adaptado. Isto significa que os elementos planeados cumpran ca lexislación vixente e ademais reúnen unhas características que permiten un tránsito agradable aos peóns.

2.3. ASPECTOS AMBIENTAIS:

Comprobamos que que o proxecto non está situado nun lugar onde se esixa unha avaliación de impacto ambiental ou que teña unhas restrición ambientais determinadas ( espáceos naturais, protexidos u outra figura de protección o conserva

In document Volume1, Issue1June 2011 (Page 60-68)